MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Labreg*s do tempo dos Sputniks

Temos concerto no Multifuncional do Carballiño o 30 de maio...

Así se presentan As Labregas (usamos o feminino xenérico, por certo) no seu FB:

“Música para espabilar conciencias.

Grupo guerrilla.

Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño.

Verdades coma puños e moita rebeldía".



O proxecto das Labregas nace no ano 2007, e estaba formado por Leo, coñecido polo seu proxecto persoal de Leo i Arremecághona; O García, coñecido por ser o MC do grupo Dios ke te crew e Vero, percusionista dos míticos Xenreira. Na recente actualidade, Lydia Botana substitúe a Vero na batería.

Aquí tedes tamén unha entrevista ao Leo na TVG, unha a Lydia no GZ Música e o paso de García o ano pasado polo noso cole para facer un obradoiro de RAP.


Deixámosvos no móllate versións grandes de grandes poetas como Celso Emilio Ferreiro (o nome do grupo é un verso do poeta de Celanova.
Aquí tedes O meu reinado, de Celso Emilio, e Estarei, de Lois Pereiro.

Tamén músicas convertidas en himnos de loita (como o Comandante Rebeldía); de Fuxan os Ventos, como esa magnífica Cantiga para unha Antroidada na porta do clausurado Panteón de Galegos Ilustres onde di o García “Pretenden borrarnos da historia, desprezándonos, humillándonos”...
Músicas que falan de nós e de revolucións e de portas pechadas de patróns fronte ás portas abertas do pobo traballador, como Un vento vén, de Xulio Formoso. Aquí tes o vídeo con Séchu Sende na manifestación de Galiza nom se Vende.

Poderiamos meter moitos, moitos vídeos. Das Labregas ou doutras formacións nas que andan envolvidos: DKTC, Leo i Arremecághona,
Investigade e escoitade.

Porque estes músicos están para que non nos borren. Para falar do que nos está pasando agora, como esa intención de converter Galiza nunha mina a ceo aberto. Destruíndo o noso territorio, queimándonos. Por iso tamén vos deixamos este vídeo onde Lydia Botana canta para pedir o noso apoio en contra da megaminaría selvaxe.
ESCOITADE BEN porque, como xa alguén dixo neste ano, "Posiblemente As Labregas sexan unha das revelacións musicais deste verán e, se non o son, deberían de selo.
Hai anos, algún atrevido deu ao punk por morto. Quen diría que unha rapaza na batería, un rapeiro e un cantautor ían negar esa sentenza de morte. 
As Labregas ao vivo son puro punk: música sinxela, enérxica, provocadora, poética, reivindicativa, necesaria, que fai espertar as conciencias e prende lume nos corazóns, así é a música das Labregas e así son as Labregas".

Música para as vosas conciencias.

PARA ESPERTAR AS CONCIENCIAS.
Comentarios (4) - Categoría: Música - Publicado o 30-05-2013 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 Lumeee#blgtk08#ee!!!
Comentario por Ana R. Barreiro (30-05-2013 00:16)
2 Tomar#blgtk08#a...
Comentario por Ana R. Barreiro (30-05-2013 00:26)
3 Gustounos moito o concerto dos Labregos Do Tempo Dos Sputniks, a verdade e que non esperabamos que fora asi pero... ENCANTOUNOS!#blgtk08#!!!! Esperamos que poidamos volver ver e escoitar outro concerto deste grupo, porque a verdade e que nos gusta moito! Un saudo.
Comentario por Mariana e Nerea (05-06-2013 20:40)
4 Paseino moi ben e creo que os que estaban o meu caron tamén.Cando nos falaron dun concerto nunca imaxine#blgtk08#i que fora a ser asi pero...FOI SIMPLEMENTE XENIAL!! Espero poder repetir para o ano. Moitas grazas :)
Comentario por maria (16-06-2013 22:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player