MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

10 anos da marea negra
O día 13 de novembro de hai 10 anos o Prestige afundíase na costa galega.Comezaba un dos episodios máis negros da nosa historia.
E queremos recordalo. Ou aprendelo.
Colocamos no centro unha exposición de fotografías que Xulio López Fernández tirou nesa altura. Visitarémola e traballaremos con ela ata decembro.
Pero hoxe queriamos pararnos un pouquiño.
O alumnado de 3º Secundaria lerá algún texto e poderemos ver este vídeo, elaborado tamén con fotos de Xulio, algunhas xa recollidas na exposición.
A voz do vídeo púxoa o alumnado de 4º da ESO, que nos conta unha historia escrita por Concha López Fernández, mestra do centro.
A música é de Luar na Lubre.

O alumnado de Primaria tamén terá os seus vídeos e historias.

Non podiamos deixar de parar un pouquiño o 13 de novembro.

Beatriz Fernández

Comentarios (5) - Categoría: Prestige - Publicado o 13-11-2012 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
5 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por (13-11-2012 07:35)
2 Bravo a todos por este traballo, a Concha polo texto, ós alumnos polas voces , aXulio por#blgtk08# esas preciosas fotos e a ti Bea por manter a memoria sempre activa . unha aperta grande
Comentario por teresa (15-11-2012 23:18)
3 Felicitacións, o vídeo emocionoume. Grazas por fecernos recordar e por mostrarnos o que pasou hai xa tanto tempo porque algúns eramos moi pequenos para enten#blgtk08#der nada. Na miña memoria so está un mar negro e animais mortos. Agora vexo ás consecuencias pero a verdade non entendo moito máis ca cando tiña seta anos.
Comentario por Jessica (16-11-2012 20:40)
4 Toda unha honra aparecer nos títulos de crédito. É un pracer poder traballar ao teu carón, Bea. É todo un privilexio. Este traballo é unha beleza, aínda que lembre aque#blgtk08#la negrura!

Por outra parte, sempre dixen que en Maside hai alumnado e profesorado do mellorciño. Sempre o houbo... Quizais por iso me resisto a irme...
Comentario por A nena do paraugas (11-12-2012 20:07)
5 perdoademe as dúas Concha e Bea, pero o pracer e noso poder#blgtk08# disfrutar do traballo das dúas. Bicos e saudiños.
Comentario por Rosa (18-01-2013 17:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player