MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

II JORNADAS DA LUSOFONIA
Em Maside começamos amanhã, e até o 17 de Avril, as nossas II Jornadas da Lusofonia!

O inicio das xornadas virá marcado polo concerto de Aline Frazão, Ugia Pedreira e Fred Martins no Auditorio do Carballiño. Será as 10:45 e iremos con alumnado doutros centros da comarca.
De tarde, Aline Frazão visitará o noso centro para facer unha fantástica viaxe a África co alumnado de 5 e 6 de Primaria. A actividade chámase Cacimbo e podes ver en que consiste, premendo aquí.
Noemi Pinheira pechará as xornadas o 17 de abril con dous obradoiros OPS (O Portugués Simples) un será de mañá, para alumnado de 3 e 4 da ESO. Tamén haberá ese mesmo día un OPS fóra de horario lectivo para profes, familia e ex-alumnado.

Entre o 28 de marzo e o 17 de abril haberá: pases de filmes, exposición de libros e cartaces, audicións de músicas, unha sesión especial do Galeoke de cada semana (o 13 de abril).
Tamén iniciaremos un intercambio cunha Escola de Ensino Secundário do Miratejo, ao pé de Lisboa. Alí comezaron este curso a tratar dun horto, a ver se nos poden axudar co que queremos facer aquí.


Comentarios (0) - Categoría: Lusofonía - Publicado o 28-03-2012 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player