O alumnado de 3º da ESO participou este curso nun Programa de Promoción de Igualdade de Xénero do Concello de Maside, cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Europeo. O programa chámase Publicitando a Igualdade a través da imaxe e a arte.
A través da fotografía dixital e retoque fotográfico, as alumnas e os alumnos tiñan un grande obxectivo: xogar artisticamente coas imaxes para sensibilizar ao alumnado do centro escolar sobre a importancia da Igualdade de Xénero e facer fincapé na erradicación dos estereotipos de xénero que aínda seguen a influír nas actitudes das persoas en canto ás normas sociais que discriminan as mulleres e afondan nas diferenzas sen sentido entre mulleres e homes no ámbito familiar, educativo, laboral, na linguaxe e nas relacións sociais.
A conclusión do seu traballo está exposta no centro.
Coas fotos que tiraron neste proxecto e mais algunhas deste blogue que recomendamos e ao que podes acceder premendo aquí elaboramos o vídeo.
Xuntamos a música de Guadi Galego, Xota do 9 de abril, recollida no disco Benzón, e este é o resultado.
Esperamos que vos guste e que todas e todos axudemos a educar en igualdade co exemplo da nosa vida, cada día.
Grazas ao alumnado de 3º ESO, grazas ao Programa de Promoción da Igualdade de Xénero do Concello de Maside, grazas ao profesorado que elaborou o vídeo. E grazas mil a todas as persoas, mulleres #blgtk08#e homes, que, día tras día, traballan para construír unha sociedade na que non sexa precisa a celebración do 25 de novembro. "Contra a desigualdade, non contra a diferenza" (Sofía Valdivielso).
Comentario por Ana R. Barreiro (25-11-2011 10:15)
2
Moitísimos parabéns polo traballo e a educación, alicerce do futu#blgtk08#ro. Co voso permiso, viaxades cara ao noso blogue.
Saúdos
Comentario por Gracia Santorum (25-11-2011 18:09)
3
Um vídeo estupendo. Vino pendurado no facebook e lev#blgtk08#oume ao voso blog. Parabéns, un trabalho magnífico.
Comentario por Alberto Fernández (25-11-2011 20:04)
Aproveiteino para os meus alumnos/as e gustoulles. Como xa lles teño posto algunha outra co#blgtk08#usa deste blog, xa andan un pouco envexosos de todo o que se fai en Maside.
Un saúdo