MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Facer memoria
Para facer memoria.
Porque a escola debe ensinar o pasado, máis ou menos afastado, analizalo, aprender del e explicalo a aqueles que non o viviron. Ou non o recordan.
Porque na escola están os nosos fillos/as, sobriños/as, netos/as, veciños/as. Os que herdarán a terra, o mar e a historia que lles deixamos.
Porque cada vez hai máis lugares onde se amplifican as mentiras ou se esconden as verdades.
Porque non é fácil para os alumnos/as entender o mundo complexo e inxusto que lles deixamos, unha herdanza envelenada que o noso egoísmo e avaricia destruíu en pouco tempo.
Porque serán eles e elas os que teñan que darnos unha lección, como case sempre, e asumir as nosas irresponsabilidades.
Porque vai ser difícil renunciar a todos eses excesos aos que os acostumamos, a custa da terra e dos invisibles a quen roubamos e seguimos roubando para manternos na cima do mundo, cuspindo despoxos nos que estamos afogando.
Porque esperamos que sexan capaces de facelo, de tomar conciencia e virar a historia.
Porque o noso traballo é educar e para iso debemos usar todo o que estea na nosa man. Sobre todo, a nosa memoria.
Que non nos falle a memoria, porque aos adolescentes que deberiamos educar, xa lles levamos fallado de máis.

Neste mes de novembro fagamos memoria, pois.

Beatriz Fernández


Comentarios (2) - Categoría: Prestige - Publicado o 13-11-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Música e literatura para a memoria. Deixo aquí un poema de Claudio Rodríguez Fer (tirado de A loita continúa) dedicado ao alemán de Camelle, morto durante a marea negra que asolou Galiza no 2003:

NUNCA MAN

Nunca Máis Nunca Man.
Sempre o neno que leu libros queimados.
Sempre o mozo que estudou ruinas circulares.
Sempre o viaxeiro que ensinou arte aos primeiros confederados
E que visitou fisterras cos últimos armiños libres.
Sempre o camiñante que arribou pola praia de Traba de Laxe,
Que chegou fuxindo de si mesmo ou doutros mesmos,
Baleirándose no círculo concéntrico de si mesmo e doutros mesmos,
Sempre o ermitán das rochas orgánicas,
Da silueta viva sobre o cemento morto,
Das harmonías universais e das filosofías místicas,
Nas que todo é círculo de cores como as pupilas propias,
Sempre o puro ecoloxista sen familia e sen roupa,
Sen arrimo e con algas, sen compaña e con algas,
Sen destino e con algas, sen orixe e con algas,
Sen amor e con algas, sen máis recoñecemento
Que o do misterio do ceo sobre a arte da terra,
Coa colaboración dos mares que lle traían
Despoxos abandonados para reciclar a soidade.

A marea humana li#blgtk08#mpiará o museo
Para sempre dos que o emporcaron,
Para sempre dos que murmuraron,
Para sempre dos que se burlaron,
Para sempre dos que o humillaron.
Para sempre dos que o golpearon.
Para sempre dos que o mataron,
Pero deles seguirá sendo o mar
E a terra co valor engadido da obra viva
Do artista morto, como sempre:
Ben aproveitados os que mal te recibiron
Porque eles serán os máis beneficiados.

Nunca Man, o alemán de Camelle,
O Tolo da Vida na Costa da Morte,
Sempre a súa Vida inoportuna,
Nunca a súa oportuna Morte.

Tras dela, todo: ou sexa, nada.
Pero aquel paraíso que en ti descubriches,
As ondas do mar que te bicaban sempre,
A túa casa solar baixo a lúa mariña,
Integrar o océano nunha arte telúrica,
O encontro aberto aos visitantes dos mundos,
A sensibilidade imposible dunha muller de nácara,
A túa escritura cósmica de anacoreta elíptico,
A lenda do poeta que morreu de pena,
A total fusión do corpo coa codia terrestre
Correndo ou nadando ata o teu éxtase,
Que só ti coñeciches a costa da vida.
Porque só ti coñeciches a Costa da Vida.
Porque só ti a coñeciches a costa da Morte.
Comentario por Ana R. Barreiro (13-11-2011 23:20)
2 Máis música sobre o tema:
http://w#blgtk08#ww.youtube.com/watch?v=hfUFx1gkl-I&sns=fb
Comentario por Ana R. Barreiro (13-11-2011 23:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player