Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas. |
|
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense). |
|

|
Quen somos? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
País queimado |
|
reproducimos un fragmento do artigo de Manuel Rivas no País que podes ler integramente aquí.
Porque queimados/as, queremos seguir bailando...
"(...)Temos un país queimado. Non só os montes de Ourense e algunhas outras bisbarras.
Temos queimados os equipos e as equipas. Os equipos de normalización lingüística, por exemplo, eses botan fume por cada poro. E non me estraña. Como vas traballar no ensino oficial a prol dunha lingua, se todo o discurso do poder vai dirixido a descualificar ese traballo, a que a xente interiorice que a súa lingua é unha lingua inútil. Os equipos de medio ambiente están queimados. E como non! En lugar de espallar e garantir os valores medioambientais, semella que todo está aberto á poxa, non importa o nivel de protección. En Alemaña e Francia, os gobernantes decláranse ecoloxistas, non digamos xa nos países nórdicos, mais en Galicia o termo "ecoloxista" aínda segue a ser utilizado como un alcume. Quen repartiu as pancartas de Touriñán, feitas en fábrica, onde se atacaba como demos aos ecoloxistas?
Os equipos de televisión tamén están queimados. Estar están queimados até os equipos de fútbol. No mundo do estres e da angustia laboral fálase da síndrome burn out. O estar queimado. Mais neste país semella unha síndrome nacional. A identidade de estar queimado.
Ía dicir que non temos dereito a estar tan queimados. Mais cos recortes que hai en todo, só faltaría que lle quitaran a un o dereito a estar queimado. Sen folgos. Sen esperanza. Sen nada.
O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo #Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra."
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Seguir bailando coa Negra Sombra... ata que a música (a "nada" que equivale á esperanza -léase o artigo completo, o#blgtk08#nde se explica este falso amigo-) faga que deixe de ser negra e deixe de ser sombra. Necesitamos conquistar a luz! |
|
|
Comentario por Ana R. Barreiro (06-11-2011 20:13) |
|
|
2 |
Recordo perfectamente esta capítulo de Doutor en Alaska.
Máis luz!, as últimas palabras de Goethe.
Non consigo encontralo con subtítul#blgtk08#os en portugués, sinto que teña que ir dobrado:
http://youtu.be/awsbjbT6G_Q
(se non o ves, copia a ligazón e cólao despois...)
|
|
|
Comentario por Beatriz Fernández (06-11-2011 20:36) |
|
|
3 |
Recordo perfectamente esta capítulo de Doutor en Alaska.
Máis luz!, as últimas palabras de Goethe.
Non consigo encontralo con subtítul#blgtk08#os en portugués, sinto que teña que ir dobrado:
http://youtu.be/awsbjbT6G_Q
(se non o ves, copia a ligazón e cólao despois...)
|
|
|
Comentario por Beatriz Fernández (06-11-2011 21:53) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|