MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HISTORIA DA LINGUA GALEGA
Excelente obra de Pepe Carreiro que nos achega a historia da nosa lingua en dúas versións, par pequenos/as e maduros/as.
Atoparédela na biblioteca


Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 02-12-2010 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Crónicas marcianas
Os habitantes da Terra viaxan a Marte coa idea de instalarse alí e colonizalo. Canda eles viaxan as súas enfermidades, que acaban matando a moitos marcianos. Estes intentan protexerse da voracidade dos terrícolas, que ademais amosan moi pouco respecto pola cultura de Marte.


Raquel Pires dos Santos (4º ESO A)
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 02-02-2009 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
A negrura do mar
Este libro conta unha historia sobre a catástrofe do Prestige. Ao principio fainos unha breve introdución e empeza cunha aventura que emprenderon dous rapaces chamados Said e Sheila, que viaxan no ano 2076 ao océano Atlántico por mor dun problema ambiental. Cando ían avanzando na súa aventura, nun lugar chamado Covelo, atopáronse cunha anciá que lles contou a historia do seu irmán, que vivira a desgraza do Prestige alá polo ano 2002. Lela, que era como se chamaba a anciá, deulles unhas cartas que lle escribira o seu irmán dende o mar, contando todo o que lle estaba a ocorrer, paso a paso.



Andrea González Fernández (4º ESO A)
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 02-02-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Fina Casalderrey, Unha raíña negra
Ed. Rodeira

Xenxo é un neno que vai de excursión a unha granxa cos da súa clase. Leva unha formiga, “Fara”, no seu peto para deixala na granxa.

Ao longo do libro, cóntanos moitas cousas da súa vida: como eran os seus amigos, o mestre e avós, e todas as aventuras que correu coas súas formigas.

Un día entraron varias formigas no seu cuarto e Xenxo púxolles comida debaixo da cama para que non marcharan. Falaba con elas e xogaba.

O seu cuarto era un país no que el gobernaba e as formigas eran “os soldados que ían apagar o lume dun volcán (pera madura)”. Tamén eran “un río que atravesaba un val (chan do cuarto) para ir desembocar ao mar (prato con auga e azucre)”

Xogaba e falaba con elas ás agachadas. Ninguén sabía nada porque a ninguén deixaba entrar na súa habitación. Un día, no que bebera moito leite pola noite, mexou na cama, e, pola mañá, a súa nai, ao ir ó cuarto a cambiar a cama, viu aquela cantidade enorme de formigas. Asustouse moito. Fumigou rapidamente e morreron todas menos unha.

Xenxo púxose moi triste. Colleuna, meteuna nunha caixa con furados e gardouna. Bautizouna co nome de Fara e decidiu levala a un lugar onde tivera outras amigas.

Así era polo que levaba a Fara no seu peto.


Alumnos/as de 5º Primaria

Categoría: Libros - Publicado o 02-02-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Concha Blanco, Cousiñas para a escola
A Coruña, Edicións do Castro (Narrativa para nenos), 1990.


Este libro encerra unha colección de narracións e poemas, postos en boca de nenos e nenas, coma vivencias persoais, seguidos algúns deles de actividades de comprensión lectora e investigación.

Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 27-01-2009 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Isabel Freire, Sopa de marsopa
Vigo, Xerais (serie Merlín), 2008. Ilustracións de Jon Puga.

Ao longo desta historia nárranse as aventuras dun detective moi peculiar, Bilbo Bons, e do seu querido amigo, o comisario de policía Roncudo Lor.

Todo comeza cando a marsopa Anciñas desaparece do zoo da cidade e ao detective máis gracioso da historia se lle ocorre empezar a investigar.
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 27-01-2009 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ramón Caride, O futuro roubado
Said e Sheila son dous rapaces que viven no futuro, no ano 2077. Eles teñen unha amiga, Irina, que ía pasar uns días con eles pero que, ao chegar á casa de Said e Sheila, non os atopa.

A policía estivera alí pero, ao non encontrar nada, decidira marchar. Ao contrario ca ela, Irina decide quedar alí uns días.

Estivo investigando no seu ordenador e de pronto chegou un correo no que se contaba que Said e Sheila estaban no pasado e que alí había unha empresa malvada que quería construír un parque eólico que destruiría un cabo e un castro.

Lograrán Said e Sheila desmantelar os plans desa malvada empresa? E o que é aínda máis intrigante, lograrán volver ao futuro?
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 27-01-2009 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Un marciano neste mundo
Este libro conta a historia dunha rapaza chamada Nerea que estuda nun instituto e á que lle deron unha bolsa de estudos para ir á universidade. Alí descobre algo importante no terreo da Física Cuántica e entra nun grupo, o “Tempus”, no que fabrican unha máquina para viaxar no tempo.

Á súa vez ten un avó que lle contou unha historia sobre un tío-avó chamado Agustín, que á idade de 18 anos morrera queimado nunha fábrica. Nerea, nun arrebato, colle a máquina do tempo sen que ninguén se decate e acaba salvando a Agustín. Cando este chega á actualidade todo lle parece estraño, ata que atopa ao seu irmán e os dous marchan para América


Raquel Rodríguez Vázquez (4º ESO)
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 16-01-2009 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player