MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mobiliza Rosalía
As que queren adeprender a puntear.
As que bota fóra o mar.
As que cantar, cantaron.
As que se perden nos camiños brancos.
Aquelas que ao lado se sentan das vítimas.
As que van por leña ao monte
e soias a ven arder no lar.
As que cantan, tecen, camiñan.
As que berran tolería!

Polas meniñas gaiteiras
e as costureiriñas
e as que pegan na fouce,
tranquilas, esperando
pola alba do día.

E sempre, sempre
pola lingua que eu falo.


24 de febreiro de 2016
Día de Rosalía de Castro

Debuxo de Íker González de Freitas
1º de Educación Primaria
Comentarios (0) - Categoría: Rosalía - Publicado o 24-02-2016 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Eu son Rosalía (II)
Velaquí outra achega para reivindicar a figura de Rosalía:




Comentarios (0) - Categoría: Rosalía - Publicado o 23-02-2015 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Eu son Rosalía
A nosa pequeniña homenaxe a Rosalía deste curso.

Moitísimas grazas a todo o alumnado que compartiu con nós a súa relación con Rosalía.

Con este vídeo quixemos adheir á campaña da AELG que podedes consultar aquí.


Comentarios (0) - Categoría: Rosalía - Publicado o 23-02-2015 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Séchu Sende
Hoxe, 24 de febreiro de 2014, Séchu Sende escribiu isto.

Colo aquí para que fique. No blogue e na nosa memoria.

O debuxo tamén é del, de hai tres anos.

A sombra de Rosalia

“Os países sem lendas estám condeados a morrer de frio”

Patrice de la Tour du Pin

“Sombra de Axular, volverás á terra (…) onde permanecerás até o fim dos séculos”

Marc Légasse




Di-se que quando morreu
a poeta Rosalia
a sua sombra separou-se
dela e desde aquel dia
vive entre nós como
umha sombra que tem vida.

Rosalia dixo-lhe á sombra
antes de fechar os olhos
para sempre, sonhando
o último dos seus sonhos:
- Vai, protege a nossa língua,
o idioma do meu povo.

Vai de aldeia em aldeia,
vai, vai de vila em vila,
de cidade em cidade,
sombra da minha vida,
defende dos inimigos
a vida da nossa língua.

E dixo-lhe Rosalia
á própria sombra dela
- Volve-te raíz, minha sombra,
caminha com os pés na terra
e entra nos sonhos do povo
para que sonhe com as estrelas.

E o dezaseis de julho
Rosalia foi para a tumba,
que em paz descanse,
e a sombra de sombra pura
ao pé dum arco da velha
começou a aventura.

Começou a sua viagem
no cemitério de Adina,
na ribeirinha do Sar,
a sombra de Rosalia,
e despois de tantos anos
segue entre nós aínda.

Desde aquela viaja
pola Galiza enteira.
Dizem que a sombra arrecende
a rosas, a laranjeiras,
a regatos e a fontes,
a terra, sol e figueiras.

Se nom a viches aínda
e a queres conhecer
sempre podes intenta-lo:
fecha os olhos para a ver.
É como qualquer sombra
e tem forma de mulher.

Tem umha saia de sombra
a sombra de Rosalia,
zapatos de escuridade,
umha blusa ensombrecida
de todas as cores da sombra
na sombra da luz do dia.

A sombra de Rosalia
joga com as sombras das pombas
e sobre a sombra das nuves
a sombra ás vezes voa.
E quando chove leva
um paráguas de sombra.

Gosta da festa rachada,
das verbenas e os seráns,
dos festivais e concertos,
e dizem que a virom bailar
com o cantante de Zënzar
um agarrado e um vals.

A sombra de Rosalia
quando canta é feliz,
e dizem que, quando dormem,
canta-lhes cancións infantis
cheias de cores aos nenos
e nenas do nosso país.

Gosta de achegar-se aos berces
das crianças que estám a chorar
e recita-lhes poemas
que ninguém mais pode escoitar,
para aprenderem palavras
que nunca mais esquecerám

E desde aquela a sombra vai
viajando de sonho em sonho
das crianças que sempre falam
a língua do nosso povo
contando-lhes trabalínguas
lendas, cançons e contos.

A sombra de Rosalia
tamém entra nos sonhos
dos nenos que nom falam
galego ou o falam pouco.
E assi na almofada deixa
palavras como tesouros

para todos os nenos e nenas
que vivem no país nosso
escritas em papeis de cores:
estrela, ninho, abesouro,
bágoa, eu, papaventos,
vacaloura, mol e tojo.

A sombra de Rosalia,
nos teus sonhos, quando dormes,
di-che os nomes dos paxaros,
das árvores e das flores,
dos animais e da chuva,
das emoçons e das cores.

Sempre agasalha palavras
a sombra de Rosalia
lengalengas, poesias
cantareas, adivinhas,
cançons da nossa naçom,
livros na nossa língua.

E a sombra de Rosalia
entra nos sonhos dos pais
e das mais que falam pouco
galego aos filhos, e vai
e di-lhes no ouvido:
- Tedes que falar-lho mais.

Aos pais que nom lhes aprendem
a língua aos nenos e ás nenas
a sombra de Rosalia
tira-lhes das orelhas.
Os galegos e galegas
falamos a língua da terra.

Ás vezes pode-se ver
a sombra de Rosalia
em qualquer momento
na rua, á luz do dia,
quando vas mercar pam
ou numha frutaria.

A sombra de Rosalia
hoje estivo com Inés
umha rapaza de Vigo
que vive no bairro de Teis
e hoje botou-se a falar
galego por primeira vez.

A sombra da poeta di:
-A língua é o meu fogar,
vivo nas vossas palavras
e vivo no vosso falar,
cada palabra é umha casa
que devemos cuidar.

Para mudar o futuro
fala-lhes galego sempre
aos nenos e nenas porque
o porvir depende deles,
nom podes mudar o porvir
se nom cámbias o presente.

E os que nom falades aínda
a que estades esperando?
Caminhar é umha ventura
e o caminho fai-se andando
e a língua da Galiza
defendemo-la falando.

Falar é mui importante,
muito mais do que parece,
as palavras da Galiza
a Galiza enriquecem.
Se tu nom falas galego
o país se empobrece.

Há milheiros de persoas
a falar galego a diário,
homes, mulheres, nenos
que na rua, no trabalho
falamos como somos
e somos como falamos.

Escrevemos em galego
os nossos coraçons de amor,
falamo-lo no caminho
e nunca estamos sós,
porque a língua nos une e
da mao caminhamos melhor.

A sombra de Rosalia
é como foi Rosalia,
umha mulher rebelde
e luitadora que cria
que as palavras traem ao mundo
liberdade e justiça.

A sombra de Rosalia
em nós palavras acende
como estrelas na noite
ou faíscas que o lume prendem
e, como a nossa língua,
estará com nós por sempre.

Estará contigo sempre
a sombra de Rosalia
e irá contigo da mao
no caminho da tua vida
acompanhando os teus sonhos.
Viva o idioma!, viva a língua!
Comentarios (0) - Categoría: Rosalía - Publicado o 24-02-2014 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro e 2014, Día de Rosalía
Aquí tedes os vídeos para o Día de Rosalía 2014.

Moitísimas grazas a todas as alumnas e alumnos de Infantil e Primaria que traballaron todos estes días para que Rosalía de Castro continúe emocionándonos cos seus versos.

Por que elas e eles canten todos os días que veñan coa forza e o cariño que merecen.

Moitas grazas tamén ás alumnas e alumnos que non estaban xusto o día que gravamos. Porque o máis importante non é saír no vídeo, senón disfrutar cada día coas compañeiras e compañeiros.

O importante tampouco é que o vídeo sexa perfecto, que nos confundamos nalgún verso, que alguén se despiste na súa quenda, que se levante o vento e nos mova os papeis...
O importante cando somos nenas e nenos é non esquecer que o noso maior dereito é que nos deixen disfrutar do que facemos. Tamén na escola.
Porque o que aprendemos xogando vai ser sempre o que máis queiramos. E nin o alumnado nin a nosa lingua merecen menos ca iso.

“Rosalía pequeniña”, 3 anos:



“A carta”, 4 anos:



“Xan”, 5 anos:




“Como chove miudiño”, 1º e 2º de Primaria:




“Airiños, airiños aires”, 3º e 4º de Primaria:



“Canta meniña, teu doce cantar”, 5º e 6º de Primaria:

Comentarios (0) - Categoría: Rosalía - Publicado o 24-02-2014 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Asalto rosaliano

Convidámosvos a participar noa asalto rosaliano o día 24 de febreiro. Será ás seis da tarde enfronte do casino (rúa Tomás Mosquera). Haberá lectura de poemas e música. Organizado pola plataforma Queremos Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Rosalía - Publicado o 17-02-2014 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalía de Castro

Como se está achegando o 24 de febreiro, queremos recoller aquí algún material sobre Rosalía de Castro para podermos traballar nas aulas.
Na fotografía tedes varios discos que levan saído con diferentes propostas musicais da obra rosaliana.
Podedes recoller textos da autora nestas dúas páxinas:
Escolma de textos de Rosalía feita por Pilar García Negro (pódese descargar en PDF)

Textos na web de Galicia espallada

Nesta páxina podedes descargar unha unidade didáctica para Primaria preparada por Crsitina Corral.

Podedes tamén escoitar algunhas versións musicadas da súa obra na páxina Son de Poetas.

E podedes darvos un paseo pola páxina da súa fundación.

Deixámosvos con dous vídeos dalgunhas das propostas musicais das que vos falabamos no inicio e cun vídeo da AELG elaborado o ano pasado:







.
Comentarios (0) - Categoría: Rosalía - Publicado o 09-02-2014 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player