MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

10 anos da marea negra
O día 13 de novembro de hai 10 anos o Prestige afundíase na costa galega.Comezaba un dos episodios máis negros da nosa historia.
E queremos recordalo. Ou aprendelo.
Colocamos no centro unha exposición de fotografías que Xulio López Fernández tirou nesa altura. Visitarémola e traballaremos con ela ata decembro.
Pero hoxe queriamos pararnos un pouquiño.
O alumnado de 3º Secundaria lerá algún texto e poderemos ver este vídeo, elaborado tamén con fotos de Xulio, algunhas xa recollidas na exposición.
A voz do vídeo púxoa o alumnado de 4º da ESO, que nos conta unha historia escrita por Concha López Fernández, mestra do centro.
A música é de Luar na Lubre.

O alumnado de Primaria tamén terá os seus vídeos e historias.

Non podiamos deixar de parar un pouquiño o 13 de novembro.

Beatriz Fernández

Comentarios (5) - Categoría: Prestige - Publicado o 13-11-2012 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Facer memoria
Para facer memoria.
Porque a escola debe ensinar o pasado, máis ou menos afastado, analizalo, aprender del e explicalo a aqueles que non o viviron. Ou non o recordan.
Porque na escola están os nosos fillos/as, sobriños/as, netos/as, veciños/as. Os que herdarán a terra, o mar e a historia que lles deixamos.
Porque cada vez hai máis lugares onde se amplifican as mentiras ou se esconden as verdades.
Porque non é fácil para os alumnos/as entender o mundo complexo e inxusto que lles deixamos, unha herdanza envelenada que o noso egoísmo e avaricia destruíu en pouco tempo.
Porque serán eles e elas os que teñan que darnos unha lección, como case sempre, e asumir as nosas irresponsabilidades.
Porque vai ser difícil renunciar a todos eses excesos aos que os acostumamos, a custa da terra e dos invisibles a quen roubamos e seguimos roubando para manternos na cima do mundo, cuspindo despoxos nos que estamos afogando.
Porque esperamos que sexan capaces de facelo, de tomar conciencia e virar a historia.
Porque o noso traballo é educar e para iso debemos usar todo o que estea na nosa man. Sobre todo, a nosa memoria.
Que non nos falle a memoria, porque aos adolescentes que deberiamos educar, xa lles levamos fallado de máis.

Neste mes de novembro fagamos memoria, pois.

Beatriz Fernández


Comentarios (2) - Categoría: Prestige - Publicado o 13-11-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player