|
|
|
Novembro 2014 |
|
A revista Ollos de Aula está elaborada pola Coordinadora de ENDL e pensada especialmente para as familias de alumnado de Infantil e Primaria.
Nela podedes atopar interesantes artigos, recomendacións de lecturas e análises da realidade educativa actual.
Salientamos neste número o artigo dedicado ao Decreto de Plurilingüismo.
Se alguén está interesado en recibila no seu correo electrónico, pode subscribirse entrando na páxina da CGENDL.
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara by cendl |
|
|
|
Outubro 2014 |
|
Podedes ver aquí a revista que edita a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización dirixida ás familias.
Se preferides descargala en PDF, premede aquí.
|
|
|
|
Maio de 2014 |
|
O último número de Ollos de Aula, a revista para as familias da Coordinadora Galega de ENDL, acaba de saír.
Nel podedes atopar un especial de Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas; a historia de Ester; ou unha vista ao Castro de Las, entre as recomendacións de Gracia Santorum.
|
|
|
|
Febreiro 2014 |
|
Xa está aquí o número 12 de Ollos de Aula.
A revista ca Coordinadora Galega de ENDL para as familias de alumnado de Infantil e Primaria.
Neste número preguntámonos, da man de Mª Montserrat Castro Rodríguez (profesora da Facultade de CC.EE. da UdC), se os nenos e as nenas teñen unha idade para comezar a ler, e tamén polo uso do teléfono móbil no contexto escolar e familiar grazas a José Raposeiras Correa (Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola UVigo), que nos achega unhas conclusións de grande interese. Na sección "Palabras do ensino", de Lines Salgado, é a quenda das "reválidas" recuperadas pola LOMCE, mentres que Gracia Santórum non falta á súa cita con gorentosas propostas literarias e musicais.
Máis tamén lanzamos unha pregunta incómoda a respecto do difícil momento que atravesa OINK, a revista do xabarín Club: as nosas nenas e os nosos nenos non merecen que exista unha revista de actualidade que lles ofreza unha visión do mundo amena e divertida, e co valor engadido de usar a nosa lingua?
|
|
|
|
NÚMERO DE MAIO 2013 |
|
Xa está aquí o número de maio da revista da Coordinadora Galega de ENDL.
|
|
|
|
ABRIL |
|
Chega o número de abril de Ollos de Aula, a revista para as familias da Coordinadora Galega de ENDL
|
|
|
|
Ollos de Aula nº 5 |
|
Ollos de aula. Nº 5 by cendl |
|
|
|
nº 4 de Ollos de Aula |
|
|
|
|
|
nº 3 de Ollos de Aula |
|
|
|
|
|
Novembro 2012 |
|
Xa saíu o número 2 de Ollos de Aula, a revista que edita a Coordinadora Galega de ENDL.
Nestas páxinas atoparedes algunhas reflexións sobre a LOMCE (Lei Orgánica da Mellora da Calidade Educativa), as entrevistas das familias coas titoras ou titores e as recomendacións de Gracia Santorum para ler, oír ou facer neste mes do Magosto. Podedes encontrar moitas máis recomendacións no seu blogue, trafegandoronseis
As familias que así o solicitaron recibirán nesta semana unha copia impresa da revista.
|
|
|
|
|
|
|