Para a semana que vén, nova música para lle engadir ás outras dúas da Galeokada: Rapás, rapás, de Xoán Curiel.
Para ver as letras anteriores, ide á categoría da Galeokada. Podes premer aquí
Deixamos un vídeo onde xa podedes ver a letra:
Comezamos a Galeokada deste curso para o alumnado de Infantil e Primaria.
As primeiras músicas son: Sara, Sariña, de Os Cempés O carro, de Fuxan os Ventos.
Aquí tedes as letras e máis abaixo os vídeos para o Galeoke desta semana.
Unha é Rapás, rapás, de Xoán Curiel. No vídeo aparece cantando con Socorro Lira, unha cantante brasileira que tamén vos recomendamos e que coñecemos ben polo libro-disco As cores do Atlántico, un fermoso traballo de divulgación das nosas cantigas de amigo, que podedes pedir ao equipo de Normalización.
A outra música é moi coñecida en Ourense, O paraugas do Xosé, popularizada polo Cuco de Velle. Deixámosvos a version que aparece no fantástico traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos, Pelo gato 24, que tamén podedes pedir ao equipo, claro! Hai un Cd coas músicas e un DVD con videoclips e xogos populares.
Para @s máis grandiñ@s, outras tres músicas.
A primeira é O que eu quero, unha música que Aline cantou no concerto e da que gostastes especialmente. Deixámosvos un vídeo no que aparece ela cantando este ?hino da juventude angolana?, segundo as palabras da propia Aline Frazão. A letra é de André Mingas, angolano.
A segunda das músicas é de Cabo Verde e é falada en crioulo. Aline tocouna no noso Cacimbo, dese momento é o vídeo. Chámase Lúa. Nas letras tedes tamén a tradución ao portugués.
Para que coñezades a unha magnífica cantora caboverdiana, Mayra Andrade, tamén vos deixamos o seu vídeo, onde explica por que canta en crioulo.
Da terceira, os Meninos de Huambo, Aline escribiunos a letra... tocou o timbre e non tivemos oportunidade de oírlla cantar. Esta música foi moi popular na versión do portugués Paulo de Carvalho. Nós preferimos deixarvos o vídeo da orixinal, interpretada polo angolano Rui Mingas (coautor da música). A letra é de Manuel Rui Monteiro, tamén de Angola.
Primeiro tedes os vídeos e máis abaixo as letras. Podedes descargar e imprimir.