MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rochi Nóvoa. Videopoema.
Andy e Carla fixeron este videopoema usando varias poesías de Farrapos de boneca, de Rochi Nóvoa.

Podedes visitar aquí o blogue da autora.

Tamén podedes ver aquí algunhas fotografías de Andrea, Graciela, Carla, Andy e Carlos. Todas son poesías de Rochi Nóvoa.

Esperamos que vos guste.

Comentarios (3) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 12-01-2015 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Berta Dávila 2
Tamén é de Andrea, María e Yolanda esta versión doutro poema de Berta Dávila contido no mesmo libro, Corpo baleiro.





Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 27-11-2014 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Videopoema
Elaborado por Andrea San Millán e María Álvarez no curso pasado.

Dun poema de Berta Dávila en Corpo baleiro, Espiral Maior, 2007.


Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 26-11-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeopoemas
O curso pasado elaboramos fotohaikus.
Tivemos que crear os nosos propios haikus e logo tirar fotografías, recordades?
Este curso queremos atrevernos cos videopoemas.
Non parece fácil, pero algúns proxectos xa andan á volta das nosas cabezas.
O único requisito é que escollamos poesía escrita por mulleres galegas. Logo darémoslle a nosa forma.
O vídeo poema é unha forma contemporánea de poesía visual, que inclúe distintas interpretacións de fusión entre imaxe e texto literario. Trátase dunha forma do exercicio poético que se afasta do uso exclusivo do verbal como medio de expresión.
O vídeo poema busca a posta en movemento dos signos lingüísticos e a conxunción entre as posibilidades da palabra e as do formato audiovisual.
Se queredes saber sobre os videopoemas na Galiza, picade nesta ligazón


Deixámosvos agora algúns videopoemas de escritoras galegas:

Iolanda Gomis, Filha das acácias
Helena a escuras, María Rosendo.
Agora ti (sobre o poema “Insubmisión pour femme” de Chus Pato)

Todas as mulleres que fun, de Andrea Nunes Brións

Noite de ronda IV, Colectivo Violeta, Ourense. Fotógrafas ourensás e textos de Belém de Andrade
O deseño das mans, elaborado por alumnado a partir dun poema de Helena Vilar Janeiro

Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 09-02-2014 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN
O 22 de xuño tivemos a última actividade do Equipo, un fantástico recital? poético e musical con Lucía Aldao e María Lado.
Comezaron coas palabras que Salomé usou para seducir a Xoán Bautista, segundo Oscar Wilde e a poesía PAXAROS E MACEIRAS, do libro de María Lado Amantes.

Namórame o teu corpo, Iokanaan. O teu corpo é branco como os lirios dun campo que nunca coñeceu gadaña. O teu corpo é branco coma a neve, que se deita sobre os montes de Xudea e escorre despois ata os vales. Nin as rosas do xardín da raíña de Arabia, nin os pés da alba cando se pousan nas follas, nin o peito da lúa cando se deita no peito do mar... Non hai nada no mundo tan branco coma o teu corpo. Déixame tocar o teu corpo.

Así seduce Salomé a San Xoan Bautista, segundo Oscar Wilde

PAXAROS E MACEIRAS

da mesma maneira en que os paxaros
seducen as maceiras
é dicir, esforzándose en acrobacias
insinuando as caricias que saben facer
coa punta das ás, despregándoas moito

e da mesma maneira en que as maceiras
cortexan os paxaros, tremendo levemente
cobizando a estrema das follas
milésimas do roce dos animais en voo,
ofrecéndolles, en brazos acolledores, apouso

desa maneira, é dicir, bicando a froita
apenas co peteiro
sen descolgala tan sequera dos beizos da árbore
só tomando o bocado xusto, o máis gorentoso
dese modo, nos amamos

desa maneira en que se manteñen firmes as maceiras
botando raíces na intención
esa en que os paxaros
beliscan a froita
pero nunca chegan a comela por completo.

MARÍA LADO, Amantes, Caldeirón, Malpica, 2011

Lucía canta unha versión do Suzanne de Leonard Cohen. Aquí tedes a letra desta canción e a súa tradución ao portugués



Tamén puidemos facer a nosa propia poesía, Chove en amarelo, con versos doutras poesías:

CHOVE EN AMARELO
“Aos alucinados nas caixas da soidade” Walt Disney


E tres mil romarías de San Roque
Xa che imaxinaba, estreñida e rugosa, pequena Peter Pan
Proxéctate bravú no nervio e na tractorada
Abondaría con que aprendeses a ser madriña de Branca Neves
Pequena Peter Pan,
Erotízate nos soutos
E tres mil romarías de San Roque



E o último poema, que nunca o derradeiro, aos que enchen a casa nova, grazas:

Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 28-06-2012 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
CAPITALISMO, LINGUA E CROCODILOS

‎."A LINGUA É PRODUCCIÓN, a lingua produce, produce COMUNICACIÓN
PRODUCE PENSAMENTO, PRODUCE CAPACIDADE POÉTICA, produce ganancia e beneficio, PRODÚCENOS como HUMANOS, prodúcenos como FELICIDADE

A lingua é PRODUCCIÓN, de aí os intentos do CAPITAL por PRIVATIZAR a lingua, por deixarnos SEN PALABRAS".
Chus Pato.

A imaxe é dun cartel precioso que alumnado de Primaria fixo para o concurso do ano pasado.

Para que os crocodilos teñan medo de nós
!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 21-11-2011 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Agosto nos teus dedos
Regresar como adentrándose de novo polos brazos
descubertos,
regresar pel, audacia e cereixas, labios azul
sorprendéndome.
Para a viaxe poucas palabras, e o abano cruzando
Agosto nos teus dedos.
Terma desta saiba que enlouquece cando pisas a luz
e me rodea.



Agosto abre a luz para os meus ollos, en ti
as horas dun tempo de sobreiras e esplanadas.
Camiño do sul viaxamos tantos fados
O Texo devala no meu peito
Déitase Lisboa á sombra do teu ventre
Agosto en ti
Alfama nos meus dedos




Non alimento outras viaxes, espero
tan só que o nordés demore
nos teus ombros o aroma renovado
das cereixas. E que me comas
coa voracidade dos boleros.


Ana Romaní, Mulher a facer vento, Ed. Tema, Lisboa, 1998.
Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 18-11-2011 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player