Un vídeo que gravamos para lles pasar a mamás, papás, avoas... profes... o Día de Portas Abertas.
Algunhas alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO leron este fermoso poema de Séchu Sende.
De entre todos os poemas que podiamos ler, escollemos este. Porque nos gusta crer que o futuro é posíbel e que ha de chegar un día en que a música rebentará as nosas palabras.
Grazas ás alumnas e alumnos que se ofreceron a gravar isto. Grazas.
Podes ler o poema de Séchu Sende no seu blogue se premes aquí.
Parte dos centros de ensino esta iniciativa para homenaxear a Celso Emilio Ferreiro.
Parte dos centros.
E a ela nos sumamos, como outros 200 centros de ensino e máis de trinta mil alumn@s.
Podedes atopar moitas destas actividades na páxina que a Coordinadora Galega de ENDL creou co fin de poder difundir os traballos que neses centros se van facendo.
Recomendámosvos tamén ler este interesante artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Porque falamos galego porque si, porque nos peta e nos dá a gana, porque nos sae de dentro...
Bárbara é holandesa e nai dunha alumna do noso centro. Hai dous anos que vive con nós e falou, en galego, con Lorena e Jessica de moitas cousas.
Aquí tedes só unha das gravacións que saíron desa interesante conversa.
Bárbara fala aquí da relación que aínda mantemos os galegos e galegas coa terra. Un coñecemento que debiamos compartir e do que debiamos sentirnos orgullosos.
Aquí tedes outra entrevista realizada por Kelly e Noemí para o súa "investigación".
Neste caso falan con Vanesa, a profe de Educación Física, que reflexiona sobre a razón pola que lle custa tanto falar galego.
A Vanesa gustaríalle poder expresarse en galego como o fai en castelán, así que... temos que axudala entre todos e todas.
Coa nosa axuda e a súa vontade, seguro que o consegue.
FORZA!