MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A canción do Apalpador
Sabemos que algúns/has xa bailastes ao ritmo desta música e que o pasastes moi ben facéndoo. Así que aquí vola deixamos para que poidades seguir gozando dela.

Debaixo do vídeo tedes unha unidade didáctica elaborada pola Fundación Artabria. Podedes atopar nela moitas actividades sobre o Apalpador.

E lembrade, o Apalpador anda preto! Ou quizais sexa Apalpadora... En calquera caso, está a piques de espertar e comezar a repartir castañas!










A canción do Apalpador
Comentarios (2) - Categoría: Nadal - Publicado o 19-12-2012 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Mural Apalpador
Este precioso mural sobre a figura do apalpador e o consumo responsável foi feito na escola pública San Xoán de Filgueiras (Ferrol) com a participaçom do todo o alunado.
Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 15-12-2011 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
FELICITA O NADAL COAS NOSAS POSTAIS
Se queredes enviar unha tarxeta coma esta coas postais dos nosos alumnos e alumnas (hai catro en Secundaria), só tedes que entrar na seguinte ligazón, escoller a postal que queirades, escribir o texto e cubrir os datos para enviala a quen queirades.

Se preferides enviala polo correo tradicional, podedes vela en PDF e imprimila desde a mesma páxina.
Ligazón:


Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 22-12-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
AS NOSAS POSTAIS DE NADAL
Aquí tedes catro das postais elaboradas polos alumnos e alumnas do noso centro.
Podedes imprimilas, engadir a vosa mensaxe e felicitar o nadal en galego.

Cos mellores desexos para o ano que vén.

GRACIELA (1º ESO):




NACHO (3º ESO):




KellY (4º ESO):



WALKIRIA (4º ESO):


Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 21-12-2010 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ DÍA
Como merecida homenaxe a todos aqueles compañeiros e compañeiras que, co seu compromiso, traballan cada día pola dignidade de todos nós.

Que vaia por eles e feliz ano!


Beatriz Fernández


O galego segue nas aulas. Felicidades a todos! from Profes Galego on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 20-12-2010 03:36
# Ligazón permanente a este artigo
AGASALLA EN GALEGO
Se cadra os mellores regalos non se poden comprar en lado ningún. Se cadra son aqueles nos que non gastamos un peso (os que facemos nós mesmos, compartir o noso tempo...)
De todas maneiras, se regalades, mellor en galego.
Esta guía (elaborada pola Coordinadora de Traballadores de Normalización e a Deputación da Coruña)inclúe unha pequena selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, filmes, aparellos, camisolas, xogos... cun mesmo fío en común: a lingua galega. Preténdese con ela contribuír a visibilizar a lingua galega e recomendar os agasallos que a usan.


Polo tanto, tanto nas festas de cambio de ano como noutras ocasións, opta polo propio e escolle o galego.

Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 20-12-2010 03:28
# Ligazón permanente a este artigo
O APALPADOR EN MASIDE
Mirade que chulo lle quedou á Teresa de francés este Apalpador:

Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 17-12-2010 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE SMS EN GALEGO
A Coordinadora Galega de ENDL convoca un concurso de mensaxes de móbil para este Nadal.
A iniciativa procura dinamizar o galego nun ámbito do que o noso alumnado é coñecedor e usuario, o das novas tecnoloxías, nunhas datas nas que os SMS van encher os móbiles dos mozos e mozas con felicitacións preelaboradas que saltan de aparello en aparello. Para que a lingua tamén navegue pola rede e chegue a todo o mundo a través da creación de SMS, animámosvos a que difundades, en tan só 5 minutos, entre o voso alumnado esta proposta (anexamos o cartaz da actividade). Como poden participar?

Trátase de recoller e difundir na páxina da coordinadora os SMS que cree o noso alumnado para felicitar o Nadal e o Aninovo.
Procurarase que as mensaxes SMS, ademais de seren en galego, sexan orixinais e creativas, que a innovación e o enxeño conquisten os móbiles e a rede.
O alumnado cumprimentará o formulario (sobrenome/nick, idade, centro educativo, localidade, provincia, e-mail e o espazo reservado para o seu SMS).
Na páxina disporán dun dicionario galego de SMS, ao que poderán achegar novos termos SMS co seu significado, contribuíndo así a enriquecer esta ferramenta.

Para dinamizar a actividade, os usuarios da páxina poderán votar as súas mensaxes preferidas ata o 2 de xaneiro. Os 3 SMS máis votados recibirán cadanseu lote.

Entra na ligazón de abaixo á dereita


Preme aquí para participares no concurso
Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 17-12-2010 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
COÑECES O APALPADOR?
O Apalpador, ou Pandegueiro, é unha figura galega que lles achega agasallos e castañas aos nenos e nenas polas datas de nadal. Cando este carboeiro baixa das devesas, apalpa as barrigas dos pequenos para ver se están cheas.
Se queres investigar sobre esta personaxe, aquí che deixamos dous materiais: unha guía para 1º ciclo de Primaria (elaborada pola biblioteca do CEIP MEstre Goldar) e un conto de Xoán G.
Podes atopar moitas máis cousas na páxina www.apalpador.com (láminas para colorear, cartas ao Apalpador, historia...)



Páxina do Apalpador
Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 08-12-2010 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player