MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O que eu quero
Como non imos ter un “fraquinho” pola música?
A música que nos permite viaxar, comprender @s outr@s, coñecernos a nós mesm@s.
Como non imos ter un fraquinho pola música se nós, como a xuventude angolana, tamén queremos contar as estrelas e saudar a vida. Ver Galiza a florir. Ver o pór do sol do noso país, tan lindo, tan lindo...tan lindo.

Esta é unha das músicas que Aline Frazão cantou para nós o día 28 de marzo e da que gostastes especialmente. Probablemente foi porque a comprendestes ben, porque Luanda e Maside non deben de estar así tan lonxe, porque andamos sempre á procura dun sorriso, dunha flor, dunha palabra amiga. Aquí e alá. Procurando colher jasmin.

Disfrutade da flor que Aline nos deixou o 28 de marzo e do pór do sol do noso país, tan lindo.

Recordámosvos a letra que preparamos para unha das nosas galeokadas para que cantedes moito. Porque a música nos axuda a viaxar e a entender, aos outros e a nós mesmos.


Porque, roubando as fermosas palabras de Séchu Sende: “Galiza é um caminho que construímos com palavras, com música, com siléncio, com pedras e com terra. Galiza é um caminho que fazemos com sonhos e ouriços cacho, com justiça e criatividade, com sprays e arcos da velha e mais palavras. Galiza é o caminho do nosso idioma, que caminhamos milheiros de homes e mulheres, nenos e nenas de maos dadas. Galiza é um caminho de palavras.”
Como Angola, igualinha a Angola. Um caminho de palavras e músicas, feita con sonhos, un caminho para fazer de mãos dadas.

Beatriz Fernández





Comentarios (1) - Categoría: MÚSICA - Publicado o 14-05-2012 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
DELICIA
Unha delicia, a música, cando ben feita.
A da natureza, abafada tantas veces que hai días e lugares onde fica perdida para sempre.
A das persoas, silenciada polo ruído que fan os que pisan todo e gritan alto, os que nada saben de harmonía e acordes, de silencios e pausas. E respectos, aos silencios e harmonías procuradas polo resto.

Unha delicia, a música. Coñecemos poucas armas, bálsamos ou luces máis poderosas.

Unha delicia, os arrolos da noite, as mulleres que cantan de día e en pé, os nenos e nenas que poden cantar na escola, os cantos de traballo, os de loita, as cantigas de namorar, as de danzar, as de adormecer, as de soñar, as de acordar...

Gústanos tanto a música que non entendemos por qué non andan as corcheas polos corredores da escola todo o día. Perseguindo verbos e ratios de alumnos e ecuacións e datas de guerras malditas. Corcheas e claves de sol nos baños e no patio e entre os pés de profes e na cociña e no pavillón e na biblio, entre os libros de poesía e os de historia e os dicionarios tan gordos.

Un exército de corcheas que puxese todo en orde, para aprender de verdade harmonías e futuros sen abusos e ruídos ferintes. Un futuro delicioso.

Recordades Ugia Pedreira, Fred Martins e Aline Frazão?
Iso, unha delicia, das boas, boas.
Para vós, o Acrobata de Ugia e Fred e O que ela quer, de Aline

Beatriz Fernández










Comentarios (3) - Categoría: MÚSICA - Publicado o 10-05-2012 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
GALEOKADA 13 DE MAIO
Aquí tedes as letras e máis abaixo os vídeos para o Galeoke desta semana.
Unha é Rapás, rapás, de Xoán Curiel. No vídeo aparece cantando con Socorro Lira, unha cantante brasileira que tamén vos recomendamos e que coñecemos ben polo libro-disco As cores do Atlántico, un fermoso traballo de divulgación das nosas cantigas de amigo, que podedes pedir ao equipo de Normalización.
A outra música é moi coñecida en Ourense, O paraugas do Xosé, popularizada polo Cuco de Velle. Deixámosvos a version que aparece no fantástico traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos, Pelo gato 24, que tamén podedes pedir ao equipo, claro! Hai un Cd coas músicas e un DVD con videoclips e xogos populares.








Comentarios (0) - Categoría: GALEOKADA - Publicado o 09-05-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS MÚSICAS
Despois de dúas semanas especiais para @s máis peques, volvemos á Galeokada con dous temas novos.
Estas son as letras e os vídeos:


Fisterra, de Treixadura



Pirimpimpín, de Malvela:

Comentarios (0) - Categoría: GALEOKADA - Publicado o 24-04-2012 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Algún vídeo
Como foi a sesión especial da Galeokada?
Aí vola deixamos (coas tres músicas para @s máis peques).

Fui ao mercado e a formiguinha...:



Mariana conta...




O pintinho:

Comentarios (2) - Categoría: GALEOKADA - Publicado o 15-04-2012 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
GALEOKADA ESPECIAL II
Para @s máis grandiñ@s, outras tres músicas.
A primeira é O que eu quero, unha música que Aline cantou no concerto e da que gostastes especialmente. Deixámosvos un vídeo no que aparece ela cantando este “hino da juventude angolana”, segundo as palabras da propia Aline Frazão. A letra é de André Mingas, angolano.

A segunda das músicas é de Cabo Verde e é falada en crioulo. Aline tocouna no noso Cacimbo, dese momento é o vídeo. Chámase Lúa. Nas letras tedes tamén a tradución ao portugués.
Para que coñezades a unha magnífica cantora caboverdiana, Mayra Andrade, tamén vos deixamos o seu vídeo, onde explica por que canta en crioulo.

Da terceira, os Meninos de Huambo, Aline escribiunos a letra... tocou o timbre e non tivemos oportunidade de oírlla cantar. Esta música foi moi popular na versión do portugués Paulo de Carvalho. Nós preferimos deixarvos o vídeo da orixinal, interpretada polo angolano Rui Mingas (coautor da música). A letra é de Manuel Rui Monteiro, tamén de Angola.

Primeiro tedes os vídeos e máis abaixo as letras. Podedes descargar e imprimir.

O QUE EU QUERO:




LUA:




Cantada por mayra Andrade:



OS MENINOS DE HUAMBO:




AS LETRAS:

Comentarios (2) - Categoría: GALEOKADA - Publicado o 10-04-2012 01:46
# Ligazón permanente a este artigo
GALEOKADA ESPECIAL
Esta semana temos unha Galeokada diferente, dentro das nosas II Xornadas da Lusofonía.
Especial para peques, con estas músicas imos ao mercado, contamos con Mariana e cantamos co pitiño amarelo.
Poremos as músicas na tele do corredor e repartiremos as letras a quen queira
Ah... esta sesión especial é fóra de concurso, así que poderemos cantar tod@s
A cantar (e bailar) entón...
Aquí vos deixamos as letras e os vídeos.

LETRAS:



A FORMIGUINHA:




MARIANA:



MEU PINTINHO AMARELINHO:

Comentarios (0) - Categoría: GALEOKADA - Publicado o 09-04-2012 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto
Deixámosvos a Fred Martins, Ugia Pedreira e Aline Frazão cunha música do concerto de antonte, Tempo afora.
Foi bom, bom...


Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONIA - Publicado o 30-03-2012 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
OPS COMUNIDADE EDUCATIVA
O ENDL do CPI Terras de Maside está organizando por segundo ano, en colaboración coa biblioteca e outros departamentos do centro, unhas xornadas sobre a lusofonía.
Inserido nestas xornadas, ofrecemos ao profesorado, familias, ex-alumnado e demais membros da comunidade educativa un obradoiro de portugués chamado OPS
(O Portugués Simple).

O obradoiro realizarase o día 17 de abril ás 17:00 no centro.

Ese mesmo día, en horario de mañá, o alumnado de 3 e 4 de ESO realizará o mesmo obradoiro.

Algunhas cuestións sobre o OPS:

Que é?
Ops! é o que exclamamos quando nos apercebemos de algo que já sabíamos.
Ops! é um ateliê para mostrar que o galego é: uma entrada privilegiada para aceder ao mundo em português e a nossa vantagem competitiva no quadro espanhol e europeu.
Porquê?
Para pôr em valor a língua da Galiza, fazendo ver a sua potencialidade e contrabalançando os preconceitos que a subvalorizam.
Por que o português é a sexta língua mais falada no mundo, oficial em 4 continentes e 8 países, sendo um deles o Brasil, potência emergente.
Por que o plurilinguismo vai ter cada vez mais valor, promovido pela globalização e as instituições políticas (a começar pela União Europeia).
Por que em épocas de crise, é quando é mais preciso afinar onde vamos investir os nossos recursos e depositar a nossa atenção.
Como?
O ateliê tem uma duração de 100 minutos.
O relator expressa-se em português de Portugal ou do Brasil e incide-se em que tal ação seria inviável em Madrid ou Barcelona.
A interação com os alunos e as alunas é alta facilitando o seu envolvimento para que integrem os diferentes aspetos da exposição.
O suporte base serão várias apresentações em Office Impress e a Internet e terá grande peso a interação com os alunos e alunas. Todos os textos estão em português.


Para consultar o programa íntegro das xornadas, preme aquí


Para inscribirse neste obradoiro do día 17 de abril (familias, ex-alumnado, profesorado..) só hai que encher esta ficha e devolvela ao centro o venres 30 de marzo. Tamén se pode enviar un correo electrónico a mollatecoalingua@gmail.com co asunto OPS FAMILIAS e os seguintes datos:


Nome persoas inscritas:
Teléfono de contacto:
Correo electrónico (optativo):
Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONIA - Publicado o 28-03-2012 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
II JORNADAS DA LUSOFONIA
Em Maside começamos amanhã, e até o 17 de Avril, as nossas II Jornadas da Lusofonia!

O inicio das xornadas virá marcado polo concerto de Aline Frazão, Ugia Pedreira e Fred Martins no Auditorio do Carballiño. Será as 10:45 e iremos con alumnado doutros centros da comarca.
De tarde, Aline Frazão visitará o noso centro para facer unha fantástica viaxe a África co alumnado de 5 e 6 de Primaria. A actividade chámase Cacimbo e podes ver en que consiste, premendo aquí.
Noemi Pinheira pechará as xornadas o 17 de abril con dous obradoiros OPS (O Portugués Simples) un será de mañá, para alumnado de 3 e 4 da ESO. Tamén haberá ese mesmo día un OPS fóra de horario lectivo para profes, familia e ex-alumnado.

Entre o 28 de marzo e o 17 de abril haberá: pases de filmes, exposición de libros e cartaces, audicións de músicas, unha sesión especial do Galeoke de cada semana (o 13 de abril).
Tamén iniciaremos un intercambio cunha Escola de Ensino Secundário do Miratejo, ao pé de Lisboa. Alí comezaron este curso a tratar dun horto, a ver se nos poden axudar co que queremos facer aquí.


Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONIA - Publicado o 28-03-2012 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player