Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI O Cruce
Esta é unha bitácora que nace para dar cabida aos artigos dos alumnos do CPI O Cruce.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.






Contador gratis

O meu perfil
departamentolinguacruce@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gústanos o teatro
“Os Futuros espectadores Galegos”
Gústanos o teatro





Que é unha obra teatral? En que partes se pode dividir unha representación teatral? Podes citar algún actor ou director galego do momento? Estas son algunhas das preguntas relacionadas con teatro que un adolescente non sabería contestar. Os rapaces de hoxe en día estamos moi pouco familiarizados co teatro, e este é un problema que se podería solucionar, por exemplo levándonos a representacións teatrais, e ensinándonos, aos rapaces, que significa realmente o teatro para que aprendamos a aprecialo e desfrutemos con el.
A obra que fomos ver este curso foi Anxeliños, unha versión da obra creada por Roberto Vidal Bolaño un coñecido autor, actor, director que forma parte da literatura galega, posta en escena por Arturo López da compañía Espello Cóncavo. .
Arturo ten especial interese en que o público adolescente vaia ao teatro. O curso pasado fomos ver Zardigot, tamén dirixida por xa que escolle autores importantes da historia do teatro galego, nestes anos os autores da Mostras de Ribadavia. Consegue que os adolescentes nos interesemos polo argumento e presten atención as accións que se desenvolven no escenario.



Para que os rapaces se sintan atraídos polo teatro cómpre motivalos. Arturo López visitou diferentes colexios, como foi o caso do CPI-O Cruce, para dar charlas aos alumnos. Nas charlas explicáballes como se levaba a cabo unha representación teatral e como era o día a día dun director. Como alumna e adolescente que son, teño que dicir que no me sentía atraída polo teatro, nin polas charla que ese señor nos ía dar, e coma min os meus compañeiros, pero Arturo xa coñecía esta situación, por iso fixo algo innovador. Para que lle prestásemos atención e nos interesase coñecer os aspectos do teatro, realizamos xunto con el unhas actividades de interpretación, similares a un casting, como se nós fósemos os actores que ían interpretar a obra de Anxeliños. Isto motivounos e creou en nós un grande interese por descubrir como era o día a día destas persoas, e xunto con isto descubrimos que non é o que todo o mundo se imaxina. Damos por suposto que a vida dos actores é relaxada e tranquila economicamente falando, pero esta non e á situación dos actores galegos. Disto e de moitas outras cousas foi das que falamos con Arturo, e foi un gran avance estas charlas, xa que moitos dous meus compañeiros que opinaban que o teatro era unha perda de tempo cambiaron rotundamente de opinión, e tras a visita deste director devecían por ir ver a obra.

En suma, para que os rapaces nos sintamos atraídos polo teatro debedes motivalos, e que mellor forma que levándoos ás obras teatrais de directores galegos como Arturo López, xa que ademais de entrar en contacto co ámbito teatral coñecemos cales son os actores e directores galegos do momento, e todo isto contribúe a un enriquecemento da nosa formación.Sería un bo modo de introducir o teatro como outro modo de diversión para a mocidade.

Ana Bello, 4ºA
Comentarios (0) - Categoría: Imos ao teatro - Publicado o 17-06-2009 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Menuda Excursión!!!!
Menuda Excursión!!!!!!
Única e irrepetible





O avión partiu ás sete da tarde. Con suor e forza superamos todos os obstáculos; unha forte presión polas notas por parte dos inimigos, tamén denominados “pais”, enfrontarnos a escabrosos e duros negocios para recadar grandes sumas de diñeiro, e moitas máis dificultades e situacións que poderían levarnos a ter graves problemas coa xustiza. Foron moitos os que case quedan polo camiño, pero tras unha intensa loita, collemos o esperado avión, deixando atrás todos os problemas.
Todos estabamos emocionados, nerviosos, alterados, expectantes . . . Non encontraría palabras para describir como nos sentiamos cada un de nós naquel preciso instante. Os calafríos recorrían as nosas costas como furacáns, e no noso estómago revolvían as tan coñecidas bolboretas. Ao fin e ao cabo tratábase da excursión de fin de curso, unha excursión que faciamos cos nosos compañeiros da infancia, e cos amigos que coñeceramos durante a E.S.O. Era un dos últimos momentos inesquecibles que viviriamos todos xuntos. Todos xuntos, cos nosos amigos que perderiamos para o ano cando abandonaramos este colexio, que para moitos de nós foi como a nosa segunda casa. Xa que o levamos visitando todos os anos dende que entramos en preescolar, e onde sucederon moitos momentos que marcarán a nosa vida: coñecer amigos, perder amigos, enfados, profes que sempre recordaremos, os nosos primeiros suspensos, o noso primeiro amor . . . Por todo isto, a excursión de 4º é capaz de provocarnos tal énfases. E ademais, deixando a un lado todo o sentimentalismo, esta excursión ía a ser un auténtico desfase! Como moitos rapaces de 4º dirían, menuda cabaladirma!!!!!



E en certo modo así foi! Pero non todo foi troula e rock and roll, senón que durante a excursión visitamos lugares paradisíacos, tales como a Alhambra de Granada. Trátase dunha construcción digna de ser vista, moi laboriosa e única, xa que na súa época era descrita como un paraíso, e hoxe en día, sen dúbida algunha, tería que estar entre as sete marabillas do mundo!





Hai que destacar tamén a nosa visita a Mijas, un pobo tipicamente andaluz, situado ao lado do mar Mediterráneo: casas brancas, carros turísticos tirados por burros, tenderetes con abanicos de vestidos de sevillana, e algo que nunca falta nunha feira de Galicia, un tenderete de churros! Un pobo costeiro do máis fermoso e tranquilo, que é todo un exemplo do típico
pobo andaluz.



Agora poderíavos falar do museo de Picasso, ou das covas de Nerja, pero en lugar diso vouvos dicir que foi o que máis me gustou, e o que máis me decepcionou.

O que máis me gustou foi sen dúbida os andaluces . . . e as andaluzas, que xa estabades a pensar mal picaróns!! Son xente amable, comunicativa, que te saúda con; Buenho día xiquillo! Ou Buen día mi reina!. O realmente encantador era o seu acento, e ese sorriso co que te agasallaban.

O que máis me decepcionou como rapaza que son, foi o seu alto índice de “ chicos de la otra acera”, xa que non atopamos ningún lugar de “diversión nocturna” que non estivese decorado cun colorido arco da vella. Para nós foi decepciónante ver o baixo nivel de poboación masculina hetero que por alí roldaba, pero peor foi para os rapaces, posto que o que máis e o que menos ligou, e non precisamente con rapazas.


Pero non pensedes que isto nos amargou a viaxe, porque os galegos non necesitan boa música para facer festa, porque nos somos a festa, e disto nunca faltará alí a onde vaiamos!


Ana Bello, 4ºA

Comentarios (0) - Categoría: Reflexións - Publicado o 17-06-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto benéfico da Panorama
Concerto benéfico da Panorama


Un ano máis a coñecida orquestra galega Panorama organizou un concerto benéfico contra a loita do cáncer. E non defraudaron aos miles de fans que acudiron á cita.

O mega-concerto estaba previsto que comezase ás once da noite na explanada da piscina municipal de Ordes, tal e como o fixo. Pero co que non contaron era con tanta xente...Podemos dicir que todo o axetreo comezou moito antes da hora prevista. Numerosos fans dos artistas anunciados “acamparon” con bocadillos e bebidas diante do palco dende as catro da tarde ou máis cedo se cabe, xa que nin sequera se querían perder os ensaios. Ademais nas estradas xa se respiraba o ambiente festivo, pois a partir do medio día, segundo a prensa, comezou a haber colas e atascos que mesmo chegaron a ser quilométricos. E iso por non falar de como era a situación en hora punta...A partir de entón foi case imposible atopar unha praza onde aparcar e moita xente, dentro da cal me teño que incluír eu, tiveron que camiñar como mínimo un quilómetro para chegar ao Campo da Feira.

Unha vez chegado alí a cousa xa se complicaba bastante. Conseguir unha boa vista? Era moi fácil, iso si, cumprindo certos requisitos: medir como mínimo dous metros e ter un corpo impoñente e forte para poder moverse con certa “soltura” polo medio da xente. De feito, moitas veces o único que lograbas vislumbrar de teus artistas favoritos era un brazo, o pelo, ou algo por estilo... iso poñéndose de puntillas e aínda así quedabas coas dúbidas se en realidade non sería calquera guitarrista...Todo era unha inmensa e desmesurada masa de xente. Era algo non apto para aquelas persoas que desexan espazo e tranquilidade(dedícolle isto a aquelas persoas tan “amables” que estaban a lanzar continuamente miradas do máis hostís...). A verdade e que tanta multitude chegou a ser un pouco agobiante e caótico....Pero que remedio se querías ver por fin aos tan mencionados artistas invitados durante toda aquela longa semana de espera....
O elenco do que falo era estelar. Houbo artistas coñecidísimos e admirados como por exemplo Carlos Baute e Marta Sánchez, que cantaron a súa exitosa canción, os ex-triunfitos da primeira edición David Bisbal e Bustamante, os irmáns Kiko & Shara, OBK, Melocos, Mario Mendes...entre outros moitos. Pero tamén contaron con bailaríns que pasaron pola Academia de baile Fama, do Canal Cuatro, como Álex e Tatiana. Tamén estiveron presentes nun momento do concerto, o alcalde do concello de Ordes e a presentadora da TVG María Xosé Vázquez, da Asociación conta o Cancro da provincia de Pontevedra. O alcalde agradeceu a asistencia, tanto por parte dos artistas como polo público, e rogoulles a estes últimos que mercasen unha camiseta ou un DVD, pois era por unha boa causa. O público, por súa parte desvivíase polas “estrelas” e as súas actuacións. O concerto finalizou aproximadamente ás tres da mañá. O motivo de terminar foi que a esa hora comeza o programa da Radio Galega “Pensando en ti” levado por Marcial , e os artistas invitados ían colaborar nesta entrega. Por razóns para nós descoñecidas, a cantante galega Marta Sánchez non participou. En cambio os demais si o fixeron encantados, como por exemplo o simpático Bustamante, que recoñeceu que cada vez que vén a Galicia ten que comer “polbo á feira”, que lle encanta.


O concerto foi definido como un exitazo por todos os medios de comunicación. E con razón. Aínda que non se dan posto de acordo no número de asistentes. Algúns sinalan que foron 30.000 persoas, tal e como esperaban, outros din que foron 40.000 e os máis atrevidos aventuran que foron ata 50.000 os asistentes. Sexa como for ninguén dubida de que foi unha noite memorable, sobre todo tendo en conta que foi a favor dunha boa causa. Aínda que o concerto foi gratuíto, os organizadores pensan recadar fondos a través da venda do DVD do acto, a dez euros, e con camisetas da orquestra Panorama, a cinco euros. O ano pasado, na primeira edición do concerto que tivo lugar en Pontevedra recadaron 16.000 euros. Desexámoslle sorte e que este ano sexan moitos máis.

Laura Danis, 4ºB
Comentarios (0) - Categoría: Cine e televisión - Publicado o 17-06-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista ás novas organizadoras de Estrelas Menudas


Entrevista
As novas organizadoras de Estrelas Menudas


Despois dun ano, Estrelas Menudas volve estar aquí, o 17 de maio, a gala dos máis cativos, e o 30 de maio, coa gala dos maiores. As novas organizadoras repiten de novo a fantástica experiencia de desfrutar bailando e ensinando a todos os rapaces participantes. As rapazas, Ana Bello, Laura Danis, Iria Loureiro e Patricia Prego, que actualmente cursan 4º de ESO concedéronme unha breve, pero interesante entrevista sobre todas as sensacións vividas ...

1_ Como se vos ocorreu coller tanta responsabilidade?
Non é tanta responsabilidade, o que pasa é que como o concurso se levaba facendo nove anos, é dicir empezamos a facer a décima edición, pois dábanos pena que se perdera e con tal de que se conservara, se tiñamos que coller responsabilidade, pois aceptábase. Ademais todas nós participamos nalgún momento neste concurso, e estamos moi ligadas a el.

2_Traballastes moito?
Bastante. O ano pasado era moito máis traballo, pero este ano xa estamos máis acostumadas e organizámonos mellor, e tamén contamos coa axuda de todos os nosos colaboradores, iso axuda moito.

3_Estades contentas coa participación dos rapaces?
Si, tanto polos nenos participantes, como polos coros e os colaboradores. Son todos unhas marabillosas persoas e poñen todo da súa parte para que todo saia ben, esforzándose cada día por mellorar.

4_Tivestes algunha vez ganas de abandonar?
No, porque é o que máis nos gusta facer, non o collemos como se fora un traballo, senón coma un hobbie. Ademais pasámolo moi ben con todos, é un ambiente fenomenal.

5_E en canto a idade, tivestes problemas por ter 15 anos?
Si, aínda que o único requisito foi que tiñamos que ter unha persoa maior de idade que se fixera cargo da situación en caso de que sucedese algo, e por iso llo pedimos a Noelia. Ademais algúns dos coros eran maiores ca nós e pensabamos que ía ser un problema, pero o final resultou que non houbo ningún.

6_E coas nais e pais dos rapaces? Algunha discrepancia?
Non, claro que non. Todos nos levamos moi ben.

7_Quen é a que ten máis responsabilidade das catro?
Todas temos a mesma responsabilidade e coordinámonos á hora de repartir os traballos.

8_Tedes moitos colaboradores?
Si, temos moitísima xente que está por detrás que non se ben, pero que sen eles non sería o mesmo, porque axuda constantemente. Por exemplo temos persoas para coidar dos nenos, para poñer a música, especialistas nas luces, para cobrar as entradas, subir o pano, preparar o vestiario...

9_Cantas horas podedes estar ensaiando?
A verdade é que lle dedicamos bastante tempo. Os venres ensaiamos de catro a sete da tarde, sábados de dez a dúas do mediodía , e se vemos que é necesario ensaiamos tamén os coros os sábados pola tarde, de catro a oito.

10_Chéganvos esas horas?
Algunhas veces farían falta máis, outras sobran....hai que compaxinar cos estudos, pero levámolo ben.

11_O ano pasado saíu todo como esperabades?
A verdade é que estabamos moi nerviosas por ser o primeiro ano, e tiñamos medo de que non nos saíra ben, pero saíu todo a pedir de boca, e despois dos nervios iniciais desfrutamos moito con ambas as galas. Gustounos moito como saíu todo. Darlle dende aquí as grazas a todos aqueles que nos botaron unha man.

12_Última pregunta. Este ano, o segundo xa, estades nerviosas?
A pesar de que xa imos pola segunda edición que organizamos, os nervios son inevitables. Esperemos que todo saia ben e animamos a todos a que veñan a desfrutar dunha tarde cos bailes dos rapaces. Realmente paga a pena.


Susana Souto e Laura Danis
Imaxe en grande
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 17-06-2009 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Unímonos á tractorada


Malos tempos para o sector leiteiro galego.

Ligazón
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Estrelas menudas
Estrelas Menudas



Sábado. As dez e cuarto da mañá. Auditorio de Cerceda. Cheguei das primeiras. As coreógrafas e algún que outro coro xa estaban alí. Comeza a soar a música. Sube a la ola de 3+2. Coros: Jenni, Sergio, Rebecca e Rubén. Rebecca aínda non chegou. Un rapaz para substituíla. Pero, onde van os rapaces? No futbolín claro. Entra Sofía pola porta, cantando, toda feliz. Por fin chegan os rapaces. Pouco a pouco van chegando todos os coros. Comezan os ensaios. Ata as dúas da tarde.

Baile tras baile, canción tras canción pasa o tempo voando. Volvemos a vista atrás e parece incrible que pasaran oito meses!
Oito meses levantándose ás nove para chegar puntuais, aprendendo as coreografías dos nenos, as coreografías das actuacións especiais, oito meses de risas, de bos momentos…

Maio, ultimo mes, preparando todo para a primeira gala, a correspondente aos nenos máis pequenos, e a segunda gala, a dos nenos de nove a trece anos. Ensaiando máis ca nunca para que todo saia a perfección, buscando na roupa que levaran os coros, a colocación de cada canción, etc.
E como non, os nervios, que non comezan ata unha semana antes, que cada día van aumentando máis e máis, ata o momento en que se abre o pano e comeza a soar a música, nese momento, os nervios non poden ir a máis. Pero de repente, comezas a bailar e os nervios que había uns segundos tiñas, desaparecen.

Todo acaba, os nenos xa bailaron, o xurado xa decidiu, o gañador xa é sabedor da noticia, a xente marcha…
Só nos queda esperar uns meses coa esperanza de que un ano mais se organice este concurso, e de volver repetir todos eses bos momentos que tanto as coreógrafas, como os coros, como os nenos e todas aquelas persoas que colaboraron, pasaron.

Comentarios (0) - Categoría: Cultura - Publicado o 15-06-2009 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Miguel Ángel Silvestre

Aquí, o noso Duque onde o vedes non ía para actor senón que para tenista profesional.Pero lesionouse xogando un torneo en Hungría e finalizou a súa carreira.
Despois decidiu estudar fisioterapia pero grazas a súa tía iniciouse no mundo do teatro.

Os seus primeiros traballos foron como protagonista secundario na serie de Tele 5 “Motivos persoais” como protagonista principal en “A distancia” película ambientada no mundo do boxeo ..Etc.

Aínda que, como todos sabemos, o seu salto definitivo a fama como actor revelación e “sex symbol” produciuse ca serie “Sen tetas no hai paraíso”.
Esta serie é unha adaptación de unha Colombiana e aquí,a súa primeira tempada tivo un grande éxito.
Nela, Silvestre, interpreta ‘O Duque’. Un rico e atractivo xefe dunha banda de narcotraficantes con un caracter egoísta e violento que só se tranquiliza ao tratar coa súa amada Catalina. A serie xa chegou o fin da segunda tempada onde Tele5 decidiu rodar dous finais, un feliz onde o Duque e Catalina logran escapar, viven felices,teñen un fillo etc.. e outro,triste, no que o Duque morre tiroteado por Moron e Catalina vai 13 anos para o cárcere.

Aínda que todas nos desexariamos que se quedasen co final feliz non vai poder ser porque tal como Silvestre decidiu non quere continuar máis alá da segunda tempada xa que “non lle gusta encasillarse nun papel concreto”

Agora só nos queda rezar para que siga rodando e se lle sigan entregando galardóns como os que xa recibiu por ser o mellor actor e a persoa mais buscada..

Anaid Canedo Vicente
Comentarios (0) - Categoría: Cine e televisión - Publicado o 15-06-2009 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Pioneiras





Estes son bos exemplos de mulleres que defenderon os seus dereitos. Que esixiron igualdade e que o final o conseguiron. Isto pódenos servir a nós, as mulleres contemporáneas, para ensinarnos ou para que nos concienciemos de que nada é imposible.



DOLORES CENTENO SOTO:

Bergantiños (1872-1950)


Esta pioneira foi unha muller empresarias nunha época na que o transporte marítimo estaba entendido como unha profesión de homes. Ela non só era armadora, senón que estaba ó fronte dun estaleiro nas Telleiras (ría de Corme e Laxe), onde se construían todo tipo de buques. Converténdose, así, nunha das primeiras mulleres armadoras da zona..

Da fábrica de madeiras que ela posuía, saían barcos que facían distintas rutas marítimas, por exemplo a ruta do Sur ( con destino a Almería, Torrevieja, Valencia ou Barcelona), ou a ruta do Norte (ata Guipúscoa).
Dolores Centeno no foi a única muller relacionada coa construción de barcos ou co transporte por mar, como proba disto existe unha carta que escribe a nosa protagonista a outra armadora de Vigo chamada Antonia Vázquez. Outras mulleres galegas tamén destacaron nesta profesión ( Teonila Pérez Fernández ou Carme Pérez García). Moitas delas, actualmente están esquecidas á espera de que se faga un estudo sobre elas e se recoñeza o seu traballo como unha aportación económica e social a Galicia, á independencia das mulleres e ó emprendemento empresarial.


XOAQUINA GARCÍA GARCÍA:

Porto do Son, A Coruña (1879-1939)

A iniciativa empresarial desta muller naceu da súa preocupación polas condicións de traballo da xente da súa vila, Porto do Son. Era filla de mariñeiro e, por iniciativa propia, pensando sobre todo en seu pai, intentou crear unha roupa impermeable que lle permitise ós mariñeiros soportar as duras condicións do seu traballo no mar. Para isto realiza un primeiro modelo feito con liño e varias capas de aceite como material impermeabilizante, ata acadar a un resultado satisfactorio. A calidade deste traxe e a publicidade de seu pai fai que os demais mariñeiros mostren interese e lle fagan encargos. Desta maneira, xurde o primeiro obradoiro de roupa de auga.
A súa creación ten cada vez máis fama, de maneira que aumentan considerablemente os encargos e, fronte á posibilidade de atendelos soa, decide abrir un taller ó que lle achega a maquinaria e o persoal necesario para o traballo. Mentres, Xoaquina dedícase de cheo no crecemento e desenvolvemento da empresa. Uns anos despois, a súa actividade económica esténdese por toda Galicia, así como por outros territorios do estado e a súa clientela é cada vez máis numerosa.
A fama de Xoaquina perviviu despois do seu falecemento, ó mellor foi por ser unha muller empresaria nunha época difícil, pola seus dotes para os negocios ou quizais polo seu inxenio e intelixencia pero, o certo, é que a lembranza desta muller aínda vive nas mentes da xente da súa vila.

INÉS MARTÍNEZ PENA

Comentarios (0) - Categoría: Reflexións - Publicado o 15-06-2009 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Auga para Etiopía
María Reimóndez naceu en Lugo no ano 1975. Esta feminista por convición, a pesar da súa xuventude, xa conta con obras importantes e populares como: “O caderno de Bitácora”, polo cal recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo de 2003 e tamén foi finalista do premio Merlín 2005 coa novela “Usha”.



No mes de novembro fomos de excursión á Coruña para ver unha obra de teatro chamada o “Club da Calceta”, baseada no libro desta célebre escritora. Como me gustou a obra, púxenme a ler a famosa novela. Busquei información en Internet sobre esta muller e descubrín que non só era escritora, senón que é tradutora, intérprete e está á fronte dunha ONG chamada IMPLICADAS. Esta organización non gobernamental fundouse no ano 1998 e intenta superar a discriminación cara a muller como base do desenvolvemento.
IMPLICADAS ten varios proxectos, pero intereseime por un especialmente. Chámase Auga para Etiopía e o que pretende esta célebre escritora galega é que todos colaboremos para que se desenrolen zonas subdesenvolvidas, nas cales a poboación non ten os medios necesarios para facelo por si mesma. Para iso pide solidariedade de tipo económica, a través dunha conta bancaria. Nesta web recóllese unha grande cantidade de información e contidos que nos permiten ver como é a vida neses territorios, concretamente, en Etiopía. É dicir, danos unha pequena mostra do dura que é alí a supervivencia e o día a día. Como por exemplo, narra que Etiopía é un país onde o índice de pobreza é dun 50%, que a esperanza de vida é baixa e, polo contrario, a de mortalidade infantil alta. Ademais conta que a maior parte da poboación non ten acceso a algo tan básico como é a auga potable e que un alto índice de poboación sofre SIDA por falta de precaución ou métodos. O que agrava a pobreza deste país é a inestabilidade político e a existencia da explotación económica. Isto debería servir para que valoremos os privilexios dos que gozamos e para que aprendamos a non malgastar nin desprezar as cousas, xa que hai xente que as necesita de verdade.



Con esta dirección podes acceder á páxina web da ONG:
Auga para Etiopía

E con esta outra, podes visitar a páxina do proxecto:

Implicadas
Comentarios (0) - Categoría: Imos ao teatro - Publicado o 15-06-2009 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Tuenti

Acabáronse aqueles tempos nos que as criaturas pedían bicicletas e viñan a casa cos xeonllos pelados.De todos é sabido que desde hai uns anos a xuventude e a tecnoloxía formamos un binomio inseparable. Despois do furor fotolog , metroflog e demais páxinas nas que subir fotos e texto , as nosas bandexas de entrada dos e-mail vense invadidas por invitacións a distintas redes sociais . Son infinitas as páxinas de este tipo , desde o myspace , twitter , badoo , sonico ...Aínda que o Facebook ten un gran público en todo o mundo , en España ten un gran
competidor , o tuenti gaña por goleada como o espacio mais visitado . Orixinariamente foi creado para os universitarios do noso pais pero actualmente pódeste atopar con persoas dun amplo rango de idades entre os seus rexistrados . Ten un sistema de rexistro mediante invitación , alguén tente que invitar e o crear o teu perfil recibes 10 invitacións para que os teus coñecidos que aínda non estean iniciados neste mundo poidan informatizarse e parecer máis cosmopolitas .

As múltiples opcións que este servidor permite son subir fotos , etiquetar a quen ti consideres oportuno , comentar , enviar mensaxes privados un sen fin de maneiras de manter a comunicación cas túas amizades . Para os máis receosos da súa intimidade existe a opción de que se só as persoas que ti aceptes poidan acceder o teu perfil. En fin , só queda preguntar : Quen non ten xa un perfil ? Eu si , of course



Rebecca Rodríguez Rodríguez 3º A
Comentarios (0) - Categoría: Internet - Publicado o 15-06-2009 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida dos de cuarto

A pesar das ganas de todos de titular obtendo o graduado canto antes e de que a ESO nos parecía moi longa, agora que xa estamos para acabar pouco a pouco ímonos dando conta do moito que imos botar de menos o centro. Ao final non te queres ir, pero tes que facelo. Se houbese en Cerceda Bacharelato e Ciclos Medios moita xente quedaría aquí.
Aínda recordo o meu primeiro día cando cheguei ao CPI”O Cruce”. Chegaba sen coñecer a ninguén,só aos da Silva e estaba preocupada por saber con quen iría na clase, como serían os profesores, xa que falaban de que os profesores eran moi malos e esixían moito cando en realidade era todo mentira.
O que máis vou recordar do CPI “O Cruce”serán as excursións que fixen durante todos estes anos. Algunhas das máis inolvidables son por exemplo a Londres e esta última a Málaga xa que foi a de fin de curso.Tamén outras actividades como patinaxe sobre xeo, os partidos de fin de curso,o concurso de caretas e postais, o Entroido
Vou botar moito de menos aos profes, xa que neste tempo fomos coñecéndonos e xa nos temos confianza. Botarei de menos tamén ao conserxe, xa que o coñezo desde os 4 anos da Silva, ao orientador xa que sempre se preocupou por nós e nos aconsellou moi ben e sempre estivo mirando por nós.
Vou botar en falta a todos os compañeiros, e sobre todo aos da miña clase cos que compartín un montón de cousas este ano. Ao final o peor é que cada un vaia ir para un sitio e nos imos separar todos uns para Ordes, outros para a Coruña, outros para Carballo, en fin non me quero marchar.
Begoña Parafita

Boto unha mirada atrás e vexo o meu primeiro día no colexio, chorando por non querer comezar. Pouco a pouco a ilusión de levantarme cada día para vir foi aumentando.
Pouco a pouco todo foi cambiando, todos fomos crecendo, moitos dos profesores marcharon do colexio, o colexio pouco a pouco foise mellorando, nós cambiamos as pinturas e a plastilina polos libros e os exames, e a ilusión de terse que levantar para ver aos amigos foise convertendo en rutina, en non querer vir ata o punto de chegar odialo.

Agora que xa temos que marchar por forza, quedámonos pensando e dámonos conta que non queremos marchar, por moitas broncas que levaramos, tamén nos ensinaron moito, ante todo a ser persoas.
Marchamos todos, e vaise separar probablemente uns dos cursos de cuarto da E.S.O que mellor se levaban. Xente de ver todos os días a velos unha vez cada semana ou cada mes, iso vaise botar moito de menos, vaiamos ponde vaiamos, os amigos que nos criamos xuntos xa non imos estar xuntos todos os días.

Darlle as grazas a todos os profesores por aguantarnos todos estes anos e por ensinarnos, e aos alumnos dígolles que miren moi ben a cara de uns e de outros porque nunca máis imos estar xuntos aquí.
Susana Souto Capelán.

Despois de cinco anos, isto chega ao seu fin. Aínda me acordo do primeiro día que cheguei a este colexio,precisamente dese día non teño moi bos recordos,todo era novo,os profesores,os compañeiros...todo...nada tiña que ver co meu antigo colexio.
Pouco a pouco fun coñecendo aos novos rapaces que tiña na clase e adaptándome como podía aos novos profesores.
Acórdome de cando estaba en 3ºESO e a directora organizou unha viaxe a Londres para os alumnos de primeiro,segundo e terceiro.Grazas a esta viaxe comezou a miña amizade cunha rapaza coa que ata daquela non me levaba especialmente ben . Lembro que todo empezou nunha das habitacións contando historias de medo.Esa viaxe foi o comezo dunha gran amizade.
Nestes cinco anos houbo unha chea de cousas boas... as veces que estabamos nas clases organizando excursións, debatendo ideas para traballos,os ensaios das coreografías para o festival de fin de curso coa profesora de música, en fin...unha chea de cousas boas, aínda que tamén houbo cousas non tan boas como as broncas dos profesores, os castigos e sobre todo os suspensos.
Tamén houbo momentos rebeldes por parte nosa, os alumnos,algo do máis normal, non?Como nos dicían os profesores sempre que o sabían "tedes as hormonas moi aceleradas, eh".
Entre todas estas cousas boas enon tan boasforon pasando os anos,e xa só quedan uns días para marchar do CPI. A verdade é que moitos están desexando que chegue o momento para marchar; a min só de pensar que xa non vou estar máis aquí dáme coma medo, porque no CPI O CRUCE coñecín a moita xente pero sobre todo foi onde coñecín os amigos que teño agora e que son do mellor.
A moitos iso de que me dá coma medo pódelle parecer unha tontería pero que se poñan a pensar e que se fagan a mesma pregunta que me fago eu...volveremos estar todos xuntos tal e como estamos neste colexio?

Soraya, 4ºB
Comentarios (2) - Categoría: Reflexións - Publicado o 15-06-2009 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Irene Iglesias

O pasado día 30 de abril celebrouse no concello de Ordes a segunda gala contra o cancro organizada pola orquestra Panorama. Un concerto ante máis de 50000 persoas e chea de estrelas invitadas, entre as que destacaban David Bustamante, David Bisbal, Melocos, Carlos Baute, Marta Sánchez… Pasados uns cantos días tivemos a ocasión de falar con Irene Iglesias, una das vocalistas da orquestra Panorama.

Pregunta: Ola Irene. Que tal estes días posteriores ó concerto?
Resposta: Ola, pois a verdade e que aínda estamos todos coma nun soño. É incrible todo o que vivimos nesta segunda gala.

P: Volvamos ao día do concerto. Que foi o último que se che veu á cabeza antes de que subise opano e comezase o espectáculo?
R: Nese momento creo que estaba coa mente en branco e cos nervios a flor de pel, desexando que todo transcorrese ben, e dando grazas por todo o que alí estaba a suceder.

P: Por que unha gala contra o cancro?
R: Sinceramente eu penso que o cancro é una enfermidade que actualmente creo que lle afecta a todo o mundo, xa sexa directa ou indirectamente, e por iso decidimos aportar o noso graíño de area a esta causa que por desgraza ten un gran número de doentes actualmente.

P: Haberá máis galas con este motivo?
R: Por agora estamos pensando en celebrar unha cada ano. Tanto o pasado 16 de maio de 2008 en Cambados, como en Ordes o 24 de outubro como neste recente concerto o público demostrounos unha grande complicidade e axuda con esta causa, e podendo facelo queremos colaborar coa AECC (Asociación Española Contra o Cancro).

P: Cal cres que foi para ti o momento máis emotivo do concerto?
R: Sen dúbida ningunha a primeira canción. Saír ao escenario, ver toda esa xente que te está animando e esperando que comece a música para empezar a desfrutar do momento son uns instantes moi emotivos.

P: Que se sente cantando con estrelas dos que ti e toda a orquestra interpreta cancións nas festas do verán?
R: É fantástico e ademais son xente encantadora e simpática que intenta axudar en todo o que faga fata. É unha experiencia moi bonita, son os teus ídolos de cando eras pequeno, e agora compartes con eles un escenario, séntese unha alegría moi grande.

P: Que opinas sobre que a cadea de televisión Telecinco diga que sodes unha das mellores orquestras de verán?
R: É un orgullo, xa que a orquestra só actúa en Galicia e como moito en Asturias e León, e aínda así temos fans doutros puntos de España que aproveitan as vacacións para vir vernos. E todo grazas á xente que confía en nós e que nos dá unha oportunidade cada noite que actuamos nunha festa.

P: Como foi o día seguinte ao concerto?
R: Estabamos todos moi contentos, cheos de satisfacción, pero tamén cheos de cansazo. Despois de acabar o concerto e a reunión cos fans marchamos rapidamente, xa que ao día seguinte tiñamos unha actuación en Asturias e esperábanos un longo camiño. Pero aínda así desfrutamos moito do día e da compaña de toda a xente que estivo alí tanto nos ensaios coma no concerto.

P: Que lle dirías a toda a xente que estivo no concerto ou que colaborou con esta causa solidaria?
R: Moitas grazas pola axuda, sen vós non poderiamos facer o que estamos facendo ... sempre vos levaremos connosco.

Leticia Rodríguez García 4ºA
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 15-06-2009 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Wells: A guerra dos mundos
HERBERT GEORGE WELLS



Nace o 21 de setembro de 1886 en Bromley nunha familia da baixa burguesía e falece o 13 de agosto de 1946 en Londres. Estuda na Normal School of Science de Londres e vese obrigado a deixalo todo por unha enfermidade que contraeu, a tuberculose. Comeza así a escribir, chegando a crear máis de cen obras. As súas obras estaban baseadas en temas como a fantasía científica, os triunfos das tecnoloxías e os terrores das guerras do século XX.
A súa primeira obra “A máquina do tempo” foi publicada en 1895 e tivo moito éxito. Outras das súas obras foron levadas ao cine como por exemplo: “O home invisible” (1897) e “As cousas do futuro” (1933). Pero a máis coñecida é “A guerra dos mundos” (1898), levada ao cine en 1953 por Orson Welles e no 2005 por Steven Spielberg.

“A guerra dos mundos” foi unha das súas obras máis famosas. Debido a isto foi levada a diferentes medios: películas, programas de radio, cómics e series de televisión. Esta novela presenta o relato da invasión duns marcianos que aterran o sur de Inglaterra a principios do século XX e as consecuencias desta destrutiva invasión. Misteriosos relampos de diversas cores e xigantescos lóstregos aterraban a cidade cando cae un gran cilindro artificial lanzado desde Marte. Este cilindro ábrese e comezan a saír uns estraños marcianos. O narrador foxe coa súa esposa á casa duns parentes para poñela a salvo. Cando regresa ó seu pobo decátase de que os marcianos estiveran construíndo un xigantesco trípode. O narrador aterrado decide volver xunto da súa muller pero é informado por un home de que un novo cilindro acaba de caer entre a cidade na que se atopaban e na que estaba a súa muller, polo que non podía marchar. Estes intentan escapar xuntos pero cando estaban saíndo da cidade atópase con grandes máquinas que estaban a destruír a cidade mediante ondas de calor. Morre moita xente pero o narrador sálvase e vaise refuxiar xunto a un cura que coñece. Os marcianos estaban a utilizar unha nova arma, o fume negro. Máis cilindros comezan a caer polos campos ingleses e comeza unha gran evacuación de Londres. Finalmente o cura tamén é atrapado polos marcianos que utilizaban aos humanos como alimento mediante a transfusión de sangue. Pero o narrador deste relato consegue salvarse e reunirse coa súa esposa. Aquelas xigantescas máquinas arrasaran todo e estaba todo totalmente destruído. Eles xunto ao resto da humanidade, veranse obrigados a reconstruír de novo o universo.

Unha das versións máis coñecidas é a de Orson Welles. Naquela época as radionovelas e tiñan moito éxito nas familias que utilizaban a radio como medio de información e entretemento. Xeralmente tratábase de melodramas románticos ou comedias, eventualmente historias de aventuras ou terror. Non se ensaiara nunca un relato de ciencia ficción. En 1938 adaptaron a historia de Herbert Wells a un guión radiofónico. Os feitos relatáronse en forma de noticiario e narraba a caída de meteoritos que en realidade eran naves as cales derrotaban o exército norteamericano. Aínda que houbera unha aclaración inicial, en pouco tempo produciuse a alarma xeral en todo o país, que chegou a crer que estaba sendo invadido de verdade e saíron ás rúas presos de pánico.Esta retransmisións catapultou á fama a Orson Welles.


Respondía aos medos dos estadounidenses da época, cando en Europa se vivía un ambiente prebélico e aumentaba o medo pola ameaza comunista. Sen dúbida, isto reforzaríase coa primeira versión cinematográfica de “A Guerra dos Mundos” en 1953, cando os “roxos” marcianos, poderían relacionarse facilmente cos “roxos” marxistas.
Nesta páxina podedes escoitar unha versión do que fixo Orson Wells, con motivo do 70 aniversario


A historia de A guerra dos mundos foi levada numerosas veces ó cine. A versión máis recente de Spielberg é considerada unha das mellores xa que é bastante fiel ao libro orixinal, e non só se limita á narración inicial e final da historia, o argumento básico é o mesmo trasladado á nosa era contemporánea, co aporte l melodramático que curiosamente aparece nas recentes películas de ciencia ficción. A descrición das terribles máquinas dos extraterrestres marcianos, como trípodes con tentáculos, raios destrutores e gases letais. Difire no perfil dos alieníxenas, que para Wells son amorfos, en cambio Spielberg dálles un lixeiro parecido ás criaturas da serie de “Alien”.


Jessica Pallas
Samuel Lamas
4º B
Comentarios (0) - Categoría: Cine e televisión - Publicado o 12-06-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Hip-hop

HIP-HOP

O Hip-Hop é un movemento artístico e cultural que naceu en E.U. a finais dos 60 nas comunidades afroamericanas e latinoamericanas.Desde o principio destacáronse as manifestacións características do Hip-Hop, por exemplo, a música (funk, rap, Blues, DJing) os elementos do Hip-Hop: o MCing (rapping), o DJing (turntablism), o breakdancing (bboying) e o graffiti. Esto fíxose coa idea de simplificar a definición de Hip-Hop, pero isto pode resultar incompleto,
xa que existen outras manifestacións que quedan excluídas desta clasificación como o beatbox.

A unión do MC e do DJ dá lugar ao estilo musical do Hip-Hop: o Rap.

O bboying é o baile popularmente coñecido como breakdance. A persoa que practica este baile noméase bboy, ou bgirl. Existe unha gran diferencia entre un bboy e un breaker, o primeiro baila pola cultura Hip-Hop e por aportar elementos novos innovando e elevando o nivel a novas dimensións.O breaker é a persoa que baila soamente por ánimo de lucro ou por moda, non ten conciencia do movemento Hip-Hop, falando xenericamente, e non sabe a historia e os fundamentos que un bboy debe saber.
O graffiti é a rama artística desta cultura aplicada sobre superficies urbanas.A estética dos graffitis influíu no deseño da roupa, en portadas de discos e outros obxectos. Os que practican esta rama da cultura Hip-Hop denomínanse writers(escritores).

O Beatbox está inspirado nunha arte orixinaria dos maias que resurxiu en Nova York como a técnica de imitar sons de percusión ou instrumentos propios da música Rap coa boca. Os practicantes desta parte do Hip-Hop coñécense como Beatboxers. Esta arte orixinouse na época dos 80 porque os rapeiros non tiñan suficiente diñeiro para comprar os equipos de son, entón empezaron a imitalos coa boca.


O Hip-Hop como música apareceu a finais dos 50, cando as festas na rúa se volveron frecuentes en Nova York, especialmente no Bronx, debido ao pouco accesible que resultaban as discotecas e os clubs para a súa xente. As festas na rúa acompañábanse de funky e de soul , hasta que os primeiros DJ's comezaron a illar a percusión e estendela, posto que a canción volvíase máis bailable. Esta adaptación de beats máis tarde foi acompañada con outra nova técnica chamada rapping (unha técnica de canto rítmica e baseada na improvisación). Creouse a figura do "Mestre de cerimonias" (abreviado MC), que era o que presentaba o DJ. Pouco a pouco, a figura do MC foi adquirindo máis importancia, xa que recitaba sobre o ritmo do Hip-Hop(Beats) con textos cada vez máis enxeñosos. Ó mesmo tempo, empezouse a bailar, reservando o mellor movemento do baile para cando a canción se paraba momentaneamente (cando facía un “Break”). Este fenómeno orixinou o nome B-boy (break-boy), que sería "o neno que usa o break", e así naceu o movemento breakdance.

O Hip-Hop fusionouse con outros estilos dando lugar a estilos como o ragga, o rapcore, a cumbia ou a samba.
Algunhas figuras importantes do movemento Hip-Hop son MC´s como Eminen, Jay-Z, 50-cent, Busta Rhymes e grupos como Tiro de Gracia, Skool 77, Cypress Hill, Public Enemy...

Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 12-06-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
A gaita


A Gaita

Fóra das nosas fronteiras Galicia sempre é asociada a nosa cultura, pero sobre todo a gaita xa que é o instrumento máis significativo da nosa terra. É xeralmente a protagonista das nosas populares pezas.
A gaita está formada por unha serie de elementos: o fol (unha bolsa de coiro onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento), o punteiro (tubo melódico con buratos que consegue as diferentes notas), o soprete (tubo por onde se sopra) e outra serie de tubos sonoros como poden ser o roncón ou a ronqueta.
Os tubos son habitualmente de madeira dura sobre todo de buxo ou granadillo, teixo, bidueiro... aínda que tamén se usan madeiras exóticas como o ébano.



Hai dúas formas de tocar a gaita.
- A máis común é a do “ toque aberto” no que os dedos van apartándose sucesivamente do punteiro ó subir a escala de forma parecida á frauta.
- E a máis antiga, case en desuso, é a do “ toque pechado” no que os dedos quedan máis preto do punteiro o executar a escala de maneira distinta e visualmente parece que nunca deixan de tapar os buratos.

Existen tres tipos de gaita :
- Gaita grileira: é a mais estendida e de son máis agudo, afinada en re.
- Gaita redonda: afinada en do, de fol redondeado, de aí o seu nome.
- Gaita tumbal: é a mais grande, afinada en si bemol.
Actualmente algúns famosos gaiteiros galegos son Susana Seivane, Carlos Núñez e Cristina
Pato.
Sofía López Liñares 3ºB
Comentarios (0) - Categoría: Cultura - Publicado o 12-06-2009 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Que vos pareceu O club da calceta?


Os alumnos e alumna de 3ª ESO asistiron á representación da obra O club da calceta que a compañía de teatro chamada Teatro do morcego adaptou a partir da novela do mesmo título de María Reimóndez. Estas son algunha opinións que recollemos despois da representación:


Desta obra de teatro en xeral gustoume todo.
O que máis me chamou a atención foi a maneira tan natural que as actrices tiñan de expresarse, pois as obras ás que acudira anteriormente non se expresaban tan ben.
Algo que me impresionou moito foi a voz que tiña a muller que representaba o papel da tía Davinia, encantoume como cantou.
Sobre o título penso que dá a entender algo distinto ao que logo pasa en realidade na obra.
E por último creo que a mensaxe desta obra de teatro e que as mulleres son tan persoas coma os homes, e non se poden discriminar, abusar delas...etc.

Tamara, 3ºB

A min a obra de teatro O club da calceta gustoume moito. Ao ler o título da obra non me esperaba que fose así, esperaba que ía haber máis diálogos entre as actrices.
O que máis me gustou foi a Tía Davinia e como cantaba. Tamén me gustou como as actrices se meteron no seu papel, que parecía que estaba pasando de verdade. Eu volvería a repetir.

Lidia Raña

O principio antes de que comezara a obra pensaba que ía ir sobre un club de cotilleos pero logo dinme de conta de que alí sentíanse todas ben e de que alí cada unha contaba a súa historia.
A min a que máis me impresionou foi a segunda, a loura porque nunha entrevista de traballo débennos escoller polo que valemos non por como somos fisicamente. Tamén me chamou a atención a forma de expresarse de cada unha das mulleres e a maneira de defender os seus dereitos como mulleres.
Eu creo que a mensaxe que nos pretendía dar é que, en xeral, todos os homes son uns machistas e cren que as mulleres non somos capaces de ser coma eles, que somos inferiores, e O club da calceta quérenos demostrar que podemos ser coma eles ou incluso aínda máis.
O club da calceta pretende defender os dereitos da muller na vida, defender o feminismo.

Marta, 3ºB



Esta é unha obra teatral un pouco peculiar porque trata dun tema que aínda hoxe en día moita xente non está moi de acordo con el por culpa do pensamento machista. Ten a peculiaridade de que non hai nin un só actor, só son actrices as que están actuando cara ao publico, e son moi boas meténdose na pel da personaxe que representan no escenario.
Sendo unhas personaxes moi distintas á súa vez son moi parecidas con respecto á súa forma de pensar.
Estas actrices fan unha espléndida actuación tendo en conta o tipo de publico que eramos ese día no teatro, sendo tamén moi difícil competir cun entretemento como é a televisión ou internet por iso estas actrices merecen un gran respecto por ter feito rir á xente e tela entretida durante a representación.

Cristian Rivera, 3ºB

A primeira vez que escoitei o nome desta obra pensei que se trataría de seis mulleres que mentres calcetaban falaban da vida dos veciños da aldea.
Pero non foi así, naquel club cada unha daquelas mulleres sentíanse ben. Apartábanse da rutina de sempre e dos seus problemas.
O que mais me gustou foi a mensaxe que nos querían transmitir coas diferentes historias. Chamoume moito a atención a abundancia de tacos.
Impresionoume bastante a historia de Luz, saber que era prostituta non porque ela así o elixira, senón porque non lle deixaron elixir. Tamén me sorprendeu o carácter de Anxos, a política feminista.

Jennifer,3ºA

O que máis me gustou foi que alternaran cancións coas narracións e que trataba un tema moi interesante, o machismo.. Algo que me chamou a atención foi o trato que lle dan ás mulleres en pleno século XXI. Tamén me sorprendeu o realista que foi a obra.
Foi un pouco diferente do que eu esperaba porque o título suxería outra cousa. Creo que a mensaxe desta obra é que debemos defender os nosos dereitos e que non nos deixemos avasalar por ninguén, que somos libres independentemente de nacer home ou muller.
O título desta obra fai referencia a que a sala onde se fai calceta é o único lugar onde estas mulleres se senten valoradas,comprendidas e queridas. Son coma un equipo (apóianse mutuamente).Alí senten que teñen tempo para elas.

Inés, 3ºA

A propia autora, María Reimóndez ten un blogue sobre a súa novela:
http://clubdacalceta.blogaliza.org/

Por último animarvos a ler o libro, que tedes á vosa disposición na biblioteca do centro e tamén na biblioteca de Cerceda.

Comentarios (0) - Categoría: Imos ao teatro - Publicado o 11-06-2009 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Facebook


Facebook é un sitio web que orixinariamente era para estudantes.Máis adiante a rede ampliouse a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse.

O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlle aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de Facebook, literalmente libro de caras.


Este sitio web permite intercambiar mensaxes e fotos cos contactos que estean agregados.Contén un espazo en cada perfil chamado “Muro” que permite que os amigos escriban mensaxes para que os usuarios os vexan.Só é visible para usuarios rexistrados .Unha mellora chamada “Supermuro” permite incrustar animacións flash.


Facebook sufriu todo tipo de críticas, especialmente debido á falta de privacidade e ó alcance que está tendo entre os menores.A pesar de todas estas críticas, compite por abrirse espazo entre empresas de éxito como google, polo que se enfronta a grandes desafíos para lograr crecer e desenvolverse.

Facebook para min:

O que me gusta é que en Facebook é mais fácil atopar aos teus amigos porque o teu usuario é o teu nome, é mais privado (ti elixes se entrar a unha network e as persoas que queres que te contacten a través do facebook). Para miña, a mellor función de Facebook son as fotos, ata agora non vin que teña limites para poñer as túas fotos, nas fotos podes etiquetar á xente que tes en teu facebook nas fotos.. e así outras persoas pódenchas ver na rede. Podes crear grupos do que queiras, podes crear eventos para convidar aos teus amigos… Aínda que claro haberá quen diga que mais que privacidade, por facebook todo o mundo decátase da túa vida, pero como xa te dixen teu elixes que tipo de privacidade queres ter e as persoas que poidan acceder.



Beatriz Loureiro Melena

Comentarios (0) - Categoría: Internet - Publicado o 11-06-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
As linguas suman II
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
As linguas suman
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal