Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI O Cruce
Esta é unha bitácora que nace para dar cabida aos artigos dos alumnos do CPI O Cruce.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.






Contador gratis

O meu perfil
departamentolinguacruce@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Traballando con Neira Vilas
Localiza no seguinte texto vinte títulos de obras narrativas de Xosé Neira Vilas e busca na rede o ano da súa publicación.



Cerceda, 17 de outubro de 2013


Querido Tomás,
Escríboche estes papeis para explicarche a fuxida de Manuel, o noso fillo. Non se trata dunha desas historias de emigrantes que todos coñecemos. É algo máis complexo.
Todo comezou unha noite sentados arredor do lar, compartiamos pan e historias. Alguén deu en contar as aventuras daqueles anos do Moncho, o home de pau, como lle chamabamos cando eramos nenos. Miña nai, esa gran muller de ferro, lembrou os relatos mariñeiros que lle contara seu avó. Acabaron por saír Contos de tres mundos, pois aínda houbo quen fixera as Memorias dun neno labrego... Entre tanta historia xurdiron mortos, aparecidos, bestas e pantasmas, como ocorre sempre.
O Manuel quedou impresionado por estes relatos e marchou cos ollos acendidos que parecían botar charamuscas. Esa mesma madrugada, cando estaba esperando o leiteiro no lugar de sempre, pareceulle o camiño bretemoso e sentiu un remuíño de sombras ao seu redor. Tivo medo e decidiu acollerse no muíño. Dentro só había escuridade e un son monótono que non soubo identificar: non era a auga correndo, non era o renxer das madeiras vellas, non era o roce da pedra... era algo máis, algo distinto.
Achegouse ao mecanismo do muíño e pareceulle ver xente no rodicio. Fretou os ollos e volveu fixar a vista. O que viu deixouno asombrado: eran almas en pena facendo xirar o muíño, encadeadas ao ferro... Aquel era un muíño de sangue!
Esta visión supuxo o remate do ciclo do neno. Manuel fíxose home esa noite e decidiu marchar sabendo que comezaba un tempo novo.
Agardo que comprendas a súa fuxida, do mesmo xeito que eu tiven que entender a túa marcha.
Sempre túa.
Lela
Comentarios (0) - Categoría: Cultura - Publicado o 03-10-2013 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Visita de Neira Vilas a Cerceda

Comentarios (0) - Categoría: Visitas - Publicado o 01-10-2013 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, todo o alumnado da ESO foi á biblioteca municipal de Cerceda a un obradoiro realizado polo grupo Xandobela

Foron recibid@s por uns peculiares membros da Real Academia Galega que lles explicaron máis cousas sobre esta celebración.

Divididos en tres grupos, fixeron obradoiros de teatro, literatura popular e poesía.

Comentarios (0) - Categoría: Cultura - Publicado o 20-06-2013 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de fotografía
Celebramos de novo este ano o Concurso de fotografía CPI O Cruce. Aquí vos deixamos as Bases e animámosvos a que participedes.

BASES

1.-As fotografías deben ser orixinais, e non poden estar previamente publicadas nin premiadas noutros concursos.

2.-Establécense tres categorías:
• 3º ciclo Primaria
• 1º ciclo ESO
• 2º ciclo ESO.

3.-O envío das fotografías farase por medio de correo electrónico ao seguinte enderezo normalizacion.ocruce@gmail.com

O formato da mensaxe é a seguinte:

Asunto: Concurso fotografía
Texto da mensaxe:
1. Nome e curso do/da concursante
2. Lugar do concello no que foi sacada a foto, respectando a toponimia oficial.
3. Frase ou lema en lingua galega que propón o/a concursante para poñer como pé de foto.

4.-A data límite de envío é o 20 de maio.

5.-Seleccionarase unha fotografía por cada categoría (3º ciclo Primaria, 1º ciclo ESO e 2º ciclo ESO).

6.-Todas as fotografías estarán dispoñibles no espazo web do CPI O Cruce
Ademais as tres fotos gañadoras serán enmarcadas e expostas no centro
Comentarios (0) - Categoría: Concursos - Publicado o 29-04-2013 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Usemos as nosas palabras
Aquí vos deixo a ligazón a un proxecto realizado hai xa algúns cursos no que se implicou todo o alumnado do CPI O Cruce. Cada familia achegou palabras que eles usan, pero que non son moi coñecidas.

Usemos as nosas palabras

Comentarios (0) - Categoría: Reflexións - Publicado o 29-04-2013 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalía atopa aos rapaces de 2º EP do CPI O Cruce


O alumnado de 3º de Primaria do noso centro tivo un encontro moi especial con Rosalía. Aprenderon o poema "Nasín cando as prantas nasen" de Cantares Gallegos, e desde ese momento, quixeron ler máis poemas da nosa autora.

Comezaron a levar Cantares Gallegos para as súas casas e lérono coas súas familias, fixéronlle moitas preguntas a Rosa (a súa profesora) sobre Rosalía de Castro, como escritora, como muller e como mamá.

Foi tal o interese que tiñamos que facer un vídeo homenaxe a estes rapaces e rapazas tan interesados na poesía galega.
Comentarios (0) - Categoría: Calendario Os nosos autores - Publicado o 23-04-2013 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Trece anos de Branca- Sara Botana
Comentarios (0) - Categoría: Diarios de lectura - Publicado o 12-04-2013 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Cando petan na porta pola noite- Paula Gestal
Comentarios (0) - Categoría: Diarios de lectura - Publicado o 12-04-2013 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Tristes armas - Iria Becerra Bermúdez
Comentarios (0) - Categoría: Diarios de lectura - Publicado o 11-04-2013 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Flanagan de Luxe-Antón Concheiro
Comentarios (0) - Categoría: Diarios de lectura - Publicado o 11-04-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Déixao medrar
No segundo trimestre o alumnado de primeiro da ESO participou no club de lectura deste libro de Silvestre Gómez Xurxo



Eis un feixe de reflexións sobre esta obra:


"O meu personaxe favorito foi Paio, porque tivo que sufrir bastante pola súa situación familiar, vendo os seus pais discutir contiuamente. O personaxe menos realista pareceume o pai, porque era demasiado duro, e iso por agora, soamente o vin en libros e películas, pero non é o típico pai da vida cotiá. Eu non me podo situar moi ben no lugar de Paio, porque odio o fútbol, pero creo que seguiría xogando para entreterme, sen ser obrigado a xogar profesionalmente e sen abandonar os estudos."
David García García, 1º A


“Este libro gustoume porque trataba de fútbol, que é un tema que me encanta. Tamén porque trataba do amor pero desagradoume a actitude dos pais porque só pensaban en que o neno fixera o que eles non puideron facer
O meu personaxe favorito é Paio porque a pesar de que o pai lle insiste moito no fútbol e lle di que sexa o mellor, el segue a súa idea e a do adestrador que debe xogar en equipo. Se estivese no mesmo lugar de Paio intentaría falar cos meus pais, aínda que sei que é difícil, pero intentaría explicarlle o que sinto e o que eu quero.
A min o mundo do fútbol gústame pero eu penso que deberían xogar por paixón e non só polo diñeiro.
En principio, é un libro que lles recomendaría especialmente a Julián e a Sara. De todos os xeitos, recomendaríallo a calquera persoa xa que o libro unha vez que o empezas é moi entretido.”
Nerea Cabeza, 1º A

“O libro pareceume moi realista, entretido e ás veces algo aburrido, porque repetía as discusións dos pais moitísimas veces.
O pai parecíame moi agresivo con Paio, aínda que no fondo penso que sería unha boa persoa, el só quería o mellor para o seu fillo.
Eu se estivese no lugar de Paio a verdade non sabería que facer, supoño que me pasaría horas e horas pensando no mesmo.
Esta clase de libro recomendaríallo os futboleiros, ou os futuros futboleiros, penso que lles vai gustar moito, porque o mellor están na mesma situación ca Paio, aínda que espero que non.”
Andrea Dubra, 1º A


“A verdade é que o libro non me gustou moito, porque Paio deixábase levar polos seu pais para que fose futbolista. Eu non me deixaría levar, faría o que me gustase.
Este recomendaríallo a todo aquel que lle guste o fútbol. Pero a min en cambio non me gusta o fútbol e, non me gusta moito o libro.”
Iria Becerra, 1ºA


“O personaxe que máis me gustou foi Paio porque non deixaba que o pai mandara nel. Oo pai pareceume moi pouco realista xa que non se daba conta de nada do que lle explicaba o Paio”
Denís Rodríguez Libournet, 1º A


“A min o libro gustoume porque trata uns dos temas que máis me gusta, o fútbol e as relacións amorosas. O que menos me gustou foron as discusións dos pais, sempre pensaban en eles e non en Paio.

Os personaxes que máis me gustaron foron Ana e Paio, comparto cousas cos dous.
Eu se estivese no lugar de Paio non sabería que facer, igual tería que vivilo pero creo que elixiría estudar porque no fútbol se tes unha lesión moi grave xa non podes seguir traballando.

O mundo do futbol a min encántame, creo que fai disfrutar a xente moito aínda que tamén sofres pero se de verdade che gusta dáche igual sufrir. Hai xente como o pai de Paio que só pensa niso e a que se lle vai a vida no fútbol. Eu que son unha persoa a que lle gusta o fútbol creo que tampouco é tanto, pero cada un ten un punto de vista diferente.”
Sara Botana, 1º A


“O libro pareceume un pouco aburrido, céntrase só no fútbol ou nas discusións dos seus pais, ademais non me parece moi real e é un pouco simple, por exemplo, xa esperaba ese final, gustaríame un final diferente con sorpresas, ó final remata como todos os libros.
O meu personaxe favorito foi Ana, porque se non estivese ela na historia, só sería de fútbol e aburriríame moito coas discusións, aínda que Ana me pareceu o personaxe menos realista, xa que non se fixaría nun rapaz que só se centra no fútbol.
Este libro recomendaríallelo a Julián ou a Sara, porque eles entenden máis o libro e gustaralles máis que a min.
O mundo do fútbol paréceme todo igual, sempre gañan os mesmos e perden os mesmos, se todos os equipos estivesen nivelados, ao mellor o Deportivo non estaría de último.”
Antón Concheiro, 1º A

Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura - Publicado o 11-04-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Diario de lectura: Jesús Fernández Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría: Diarios de lectura - Publicado o 10-04-2013 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Diario de lectura: Adrián Mosquera
Comentarios (0) - Categoría: Diarios de lectura - Publicado o 10-04-2013 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Amar en galego 2013
Despois dunha gran participación do prmieiro ciclo da ESO este ano, estes son os gañadores:

Comentarios (0) - Categoría: Cartas de amor - Publicado o 20-03-2013 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Día de Rosalía
Sumámonos á iniciativa da Asociación de escritores en lingua galega e celebramos o día de Rosalía de Castro (24 de xaneiro) recitando poemas de Cantares Gallegos.

Todas os cursos do CPI O Cruce aprenderon e traballaron sobre algún poema de Rosalía.

Ademais, o alumnado de Primaria e Infantil preparou uns ramos de flores de papel para ofrecer á nosa autora.

Aquí podedes ver o resultado:
Comentarios (0) - Categoría: Calendario Os nosos autores - Publicado o 12-03-2013 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Irmán Daniel!!!!
Hoxe que hai anos que naceu Castelao, queremos lembrar que morreu do mal dos bos e xenerosos.




¿DE QUE MORTE MORREU A NOSA PRENDA?



¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda...
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin...
Na noite pecha
entrei pinal adiante, medoñento,
a alma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso,
brilaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitou a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio,
profundador de voces milagreiras,
inquireu delorido, en desespero:
¿De que morte morreu a nosa prenda?
Atravesoume o peito
un dor punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade cru, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:
¡Morreu do mal dos bos e xenerosos!
¡Morreu de amor á Terra!
Comentarios (0) - Categoría: Castelao - Publicado o 30-01-2013 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xaneiro Castelao
Este ano pintamos a todos os autores do calendario de Normalización. Pero merece unha mención especial a renovación que fixemos da famosa caricatura de Castelao.

Eis o proceso no que colaboraron un bo número de alumnos e alumnas e de profesoras do CPI O Cruce.



Go to ImageShack® to Create your own Slideshow
Comentarios (0) - Categoría: Calendario Os nosos autores - Publicado o 23-01-2013 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xaneiro Celso Emilio - Castelao
Este mes está dedicado a Celso Emilio e a Castelao.

From Calendario 2012-2013



From Calendario 2012-2013


No mes de decembro, adherímonos á iniciativa da CGENDL. O día 12 do 12 de 2012 ás 12, os alumnos e as alumnas de 1ºA recitaron "Deitado fronte ao mar"



Cooperativa de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Comentarios (0) - Categoría: Calendario Os nosos autores - Publicado o 23-01-2013 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Decembro Cunqueiro
O alumnado de 1º ESO aprendeu un conto de Álvaro Cunqueiro: "A voadora de Serantes", pertencente a Os outros feirantes.

En colaboración coa materia de Educación Plástica e Visual, realizou unha serie de debuxos para compor un panel da historia.

Esta semana van visitar as aulas de Primaria e infantil dando a coñecer o conto.

Por agora visitaron a aula de 3 anos e a de 5 anos B, ambas de infantil.

From Calendario 2012-2013


From Calendario 2012-2013


From Calendario 2012-2013



----------------
A VOADORA DE SERANTES
Estaba Manuuel Páramo botándolle un feixe de herba ás vacas, e a muller apoleirando as
galiñas, á caída dunha serán de verán, cando delambos ouviron un asubío mesmo derriba das súas
cabezas. Miraron para o ceo, a ver de onde viña aquelo, que pasaba de asubío a trono, e viron pasar voando, nunha banqueta, á señora María de Fontes, que era conocida pola Voadora de Serantes,
aínda que ninguén sabía de onde viñera o apodo. Pro ben sabía que era acertado, que a señora
María voaba.
(...)
ALVARO CUNQUEIRO: Os outros feirantes (1979)
Comentarios (0) - Categoría: Calendario Os nosos autores - Publicado o 22-01-2013 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novembro Neira Vilas
Seguindo coa celebración dos autores do calendario realizado polo equipo de Normalización do CPI O Cruce, este mes homenaxeamos a Xosé Neira Vilas.

From Calendario 2012-2013


From Calendario 2012-2013


From Calendario 2012-2013


From Calendario 2012-2013


From Calendario 2012-2013


Algúns alumnos e alumnas de 3º ESO aprenderon capítulos de Memorias dun neno labrego e foron contar eses capítulos ás aulas de 5º e 6º de Primaria e a toda a Secundaria.

From Calendario 2012-2013


From Calendario 2012-2013


Ao remataren, propuxeron ás aulas que realizasen os exercicios desta páxina do CEIP Fríán de Teis (Pontevedra)

Memorias dun neno labrego
Comentarios (0) - Categoría: Calendario Os nosos autores - Publicado o 22-01-2013 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal