Moaña en rede
Lonxa Literaria. An Alfaya.
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza.
A oportunidade dos membros da lonxa para poder descrepar de diferentes aspectos da obra, unha oportunidade de indagar e interpretar a obra de An Alfaya, coa que se viviron momentos moi divertidos e agradabeis
. Os membros da Lonxa convidan a aquelas persoas que se interesen en compartir lectura e conversa a participar nas diferentes actividades que organiza a lonxa literaria. Podedes obter máis información na Biblioteca Pública municipal ou ben na páxina: lonxaliteraria.tqr.biz que tedes de enlace nesta páxina.