 A coordinadora de ANPAS do Morrazo, está nunha campaña de recollida de firmas contra a supresión da gratuidade dos libros de texto, durante estas semanas van celebrar diferentes actos para informar desta campaña. Asemade, o portavoz do PSOE de Moaña anunciou na prensa que vai levar a pleno unha moción para a defensa da gratuidade dos libros de texto.
Cando fai catro anos, o anterior goberno da Xunta de Galiza, optou por unha medida de gratuidade total dos libros de texto, para min non foi de todo acertada, xa que esta gratuidade entra en moitos aspectos que non se valoraron de todo, e o que pretendía ser unha mediada de mellora converteuse nunha medida completamente electoralista.
Dito isto, e sendo moi cauteloso dando a miña opinión sobre a medida, asistirei a estas reunións e escoitarei a ver que me din e intentarei sacar conclusións. Pero sorprendeume que o novo goberno da Xunta, tomara tan rápido a decisión, sen consultar aos pais, sen facer unha enquisa para saber se están de acordo con pagar estes libros ou non. Pois eu entendía que era así como eles actúan en democracia, para unhas cousas necesitan saber o que opinan os pais e noutras non lle interesa, esto si que é complicado e cheira.
Pero ademais, no programa electoral do PP viña esta medida, expresamente anunciaron que se gobernaban ían implantar un sistema de cheque-libro. Queremos impedir que o PP leve acabo o seu programa? É curioso a liña que separa o que queremos do que votamos. Como lle imos dicir que non deben degorar o decreto lingüístico do galego, se a maioría do pobo lle deu unha carta en branco para gobernar? O único que queda é levantarnos en armas!!!! Jajajaja... Ou polo menos até que a xente antes de votar sepa o que vota. |