|
|
|
|
| VALENTÍN PAZ ANDRADE |
|
Recórdovos que desde onte luns día 14 e ata o vindeiro día 18 tedes a exposición da vida e obra de Valentín Paz Andrade, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Hoxe martes día 15 ás 20:00 no salón de actos haberá intervencións para lembrar a súa figura. Estades convidados! Grazas pola vosa colaboración. Coordinadora do Equipo de Dinamización |
|
|
|
|
| CARLOS CASARES E A CIDADE DE OURENSE |
|
Neste día de felicitación para todas aquelas mulleres que están a cumprir o seu soño de seguir adiante cos seus dereitos e deberes, quero recordarvos que desde o Equipo de Dinamización mañá faremos un percorrido polos lugares que frecuentaba CARLOS CASARES na provincia de Ourense.
Mañá venres, día 9 de marzo, a partir das 20:00 horas esperámosvos diante do Concello de Ourense para iniciar desde alí o noso percorrido.
Coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística
|
|
|
|
|
| OS VALORES DA PERSOA |
|
Esperamos, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que esta primeira actividade do ano 2012, vos interese como as anteriores.
Convidámosvos a un acto-obradoiro onde participaredes en actividades interesantes que vos axuden a seguir con ánimo neste novo ano: 2012.
31 DE XANEIRO DE 2012 DE 20.30 - 22.30
Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística |
|
|
|
|
| FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO 2012 |
|
Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística queremos desexarvos unhas festas moi familiares e que o vindeiro ano traia bens para todos.
Grazas por seguir participando nas nosas actividades, contamos convosco para a vindeira convocatoria: 31 de xaneiro.
PARABÉNS PARA TODOS E LEDICIA NESTAS DATAS E EN TODO O ANO 2012!!!!!
Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística |
|
|
|
|
| A TOLERANCIA NA PALABRA |
|
Invitámosvos ao obradoiro de expresión oral e xestual que levaremos a cabo os días:
mércores 16 - venres 18 - luns 21 - mércores 23 - venres 25, en horario de 20.00 a 21.30.
Aínda estades a tempo de anotarvos: xa somos 10. Esperámosvos.
Coordinadora do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística |
|
|
|
|
| A NOSA LINGUA E AS SÚAS FERRAMENTAS |
|
Desde o equipo agradecemos a vosa participación a este obradoiro que acaba de rematar.
Celebrouse segundo o previsto e parece que había máis interese... haberá que ampliar as datas nos vindeiros ou facer outro en breve. Podédesvos anotar.
Grazas pola vosa asistencia e cooperación.
Coordinadora do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística |
|
|
|
|
| ACTIVIDADES DO EQUIPO 2011 - 2012 |
|
Estas son as actividades que imos desenvolver ao longo deste curso 2011 - 2012:
ANUAIS
Taboleiro
Páxina web
Blog
Material administrativo e didáctico
Publicidade
Colaboración co SNL Concello de Ourense
Cursos CELGA
ESPECÍFICAS
A nosa lingua e as súas ferramentas
A tolerancia na palabra
Os valores da persoa
Carlos Casares e a cidade de Ourense
A voz dos nosos maiores
A figura de Paz Andrade
Calquera outra actividade que desexedes desenvolver podedes comunicarllo aos membros do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística que farán o posible para que se realicen.
ÁNIMO, ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!
Coordinadora do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística |
|
|
|
|
| CURSO 2011 - 2012 |
|
Benvidos ao novo curso 2011 - 2012:
Este ano comezamos con alumnado novo do ciclo superior de Administración e finanzas, 1º. Esperamos que este sexa un curso no que aprendades e poidades participar nas actividades do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, que se pon á vosa disposición coas novas actividades que axiña publicaremos.
Un saúdo e comezade con ganas. Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. |
|
|
|
|
| LOIS PEREIRO |
|
A comezos do mes de maio e xa recibimos información sobre Lois Pereiro que estades interesados en que a teñamos en conta para homenaxealo neste mes.
O Día das Letras Galegas está dedicado este ano a el e como todos os anos temos actividades que dan a coñecer o seu labor tanto profesional como literario.
Grazas pola vosa colaboración unha vez máis.
Coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística |
|
|
|
|
|
|
|