mimy
Olga Novo
Nace en 1975 na aldea lucense de Vilarmao (Pobra do Brollón). Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, actualmente é profesora de lingua e literatura galegas na Universidade de Rennes, na alta Bretaña.
Colaborou en numerosos medios e publicacions literarias especializadas como Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudos galegos, Boletín Galego de Literatura o Ínsula, entre outras.
Como poeta,dáse a coñecer a través de revistas como Clave Orión, Ólisbos, Festa da palabra silenciada o Dorna. En 1996 publica o seu primeiro poemario, A teta sobre o sol (Ed. Do Dragón; 2ª ed. Letras de Cal, 1999). Con seu segundo libro, Nós nus (Xerais, 1996), é galardoada co premio Losada Diéguez de Creación. En 2001 publicase o libro de artista Magnalia (Ed. Espiral Maior), no que colabora con el tamén o poeta Juan Abeleira e apintora Alexandra Domínguez.A sua última obra poética é A cousa vermella (Espiral Maior, 2004).
A sua obra foi recollida en antoloxías como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos da nova poesía (Madrid, 2001), o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003), entre outras.
Como estudiosa da literatura publicou os libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999) e, de próxima aparición, Uxío Novoneyra. Lingua loaira.
Un dos seus poemas:
ESTA SERÁ NA MORTE
A MIÑA ÚLTIMA PALABRA:
QUÉN ME DERA SER GATA
PARA VIVIRTE SETE VECES.
Nós nus, 1997
A MIÑA OPINIÓN:
O poema pareceume moi interesante.Xa o lera fai tempo e chamoume a atención...
O COUREL
A Serra do Courel, que ocupa parte das provincias galegas de Lugo e Ourense, atravesada polo río Lor, é unha paraxe natural de incalculable beleza, que plasmou como ninguén nos seus poemas Uxío Novoneyra. Os seus cumes máis altos son Formigueiros, Montouto e Pía Paxaro, montañas moi apropiadas para realizar rutas de sendeirismo e gozar da natureza no seu estado máis agreste e vivo.
A capa vexetal do lugar, moi abundante e rica, aparece cuberta de uces e carballos, e nas zonas altas, podemos ver os bosques de aciñeiras, agranas e cerelos. Os vales están rodeados de montes de castaños. A aldeas da serra, localidades pequenas con casas de lousa, que nalgunhas ocasións comparten os pórticos, están cheas de encanto. Nesta serra aínda se poden visitar varias pallozas.
En O Courel destacan tamén devesas como a de A Rogueira, unha reserva botánica das máis fermosas e ricas de Galicia.
É obrigado facer referencia á importancia do castaño cando falamos desta paraxe natural. O seu froito foi durante moito tempo a base fundamental da alimentación dos habitantes desta zona. Era un ingrediente importante de moitas comidas como por exemplo o caldo de castañas como almorzo, castañas con touciño ou leite con castañas. Pero non só se utilizaba o froito senón toda a árbore: as follas para tapar o chan das cortes dos animais, a madeira e a flor para a producción de mel.
AS TATUAXES
O redescubrimento definitivo da tatuaxe produciuse no século XVIII grazas ao Capitán Cook e ás súas viaxes polos Mares do Sur, onde os seus mariñeiros adoptarían esta práctica fundando a tradición mariñeira de tatuarse; por iso, os primeiros tatuadores se instalaron en cidades portuarias. En 1891 Samuel O'Reilly, inspirándose nunha máquina de Thomas Edison, inventa a primeira máquina de tatuar, e a principios do século XIX xa existían estudios profesionais de tatuaxe en todas as cidades importantes do mundo. Dende entón, e aínda que a súa significación social e iconografía foi evolucionando de acordo aos movementos sociais e culturais, pódese dicir que a tatuaxe moderna non se diferencia significativamente da tatuaxe utilizada polas antigas civilizacións, sendo ambas as dúas, en esencia, unha ferramenta para a elaboración  da memoria individual e colectiva.
A TRADICIÓN É ALGO IMPORTANTE??
A min o que me preocupa é que se perda a tradición das festas.
Hai en aldeas que a xente esta deixando de facer festas porque non hai cartos ou igual porque non hai xente.
En algunhas aldéas xa deixaron de facer festas por estes motivos.Pareceme que manter a tradición é algo importante!
QUE  SERIA BOA IDEA FACER?
Pareceme que sería boa idea xuntarse cos veciños nun local ou nalgún sitio para falar sobre isto e arreglar entre todos este problema,un problema difícil de arreglar sería que a eles non lles interesáse!
É IMPORTANTE A TRADICIÓN??
Eu creo que é moi importante porque si se perde ó fin e ó cabo vaise acabar perdendo todo,coma sempre...
weno nada máis isto é todo!!
saltos no camballón
coellinho
o ronco do animal
O animal estaba roncando
aquí cheira a estrada mollada
estaba no barranco.
A segunda hora da mañá
na parte de atrás do animal cheira a bosta
sospeitei en modificar ese cheiro
fixen o que ninguén puido facer nunca.