San Marcos


zona xeográfica de A Mezquita de A Merca (Ourense )
O espazo xeográfico no que se atopa A Mezquita é unha zona rodeada dunha vexetación fermosa e dunha pasaxe abraiante. Para ver.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Imaxinación popular
A igrexa de San Pedro de A Mezquita formaba un coto que, antes da abolición dos señoríos pertencía ós condes de Monterrei.

Unha lenda conta que foi edificada polo diaño nunha noite. Tamén asegura unha tradición popular, recollida por Madoz, que antes de ser igrexa cristiá fora unha Mezquita Musulmana.
Comentarios (1) - Categoría: lendas - Publicado o 04-02-2007 01:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
San Pedro da Mezquita
A igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), antropomorfos e nun so caso unha roseta; remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa (o cordeiro mira para o Oeste, feito insólito en Galicia). Dúas imaxes velan a entrada no ángulo da cornixa e contrafortes: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita e a outra pode ser Santa Ana ou a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba amamantando aos seus lobetos e un lobo que devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con belos capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. O ábside, dividido por altas columnas, con tres ventás e canecillos na súa cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave, comunícase mediante un arco dobremente partido co abside, no que se observan columnas truncadas baixo unha bovedilla.
Nas súas proximidades, consérvanse sepulcros antropomorfos, así como un fermoso cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.
Comentarios (0) - Categoría: monumentos de interese - Publicado o 03-02-2007 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
partido
futbol

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2007 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Mezquita
A Mezquita é unha das parroquias que forman o concello de A Merca. Atópase no extremo oriental do territorio municipal.É, posiblemente, o núcleo rural mellor consevado e restaurado do concello.Como entidade parroquial conta cos seguintes pobos(de norte a sur): A Compostela,O Campo,Os Cruceiros, A Torre,O Outeiro,O Loureiro,A Nogueira,O Val e As Arcas.Todos eles pequenos ,con poucos veciños, pero moi ben comunicados e case invadidos pola vexetación que a non concentración parcelaria non esnaquizou.A Mezquita
Comentarios (0) - Categoría: núcleos rurais que o conforman - Publicado o 30-01-2007 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal