|
|
|
|
| A CARPETA VIAXEIRA |
|
 CARTA PARA AS FAMILIAS
Estimadas familias:
Somos un grupo de profesores que colaboramos co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do instituto onde estudan os seus fillos.
Pensamos nesta actividade para fomentar o uso da nosa lingua e compartir entre todos momentos de lecer.
Esta maleta poderá permanecer no seu domicilio durante unha semana para que xuntos disfruten dos diferentes temas que lles propoñemos:
Ver a película “A lingua das bolboretas”.
Reflexionar sobre o consumo racional da auga (cubrir enquisa).
Reflectir con rotuladores e cores os cambios que se observan sobre esta zona da vila de Marín (o retrato é do ano 1948).
Resolver un dos pasatempos “quen dixo que as Matemáticas son aburridas” e cubrir unha ficha.
Disfrutar da escoita dos CDs “Luar na lubre” e “Astarot”.
Recoller unha receita onde o protagonista da mesma sexa un produto do mar.
Agradecemos a vosa colaboración
Un saúdo |
|
|
|
|
| Entroido 2010 |
|
Este curso tamén quixemos rir un pouco coa celebración do entroido. Para iso aproveitamos o venres 12 de febreiro para disfrazarnos.
A mostra da participación vai nas fotos que podedes visualizar a continuación.
A novidade deste curso foi a votación popular que otorgou un 3º agasallo ao disfraz máis orixinal.
Animamos á participación en vindeiros eventos!
Recordade tamén, que "o mar", foi motivo de inspiración.
|
|
|
|
|
| Magosto 2009 |
|

Un saúdo cariñoso a todos os que colaborades para que sigamos cargados de ilusión.
Queremos compartir este día diferente e divertido con vós.
FEIRA DO LIBRO USADO
CUCAÑAS E MAGOSTO
|
|
|
|
|
| Letras Galegas 2009 |
|
O día 21 de maio todo o instituto disfrutou do festival das Letras Galegas. Para moitos de nós este é o resultado do esforzo dun curso de ensaios que os demais agradecemos enormemente.
Dende o ENDL queremos felicitar ós participantes e animar a todos a seguir coa mesma ilusión de cara ó vindeiro curso.
|
|
|
|
|
| Entroido 2009 |
|
Nestes días o Departamento de Actividades Extraescolares e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística organizamos unha vez mais a celebración do entroido.
O alumnado pudo participar nun concurso de disfraces con premios á participación individual e colectiva.
o xurado tras unha meditada deliberación fixo entrega aos participantes dos merecidos agasallos.
Tamén se repartiron refrescos. O alumnado trouxo das súas casas postres típicos como orellas e filloas que degustaron durante a festa |
|
|
|
|
| Todos/as ofrecemos as mans para a PAZ |
|
Este ano o Día da Paz pretendeu lembrarnos que PAZ non é só ausencia de guerra e que para traballar por ela non é necesario ir a outro continente; xa que no noso mundo tamén hai situacións terribles nas que poderiamos implicarnos para contribuír a facelo máis pacífico e polo tanto, máis xusto: malos tratos, acoso, violencia escolar, racismo, intolerancia, insolidariedade... Talvez non poidamos cambiar o mundo pero si podemos facer que a parte do mundo que depende de nós funcione un pouco mellor.
Este foi o motivo polo que fixemos partícipe a toda a Comunidade Educativa da importancia de unir as nosas mans nun proxecto de paz, e para que isto non quedara nun mero xesto,demos a oportunidade de plasmar por escrito as iniciativas individuais depositándoas nun buzón ubicado na entrada do centro.
|
|
|
|
|
| Un desexo, un sorriso, un biquiño, ... BO NADAL!!! |
|

|
|
|
|
|
| Felicitación de Nadal |
|
Aproveitamos estas datas para desexarvos BO NADAL e FELIZ ANINOVO. Disfrutade dos días de vacacións en compañía da vosa xente e que estas datas nos ensinen a valorar o que realmente é importante.
|
|
|
|
|
| Fotos do magosto |
|
|
|
|
|
|
| Magosto |
|
O venres día 14 levouse a cabo a nosa particular xincana.
Coido que foron colmadas todas as expectativas.
O día apareceu soleado. As tonalidades ocres características do outono decoraban o escenario. As quince probas conseguiron milleiros de sorrisos e carreiras entre os participantes.
E para rematar dicir que as castañas estaban boísimas.
Se queredes visualizar as fotos están en fotoblogoteca, magosto 2008. |
|
|
|
|
|
|
|