perez merza citi



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Elephant


Esta película esta basada no asasinato de de Colonbine (EE.UU)
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 25-02-2008 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¡viva a poesía!
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 11-02-2008 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Entrevista ao Leo


Leo é un cantautor punk e aora un poeta, publicou o seu primeiro libro chamado Hai cu.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 01-02-2008 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As escaleiras de caracol do IGI


Estas escaleiras son as escaleiras do IGI (instituto galego de información)
Diseñadas por Isaac Diaz Pardo que demostra que para que algo quede bonito non fai falta usar materiales caros.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 01-02-2008 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Non tires a poesia
Non tiras iste papel, para ti quizás que solo sea un
cacho de papel con letras sen sentido, pero estas moi equibocado. Se tiras iste papel estas tirando emocións, alegrias, tristezas, sexo...
Este poema pode facer da medico, de sipcólogo...
Este poema pode salbarche ata a tua vida
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 28-01-2008 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Galicia cadaver exquisito, de Daniel Salgado
Galicia cadáver exquisito,

verso prostituta,

país anano,

patria súa. Galicia

templo

non ardido.

Galicia investida de ocupantes.

Galicia din eles e para eles e ninguén xa di

terra

nin ostias,

o lugar muda en discurso

estarricado,

adaptable,

o lugar ido a poder,

poema fame,

provincia de couza, sitio

quieto,

Galicia que se deixa e Galicia que non quere

maiormente,

Galicia

agarrada,

estranxeira,

batalla,

escordadura.

Galicia emigra de si propia porque se trousa,

non se sabe

por que emigra de si propia,

por que se trousa

Galicia,

espacio esgazado ou vendido,

espacio náusea,

ollo destro,

Galicia

de nación de area noite

de nome estraño

de prisión

para o nacido.

Galicia caníbal abofé:

comemos porco, votamos fascio.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 25-01-2008 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
hai cu
Coñecido na faceta de cantautor punk e showman multimedia (vestido de folclórica dá vida no escenario ao proxecto Leo i Arremecághona!!!), O Leo (Matamá, 1974) estréase como poeta en Hai cu (Xerais), unha proposta que, nacida do entorno blogueiro, condensa a filosofía das pintadas dos váteres coa esencia do xénero xaponés.

Mentres hai cu hai esperanza?

Por suposto, unha das cousas que definen o ser humano é o feito igualitario de ter cu. Mentres exista todo pode cambiar.

Pero que esperanza pode vir do cu?

Ter cu significa que aínda estás vivo.

Que é para vostede o cu?

Unha escusa para falar de temas que normalmente non se abordan. Da mesma maneira que noutros séculos evitábanse determinadas temática na poesía, paréceme que aínda existe un tabú coa escatoloxía.

Será un gran coñecedor dos hai ku.

Gústame Basho e estou desexando ler os textos de Kerouac, que polo visto tiña o vicio de escribir hai ku. Parécenme unha forma literaria moi moderna, que responde ben ao ritmo de recepción do lector actual. O hai ku baséase na concentración. A xente necesita pílulas, unha administración de poesía concentrada que se lea rápido e que se poida remoer durante tempo.

O consumo coprofáxico dos seus poemas pode chegar a ser unha parafilia literaria?

Supoño que si (Risas). Co título, Hai cu, pretendía facer un xogo de palabras. Malia todo, o
libro non xira todo ao redor do escatolóxico. Admiro a Duchamp. Ten unha forza icónica definitiva na arte contemporánea. Interésame o concepto de coller o que se oculta para poñelo nun museo. Para os meus hai kus o proceso é o mesmo, tomo frases que van polo aire e colócoas nun libro.

No fondo, vostede é un ghicho de Matamá, que reivindica a lingua da súa avoa.

Por desgraza, a colonización cultural e política á que estamos sometidos ditou que aos cinco anos no colexio truncasen o meu xeito de falar. Como moitos outros nenos cando volvín da escola cheguei falando castelán. Tardei dez anos en falar algo parecido ao que se falaba na miña casa e outros dez en conseguir o ghallegho da miña avoa. A escola neste país, a pesar da lei de normalización lingüística, é unha entidade profundamente desgaleguizadora.


Esta e unha entrvista da nosa terra
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 21-01-2008 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
trailer- o perfume


A película de "O perfume" é moi boa, recomendobola, ainda que por beces faise demasiado longa.
Esta película trata sobre un home que nace co sentido do olfato demasiado desarrollado tan desarrollado que colle ambición por crear un perfume
capaz de transtornar a xente.
esta película esta basada no libro "O perfume" do escritor Suskind
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da aula - Publicado o 13-12-2007 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
manifestación antifascita


¡os policias asi tratan as persoas!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
polla record-cara de culo


Comentarios (0) - Categoría: rock - Publicado o 26-11-2007 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal