Merexo NON se vende


LUGAR DE MEREXO ( MUXIA ) PLATAFORMA DE VECIÑOS
Galicia, que xera o 85% de todo canto produce a acuicultura do estado, vai ter un novo Plan de Acuicultura, nacido co obxectivo de sentar as bases para facermos o líder mundial do sector.

Un plan contra o que se presentaron máis de mil alegacións, unha enxurrada de protestas que, fai que os veciños peleen polo seu.


Merexo está a defender o seu interés como pobo e os seus dereitos sobre a terra o querer impoñer unha planta de 270.000 m2 e eclipsar a vida dun pobo.

Encontrasme
plataformamerexo@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PLAN ACUICOLA: En MEREXO NON
A imaxe non podía ser máis impactante: todos os que hoxe percorreran o camiño que leva da Praia de Lago a Muxía ao pasar por Merexo verían centos de carteis contra a ampliación da granxa de Prodemar en Merexo, que o alcalde muxián Félix Porto defendeu nas noxas páxinas nunha recente entrevista. Nin un só poste telefónico estaba libre do seu cartel correspondente, nin unha soa parede das casas que bordeaban a carretera carecía da súa pancarta. Merexo daba hoxe a imaxe dun pobo en pe de guerra. Nin un só espacio público librábase da súa anguriante chamada de socorro.A gran maioría dos seus veciños, os cales recentemente manifestábanse en Camariñas con ocasión das xornadas celebradas na Casa de Pedra sobre acuicultura, entenden que a ampliación de Prodemar traerá consigo a destrucción física da beleza natural da parroquia muxiana, dos seus recursos naturais e de parte sustancial dos da Ría de Camariñas. Preguntado ao respecto por camarinas.eu, Rubén Faraldo director adxunto en Prodemar, deriva responsabilidades cara a Xunta de Galicia ao responder que eles "só constrúen alí onde a administración autonómica llo permite", contando ca autorización correspondente da Xunta. Os veciños, entretanto, culpan directamente ao Alcalde muxián, á conselleira de pesca e ao Presidente da Xunta Touriño. En calquer caso, en Merexo está a piques de estalar unha enconada polémica de grandes proporcións.

<b>1ª Cartel vindo de MUXia</b>
1ª Cartel vindo de MUXia
 
ACUICOLA: NON OS PIOS DE FORMIGON
ACUICOLA: NON OS PIOS DE FORMIGON
As Brañás, espacio de regadio actualmente cultivado
As Brañás, espacio de regadio actualmente cultivado
 
Merexo agora mesmo
Merexo agora mesmo
1 Comentario(s)
Merexo dende o aire
Merexo dende o aire
 
MEREXO NON quere PLAN ACUICOLA
MEREXO NON quere PLAN ACUICOLA
MEREXO NON SE VENDE, nin se deixa amedrar
MEREXO NON SE VENDE, nin se deixa amedrar
 
MEREXO: cada CASA un cartel
MEREXO: cada CASA un cartel
MUXIA-FELIX PORTO cidadán non ben recibido
MUXIA-FELIX PORTO cidadán non ben recibido
 
Plano coa extensión de terreo
Plano coa extensión de terreo
Pranta acuicola actual
Pranta acuicola actual
   

© by Abertal