Merexo NON se vende


LUGAR DE MEREXO ( MUXIA ) PLATAFORMA DE VECIÑOS
Galicia, que xera o 85% de todo canto produce a acuicultura do estado, vai ter un novo Plan de Acuicultura, nacido co obxectivo de sentar as bases para facermos o líder mundial do sector.

Un plan contra o que se presentaron máis de mil alegacións, unha enxurrada de protestas que, fai que os veciños peleen polo seu.


Merexo está a defender o seu interés como pobo e os seus dereitos sobre a terra o querer impoñer unha planta de 270.000 m2 e eclipsar a vida dun pobo.

Encontrasme
plataformamerexo@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MEREXO CONTESTA A STOLT SEA FARM

Antonio Devesa é o portavoz da plataforma veciñal contra a ampliación de Prodemar en Merexo.

Aclara que non quere que ningunha empresa marche para Marrocos. O que non a quere é na porta da casa.


-¿Como interpreta as últimas novas?-Evidencia que o plan pensado pola Xunta cada vez provoca máis rexeitamento. En Galicia e en Madrid. É moi triste que a sensibilidade teña que vir de Madrid.

-¿Que vai facer a plataforma tras o anuncio da empresa?

-Nos seguiremos nas mesmas, loitando. Non queremos unha ampliación pactada. Non queremos a planta aquí. Hai outros lugares deshabitados moito mellores que Merexo.

-¿Non hai posibilidades de acordo?

-En Merexo o que pretenden facer é uhna chapuza irreparable e nós non estamos de acordo con ela e loitaremos para que non a fagan.

-¿Cree que non se fará?


-Entendemos que a empresa tenta presionar, pero demóstrase o que defendemos: hai que darlles emplazamentos adecuados a este tipo de instalacións, e non poñelas no pobo de Merexo, onde ninguén a quere e onde chega ata as casas.
LA VOZ . Edición Carballo
Comentarios (0) - Categoría: As nosas xentes - Publicado o 28-11-2007 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal