Merexo NON se vende


LUGAR DE MEREXO ( MUXIA ) PLATAFORMA DE VECIÑOS
Galicia, que xera o 85% de todo canto produce a acuicultura do estado, vai ter un novo Plan de Acuicultura, nacido co obxectivo de sentar as bases para facermos o líder mundial do sector.

Un plan contra o que se presentaron máis de mil alegacións, unha enxurrada de protestas que, fai que os veciños peleen polo seu.


Merexo está a defender o seu interés como pobo e os seus dereitos sobre a terra o querer impoñer unha planta de 270.000 m2 e eclipsar a vida dun pobo.

Encontrasme
plataformamerexo@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NORUEGA VS MEREXO CONTRA STOLT SEA FARM
Os veciños de Merexo estudan emprender accións legais contra o director de Stolt Sexa Farm Prodemar por un posible delito de inxurias e calumnias na prensa Norueguesa.

A Plataforma Veciñal de Merexo estudamos cos nosos asesores xurídicos emprender accións legais contra o director de Stolt Sexa Farm Prodemar, Pablo García, por unhas recentes declaracións no prestixioso medio de comunicación noruegués ?NyTid? nas que nos acusa, entre outros, de ?movemento extremista? e de ?presionar aos habitantes da zona para que apoien a protesta?.

http://www.nytid.no/


O director de Stolt Sexa Farm, presume con arrogancia, prepotencia e chulería de que a planta sería un atractivo turístico máis para o pobo, desprezando así a intelixencia e capacidade de raciocinio dun ser humano normal.

Os feitos derívanse dunha información publicada na prensa de Noruega que se fixo eco da carta que lle enviamos ao rei Halard V, pedindo a mediación do monarca e póndolle en antecedentes do que a empresa, de capital noruegués, pretende facer no pobo á conta das terras e do patrimonio de Merexo.

Actitude mercenaria

Desde a Plataforma Veciñal de Merexo non podemos máis que cualificar esta actitude como unha agresión mezquina e unha provocación directa contra os veciños de Merexo e a memoria dos nosos antepasados. Os veciños de Merexo queremos deixar patente o noso rexeitamento frontal a estas acusacións e negalas taXantemente.

Estas declaracións do director xeral de Stolt Sexa Farm manifestan tamén a actitude mezquina e covarde por esconderse tras as barreiras lingüísticas e a distancia xeográfica para acusar gratuitamente e sen ningún tipo de proba a unión e o dereito do noso pobo.

Ao mesmo tempo, arroxa luz e evidencia a conduta do Sr. Pablo García que mentres aquí se mostra publicamente como cordeiro degolado, sempre utilizou condutas tiranas para conseguir os seus fins desprezando aos veciños e ao pobo no que se asenta Stolt Sexa Farm desde fai máis de 20 anos.

Unha actitude que ataca á sociedade galega

Por todo iso, pedimos a mediación inmediata e amparo público tanto do concello de Muxía como da Xunta de Galicia para defender os intereses e a imaxe de Merexo e da Costa da Morte ante a arrogancia do director de Stolt Sexa Farm, que non só pretende usurpar o patrimonio e as terras de Merexo, senón que ademais presume diso en Noruega, país de onde procede a compañía.

Entendemos que só habendo sido enganadas e cameladas ambas as institucións, a Xunta de Galicia puido sacar adiante as autorizacións para que este empresa leve por diante o pobo de Merexo e outros pobos da costa de Galicia para entregarllo a uns señores que non merecen a máis mínima concesión.



XORNAL NYTID NORUEGUES
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
COMUNICADO A FAMILIA REAL NORUEGUESA DA PVM

A PLATAFORMA VECIÑAL DE MEREXO DENUNCIA ANTE O REI DE NORUEGA E O DUQUE DE LUXEMBURGO AS PRETENSIONS DE STOLT SEA FARM DE DESTRUIR O POBO

A Plataforma Veciñal de Merexo ven de remitir dúas cartas, á Casa Real Norueguesa e ó Gran Ducado de Luxemburgo, nas que solicita a mediación dos máximos responsables de ambas institucións, onde o Grupo Stolt Nielsen ten rexistro, co fin de que medien coa dirección do Grupo Stol Sea Farm e parar así a desfeita que a súa filial Prodemar pretende realizar no noso pobo.


Stolt Sea Farm-Prodemar pretende, co beneplácito do Plan de Acuicultura da Xunta de Galicia a expropiación de 270.000 metros cadrados fronte o mar e as casas de Merexo para levantar unha macrogranxa de rodaballos, mentras os veciños cremos que non é o lugar axeitado para este tipo de instalación.


A Plataforma Veciñal de Merexo, denuncia mediante estas misivas ante o monarca noruegués, a súa maxestade Harald V, e o Gran Duque de Luxemburgo, Enrique I von Nassau-Weilburg & Bourbon-Parma, a situación na que quedaría o noso pobo se a empresa Stolt Sea Farm comete este atentado social e patrimonial contra Merexo, un pobo que conta coas súas raíces datadas na época do imperio romano.


Esta iniciativa é un paso máis na nosa loita por manter un mínimo de cordura respecto dun plan acuícola feito sen cabeza, sen sensibilidade e sen o máis mínimo escrúpulo co esforzo e a historia de Merexo e dos seus habitantes.

Desde a PVM confiamos en que estas misivas surtan o seu efecto e lamentamos unha vez máis ter que tomar este tipo de medidas, agora de ámbito internacional, sendo conscientes de que poidan xerar un desencontro de carácter diplomático. Ainda así, non imos parar, tanto polo desprezo amosado pola Xunta de Galicia coma polo dereito que nos asiste en defender o que foi dos nosos pais e debe seguir sendo dos nosos fillos. Toda vez que consideramos que hai lugares nos máis de 1.700 km de costa que ten Galicia para asentar este proxecto sen necesidade de vir desfacer un dos pobos máis senlleiros da Costa da Morte no corazón da ría de Camariñas e Muxía.
Comentarios (0) - Categoría: O PLAN nos medios - Publicado o 31-10-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ZOA CERO- ZOA DA CATASTROFE

Podedes observar a zoa da catástrofe que se quere producir por parte da Administración autonómica da Xunta de Galicia.

O lugar de Merexo, pretende ser todo en sí un GRAN PARQUE ACUICOLA, similar o que xa teñen os veciños de Camariñas no Cabo Vilán.

¿ De qué nos val que nos deixen as casas, se nos quitan o acceso o mar ?

¿ Para que nos permiten vivir ? ¿ Para ver esto?

Estades equivocados


Ver mapa más grande target=_blank class=tEnlac>Premer aquí para ver situación actual da nosa aldea

O de Camariñas aquí non vai suceder. Tédeo por seguro.
Comentarios (0) - Categoría: Chapapote - Publicado o 26-09-2008 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PP- BNG ( BALSEIRO- LOBEIRA ): ¡¡ VERDADE OU MENTIRA ¡¡
sIN COMENTARIOSEl PP asegura que el BNG se opuso a retirar los parques más polémicos de la Costa da Morte


El portavoz de pesca en el grupo parlamentario popular, José Manuel Balseiro, matizó a través de una nota las declaraciones efectuadas por el diputado nacionalista Bieito Lobeira sobre el plan acuícola.


Los populares recuerdan que «nos recentes debates celebrados no Parlamento en relación co plano acuícola do Goberno bipartito, o BNG apoiou sistematicamente ao PSOE en defensa dese documento».

El portavoz popular realizó la aclaración «despois de que o deputado nacionalista Bieito Lobeira cuestionase onte na Costa da Morte a ubicación dos parques acuícolas previstos para aquela comarca».


El PP asegura que «Bieito Lobeira volveu incorrer nas súas xa habituais contradicións, ao afirmar unha cousa nos debates parlamentarios e argumentar o contrario na rúa» y añade que la realidad es que «na interperlación promovida polo PPdeG que se debateu no pleno da pasada semana, Bieito Lobeira pechou filas coa conselleira socialista, á que onte volveu atacar publicamente».


Además, Manuel Balseiro recuerda que «tanto Bieiro Lobeira como os demais deputados nacionalistas votaron en contra dunha proposición de lei, debatida o pasado 5 de maio para instar á Xunta a retirar do plan acuícola a planta de acuicultura prevista en Seiruga».

Además añaden que «BNG e PSOE rexeitaron, unha por unha, as demais iniciativas nas que o PPdeG pedía a supresión dos restantes parques acuícolas cuestionados».


José Manuel Balseiro asegura que o BNG terá ocasión de mudar de postura no pleno previsto para a próxima semana e no que o PPdeG defenderá unha moción para instar á Xunta a retirar do plan de acuicultura as catro plantas que teñen suscitado o maior rexeitamento social e concentran un elevado volume de alegacións de particulares e colectivos» y que son las de Seigura, Xandriña, Merexo y Laxe Brava.
LA VOZ DE GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: Chapapote - Publicado o 18-09-2008 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AMPLIACION ACUICOLA EN CABO VILAN: APROBADO ¡¡¡¡
Mira qué bonito queda agora ¡¡¡¡
Pesca permite ampliar la planta de Vilán al margen del plan acuícola
Touriño puso las instalaciones como ejemplo de impacto medioambiental y paisajístico


Autor: Cristina Viu

El plan acuícola que el Consello de la Xunta aprobó el pasado 28 de agosto tiene dos añadidos que son fundamentales para la Costa da Morte.

El Gobierno gallego decidió de forma oficial dejar sin efecto el proyecto sectorial para instalar una granja acuícola en Touriñán por parte de Pescanova y levantar la suspensión para tramitar la ampliación de la granja de cabo Vilán.

La empresa noruega Stolt Sea Farm lleva intentando conseguir más espacio desde finales del 2005.

En febrero del año siguiente vino el primer rechazo, que había mantenido hasta ahora. La Xunta no ha dado ninguna explicación a su cambio de actitud.

El proyecto apenas ha tenido publicidad, al contrario de lo ocurrido con la desestimación del plan para Touriñán.

De hecho, fue el propio presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, el que utilizó una imagen de Vilán para mostrar el impacto ambiental que había provocado la piscifactoría, y para convencer a la oposición de la necesidad de preservar el cabo muxián.

Ocurrió en un debate parlamentario en mayo del 2006.

La paralización del plan sobre los parques de tecnología alimentaria fue el principal asunto de los que se abordaron en la sesión de control.

El asunto ya fue polémico antes. El PSOE de Camariñas se dividió por este asunto en febrero de 2006 y la licencia no llegó también porque el Gobierno gallego suspendió la tramitación el 22 de junio de 2006.
LA VOZ DE GALICIA
EL CORREO GALLEGO
Comentarios (0) - Categoría: Chapapote - Publicado o 18-09-2008 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal