Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

IMONOS DE VACACIONS



Bueno en realidade non nos imos mover da casa, pero temos moito encima, documental, libro, exposicion, e para non quedarnos atras un cambio de casa. Cando estemos instalados invitaremos a unhos pinchiños para que sepades donde estamos e que a nosa casa tamen e a vosa.

A subida de hoxe e:

A RETRATARSE 3

AS FESTAS 1

OS AMIGOS 1

OUTRAS FORMAS OUTRAS VIDAS 3

PARROQUIA 1

RECURSOS E TRABALLOS 1

VIDA SOCIAL 2

Feliz verano non vos esquenzades do Faiado, temos que ir a escanear a Pontecesures, necesitamos mais imaxenes, moitas moitisimas. Necesitamos pasar un bo veran, non pensar no Pais que temos, no paro...etc

A disfrutar hasta dentro de un mes, sede felices

Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-07-2012 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xa sabedes que toca relax

Aquí estamos de novo. Damos gracias ao ventilador Taurus Llevant 12" por manternos con vida baixo esta calor que nos oprime.

Pese a todo logramos sacar adiante unha pequena subida que permite manter actualizado este noso-voso blog.

Son doce novas fotografías que están espalladas polas seguintes Galerías:

ASÍ ÉRAMOS (4)

DEPORTES (2)

NON ESQUENCEMOS (2)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (2)

RECURSOS E TRABALLOS (1)

VIDA SOCIAL (1)

Xa está, curto pero intenso. Voulle dar un pouco mais de potencia ao ventilador... FRASSSSSH!!... Mecachislá, a potencia levoume as follas do procesador de texto polo aire. E igual. disfrutade do blog e do verán mentras recollo este estropicio.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 21-07-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA SUBIDA


Os do Faiado somos humanos (polo menos as veces), temos moito traballo (sempre decimos o mesmo) e só somos dous. Con esto queremos decir que no verán en cuestións de subidas ao blog (nos dous pobos dos nosos amores, Pontecesures e Vilagarcía) ímolo a tomar con tranquilidade, non extrañe a nadie que unha semana non haia subida.

Xa chegará o inverno para o orden e a rutina (se estes facedores de crisis nos permiten estar vivos para aquela).

Hoxe temos unhas cantas fotografías nas seguintes Galerías:

AS FAMILIAS (2)

NA ESCOLA (1)

OS AMIGOS (4)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (1)


Disfrutalas coa tranquilidade e o amor necesario.
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 16-07-2012 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
MONTAXE AUDIOVISUAL DA PRAZUELA

Aquí está a montaxe audiovisual que proxectamos na Prazuela da vila co motivo das festas do Carme.

Trinta e cinco minutos de memoria gráfica de Pontecesures que naquel día, baixo a lúa, encheu de emocións a xente que estivo alí presente.

Agora é parte de todos e todas vos.

Disfrutade.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS 404 FOTOGRAFIAS


Declarámonos culpables de non adicarlle moito tempo a recollida de imáxenes nos últimos tres meses, non temos demasiado tempo, estamos rematando o documental de Vilagarcía, e somos moi pouquiños para tanta chea.

Pero xa hai 404 fotografías instaladas neste blog nas distintas Galerías. Loxicamente, hai moitas mais no arquivo e, pouco a pouco, van subindo a este espazo de Memoria colectiva.

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

Así Éramos (1)

Os Amigos (3)

Recursos e Traballos (2)

Familia (2)

Outras Formas, Outras Vidas
(1)

Cando teñamos un ratiño subiremos o blog a montaxe fotográfica adicado a vosa memoria que onte, sábado 30 de xuño, proxectamos na prazuela.

Gracias por vir, graciñas polos piropos, polas cousas bonitas que nos decides. Estamos satisfeitos pola forma en que vos sentides e nos sentimos parte importante dun proxecto común.

Esperamos que a xente que non donou o faga. Na parte esquerda do blog está o noso correo donde podedes contactar con nos.

GRACIÑAS

Agora disfrutade (de todo)
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 01-07-2012 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal