Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

COMENZAMOS A ANDAINA


Queridos Amigos e Amigas, comenzamos, neste remate de xullo de 2011, a andaina de O Faiado da Memoria de Pontecesures. Gracias a colaboración do Concello de Pontecesures, especialmente de Roque Araujo, puxémonos a realizar os primeiros que nos han de levar a formar un bó arquivo fotografico e visual do concello e que estará accesible a todos os que o soliciten.

Nesta primeira subida, fruto desas primeiras donacións, abrimos con 63 fotografías divididas en 10 Galerías.

Pinchando en cada título, con cor granate, levaranos directamente ao comenzo onde se atopa a primeira fotografía nas novas engadidas (neste caso ao comenzo de todo ao ser as primeiras de cada galería). Entre paréntesis están o número de fotografías que se suben en cada Galería.

Estas son as Galerías que se estrean:

A retratarse
(8)

As familias (6)

As festas (14)

Así éramos (13)

Deportes (1)

Non esquencemos (1)

Os amigos (8)

Outras formas, outras vidas (3)

Recursos e traballos (5)

Vida Social (4)

Queremos agradecer aquí aos primeiros donantes que nos permiten dalo primeiro paso deste arquivo.

Agora solo esperamos que moitos mais, tanto do propio pobo como dos que se atopen fora, se sumen as donacións de memoria, neste caso, gráfica.

Tamén esperamos polos comentarios que nos permitiran, por un lado coñecer mais do que hai nesa foto e do que hai detrás dela e por outro que o que nos evoque a mesma.

Gracias a todos e todas e comenzar a disfrutar vendo esta primeira subida da vida deste novo espacio.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-07-2011 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO DE VISITAS

Este espazo ven a ser un libro de visitas nos que podemos deixar as nosas impresións, suxerencias, indicacións, avisos, desexos de coñecer a alguén, etc, e que non fagan referencia a foto algunha.

E un lugar para a conectividade e a comunicación, de vos con nos e entre vos mesmos.

Loxicamente, todo tipo de críticas para a mellora deste blog é moi ben aceptada pero borrarase calqueira tipo de comentario de tipo ofensivo hacia calqueira persona ou entidade.

Lembrar que sempre temos aberto o noso correo de contacto, memoriapontecesures@gmail.com, para calqueira envío ou solicitude que non queirades facer público.

Gracias pola vosa atención.
Comentarios (1) - Categoría: Libro de Visitas - Publicado o 29-07-2011 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
ESTAMOS CONSTRUINDO Ó FUTURO

Partindo da idea inicial de O Faiado da Memoria de abrir un espazo en cada lugar, abrimos esta oficina do pobo amigo de Pontecesures.

Nel, e coa aportación que vaiades realizando a partires de agora, iremos creando este novo arquivo que esperemos que pronto chegue a ter a profundidade, calidade e cantidade que a de Vilagarcía de Arousa.

Estamos en construcción, colocando as cimentacións precisas para darlle consistencia a este proxecto.

Esperamos, pronto, en subir as primeiras Galerías fotográficas.

Permanecede atentos e atentas a pantalla.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2011 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal