| Lugar para o encontro e a lembranza. |
|
Coa colaboración do Concello de Pontecesures, o Faiado da Memoria abre un novo espazo adicado a percura do material gráfico desta vila.
A forma de participación é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.
Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.
Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí se vai subindo.
|
|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| CARTEL DE AVISO |
|

O sábado, día 30 de xuño, proxectaremos outra montaxe audiovisual sobre Pontecesures e a súa xente. Coincide coas festas do Carme e será na Plazuela a partir das dez e media da noite, nese momento en que o sol vaise a durmir e que esperamos que non chova nin faga vento. Se fose así buscaríamos alternativas. Tamen esperamos que vaiades todos os do pobo, sin faltar os nosos colaboradores e donantes.
Outra cousa, pensamos levar, para vender, algúns dos nosos documentais, creados por Antonio Caeiro, entre eles Aillados, A Memoria Nos Tempos do Wolfram, Arde Madrid e Esta Noite, Velada. Levámolos para aqueles que sempre nos preguntades polos traballos feitos e rematados. Tamén os levamos porque a cultura sin duda e a mais castigada pola crisis, e nos estamos ahí e precisamos de vivir e coa venda dos traballos vamos sacando algo.
NON FALTEDES
Hoxe a subida está nas seguintes Galerías:
AS FAMILIAS (2)
AS FESTAS (3)
OS AMIGOS (3)
VIDA SOCIAL (2)
GRACIÑAS POR ESTAR AHI
Disfrutade e compartir. |
|
|
|
|
| O dia 30 de Xuño...vemonos |
|
 Pois na Praza da igrexa de Pontecesures (si chove buscaremos outro sitio)proxectaremos un traballo do Faiado da Memoria sobor Pontecesures e a sua Xente. Contaremos ca colaboura do concello, a hora sera cando se poña o sol, arredor das dez e media da noite, pero iremos concretando a medida que pasen os dias. Non deberiades perdelo, pero eso tendes que decidilo vos, as veces as emocions fortes hai que saber encauzalas.
A subida de hoxe:
A RETRATARSE 2
ASI ERAMOS 1
NA ESCOLA 1
OS AMIGOS 1
VIDA SOCIAL 2
Xa nos vemos |
|
|
|
|
| Cando veña o bo tempo |
|
 No verán noite clara, cálida, nunha vila chea de xente, voltaremos a facer unha nova homenaxe fotográfica, esta vez ao aire libre. Homenaxe de memoria ao noso pobo. Xa contaremos, pero si quedan fotos nos caixóns... non o dubidedes e nos dades unha chamadiña (ou mesmo as levades ao concello onde se escanearan e vos serán prontamente devoltas).
A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:
A RETRATARSE (1)
AS FAMILIAS (3)
AS FESTAS (1)
ASÍ ÉRAMOS (1)
NA ESCOLA (1)
OS AMIGOS (1)
OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (1)
RECURSOS E TRABALLOS (1)
VIDA SOCIAL (1)
E agora a disfrutar, xa que o tempo acompaña, destas novas fotografías. Fotografías que piden que se lles faga algún comentario. Pobres. Non queren ficar soas, sen que ninguén fale delas. |
|
|
|
|
| Unha chea |
|
 Bueno, deberíades estar orgullosos da vosa xente, supoñemos que xa o estades, pero os do Faiado temos que decir que Pontecesures é un pobo de memoria, de moita memoria. Hai cabezas como arquivos rodantes e, ademais, participativos e colaboradores. Estamos encantados de atoparos.
A subida de hoxe está colocada nas seguintes Galerías:
As Familias (1)
A Retratarse (1)
As Festas (2)
Así Éramos (1)
Vida Social (1)
A disfrutar e hasta a semán que ven. |
|
|
|
|
|
|