| Lugar para o encontro e a lembranza. |
|
Coa colaboración do Concello de Pontecesures, o Faiado da Memoria abre un novo espazo adicado a percura do material gráfico desta vila.
A forma de participación é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.
Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.
Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí se vai subindo.
|
|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Crearon un Casino |
|
 A subida de hoxe pensamos que vale a pena (A verdade e que sempre vale a pena)En Asi Eramos poñemos unha foto do Casino de Artesanos de Pontecesures de principios dos trinta. Xa vedes por vos mesmos que hai moita xente, fijadevos ben e a ver si identificamos persoas. Non todos os pobos contaban con xente que poñia andar un casino de traballadores artesans...¡PRECIOSO!
A subida de hoxe e:
A Retratarse 2
As Familias 3
As Festas 1
Asi Eramos 2
Os Amigos 2
Recursos e traballos 1
Que participedes e fagades memoria
|
|
|
|
|
| Entre todos seremos capaces |
|
 Seremos capaces de levar adiante este proxecto do Faiado da Memoria en Pontecesures, o que pasa e que os do Faiado somos dous, e eso nótase.
Estamos a facer o documental, como xa sabedes, estreamos outro na capital do país esta semana. Non é só os documentais... son as xestións, o quedar coa xente... en fin xa sabedes.
Pero ainda así, ahí vai unha subida nas seguintes Galerías:
As Familias (1)
As Festas (1)
Así Éramos (2)
Os Amigos (4)
Vida Social (1)
Calquer día nos vemos, de momento DISFRUTADE e COMPARTIR.
|
|
|
|
|
| A prepararse para a Feira do Automobil |
|

Hoxe facemos unha subida pequeniña, temos as maletas na porta da casa, imos saindo para Madrid, alí, o martes dezasete as seis e media da tarde, na biblioteca da Universidade Complutense na calle Noviciados número 3, proxectamos e estreamos o documental de Antonio sobre os nenos que viviron a guerra civil na capital. O documental chámase "Arde Madrid", quedades todos e todas invitados a proxeccion.
De momento a súbida está colocada nas Galerías:
AS FAMILIAS (1)
ASÍ ÉRAMOS (2)
OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (3)
VIDA SOCIAL (2)
Agora a Disfrutar revisando a Memoria. |
|
|
|
|
| O noso homenaxe a Carlos Bóveda |
|
 Despois de traballar para "cerámicas Celta", o artista Carlos Bóveda (segundo pola esquerda) sae para Arxentina, a súa segunda patria. Un novo exiliado-emigrante deste noso país.
Volve a esta terra para morrer e descansalo seu corpo fatigado nunha terra nai.
Hoxe, ao non poder facelo doutra maneira, rendímoslle deste este noso/voso blog, un sinxelo homenaxe.
E aproveitamos para facer unha nova subida. Neste caso van a ser 12 fotografías que están nas seguintes Galerías:
Deportes (1)
Na escola (1)
Vida social (2)
Os amigos (1)
Así éramos (1)
Non esquencemos (1)
Outras formas, outras vidas (1)
A retratarse (3)
Recursos e traballos (1)
Agora disfrutade. |
|
|
|
|
| Rematada a Lamprea |
|
 Agora seguiran outras festas e tradicións como a Feira do Automovil. Se alguén ten fotos das anteriores (especialmente das primeiras, claro) e queren colaborar que non dubiden en chamarnos e coas mesmas abriríamos unha sección nova so coa Feira.
Hoxe facemos unha subida de dez fotografías nas seguintes Galerías:
A RETRATARSE (2)
ASÍ ÉRAMOS (1)
DEPORTES (1)
NA ESCOLA (1)
PARROQUIA (2)
RECURSOS E TRABALLOS (1)
VIDA SOCIAL (2)
Non vos preocupades si tardamos algunhas veces, sempre voltamos.
Agora a disfrutar. |
|
|
|
|
|
|