Lugar para o encontro e a lembranza.
Coa colaboración do Concello de Pontecesures, o Faiado da Memoria abre un novo espazo adicado a percura do material gráfico desta vila.

A forma de participación é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí se vai subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

O AVÓ DE MARISEL


O DÍA DA BANDEIRA

Moitas veces os humanos necesitamos amosar públicamente que descendemos dunhas persoas das que nos podemos sentir orgullosos por formar parte da nosa historia persoal e colectiva e que temos unhas raíces. É por todo iso que quixera expresar a través destas poucas liñas o simbolismo desta bandeira, cousa que eu non chegaba a entender de todo debido á miña curta idade , pero que co paso dos anos sei valorar doutro xeito. E agora, que estamos a piques de que se cumpran os cen anos da súa chegada , é polo que eu me decidín a contar o que ven a continuación:

Mamá, vouche dar unha alegría! Mira o que teño aquí!

Así se expresaba o meu fillo Daniel cando chegou á casa todo cheo de razón polo descubrimento desta anécdota xornalística.
Pois tiña motivos para estalo; porque ademáis de darme unha enorme alegría foi tamén unha grande sorpresa xa que gracias a el puido che-gar ás miñas mans algo para que para min é moi entrañable.
Tratábase dun artigo publicado no xornal LA NOCHE o sábado 1 de setembro do ano 1.956 e que asinaba o meu pai, Bernardino LLerena Magariños, co seguinte titular:

“HISTORIA DE UNA BANDERA, LA REGALADA POR LOS CESUREÑOS DE LA HABANA A LA LIGA AMIGOS DEL CARMEN”

E que, se botamos unha ollada atrás no tempo, nos contaba desta maneira:
“Aquel primer domingo de septiembre del año 1.912, los cesureños quedaron gratamente sorprendidos al observar en la procesión de la Virgen del Carmen un nuevo estandarte; una magnífica bandera blanca con franja azul. En una de sus caras un escudo con un puente de tres arcos, castillos en los extremos y cruz al medio. Rodeando al escudo la leyenda: Los cesurenses en La Habana a la Liga Amigos del Carmen. Año 1.912.Al reverso el escudo del Carmelo.
La citada bandera fue traída a España por el presidente de la Socie-dad Hijos de Puentecesures en La Habana y apoderado del Muy Ilus-tre Centro Gallego, don José Llerena Braña, donada por los cesureños residentes en la Perla de Las Antillas. Bendecida por Fray Cortés, natural del Porto y apadrinada por la Srta. Consuelo Temperán, de San Julián y por don don Gerardo Magán Magariños de Rúa Nova.
En el acta de donación, suenan los nombres de Bandín, Carrera, Mosquera, Abalo y Llerena , los mismos que más tarde hicieron el donativo para la adquisición del gabinete de Física y Química de la Escuela Graduada, acreditando en lejanas tierras su amor a la patria chica y su devoción a la Virgen del Carmen.

Ya no son jóvenes los que recuerdan el acontecimiento de la llegada de tan bella insignia, como también peinan ya canas los que no han ol-vidado el esplendor con que se celebraban unas fiestas famosas en to -da la comarca ullanesa.

En aquellos años era tanta la devoción a la Virgen del Carmen que el primer domingo de septiembre de cada año, significaba un gran acontecimiento y, allende los mares, después de una misa solemne, el acostumbrado ágape donde se recordaba con nostalgia y cariño el lejano pueblo, y donde con rememoración más de unas pupilas se humedecían, aquí sonaban con ecos de caracolas y costeiras salobres
los apodos de aquellos bondadosos patrones de la flota de dornas y mecos con fondeadero en el remanso de la Cova, en descanso bien ganado y en honor a lal excelsa Patrona de los Marineros, las tripulaciones de Rabuxe, Manteiga, Miúco, Juan, Moro, Carballo,
Miguelón, etc.estallaban en entusiasmo y alegría. La dura vida del Balo y el constante peligro mantenían viva la devoción a la Madre Celestial, cuyo nombre acudía a los labios en los momentos críticos, cuando la tragedia se cernía sobre las débiles embarcaciones.
Asociado al recuerdo de pasados esplendores acude aquel patrón cesureño, curtido por todos los mares, habiendo naufragado en una travesía a America del Sur, pudo contar la aventura después de permanecer varios días a expensas de un madero en pleno Océano Atlántico. En la procesión del Carmen, descalzo y vestido con ropas de agua, iba debajo de la imagen en prueba de acción de gracias a la que por su providencial ayuda salvara la vida.

La fenecida Liga desapareció sin pena ni gloria, contaba en su nómina con lo más selecto del pueblo. La industria, el comercio y marineros colaboraban con entusiasmo para dar realce a estas fiestas que no han desaparecido totalmente gracias a la encomiática labor del Municipio, muy pobremente ayudado por quienes tienen la obligación de hacerlo ampliamente.

A los jóvenes toca trabajar como hicieron sus padres, para devolver a Puentecesures el antiguo auge de unas fiestas que a todos alcanzan por igual y no estaría de más que el gremio de marineros , hoy bastan-te más numeroso que antaño- por la cantidad de transporte fluvial que existe- hiciera revivir la Liga o Cofradía del Carmen, y ante la modes-ta petición de estas mal hilvanadas líneas repetiremos lo que cantó aquel hijo de esta tierra, hoy desaparecido:

Virxen Santa d´o Carmelo
Vos o podedes remediar
Dándolles Fe e diñeiro
A´os que desean xa
Verte querida e honrada
E diante d´o teu altar
De rodillas a´os teus pés
Darche as gracias e rezar.

É este un anaco dun poema escrito por José Llerena Braña e que pertenece ao seu libro RECORDOS DA ALDEA , publicado na Habana alá polos anos vinte.

A bandeira á que se refire este artigo xornalístico saía dende 1.912 en procesión dende a casa dos meus avós en Portarraxoi e que ,logo de ser derrubada para construir a circunvalación, se construiu na entrada do Rial, onde era recollida por un grupo de mariñeiros uniformados e , acompañada por unha banda de música, chegaba ata a Igrexa Parroquial para logo percorrer o peirao de Pontecesures xunto coa imaxen da Virxe do Carme, mentres os valeiros lle rendían homenaxe cun abundante disparo de bombas de palenque.


Por todo isto, o lugar de paso que hai entre Portarraxoi e o Rial, por onde se dirixe o desfile mariñeiro , leva o nome de Travesía da ban- deira.

Unha vez rematada a procesión procédese a levar de novo a bandeira aos seus depositarios e que na actualidade custodia Marcial Villamarín Llerena, un descendente de José Llerena Braña.

A partires de 1.968, esta festa ten lugar o primeiro domingo de xullo e, actualmente, por motivos de conservación da bandeira,esta foi sus- tituida na procesión por outra similar, quedando a orixinal presidindo dende o ano 2.000 o Salón de Plenos , co gallo do 75 aniversario da constitución do Concello de Pontecesures.

A parte de todo o anteriormente mencionado, quixera que tamén ser-vise de pequena homenaxe a todos aqueles que tiveron que emigrar e que dende terras lonxanas demostraban o seu amor á terra que os veu nacer, á que algún día agardaban voltar. Moitos non o lograron e nunca máis regresaron xunto a aqueles que con tanta dor se viron obrigados a deixar atrás.

E como conclusión, sería desexable que estas tradicionais festas do Carmen volvan a selo orgullo de tódolos cesureños, pois gardan sím-bolos e tradicións moi importantes que nunca se deberían de esquecer e confiemos en conservar para as vindeiras xeneracións, tal coma nós as temos recibido dos nosos antergos.

MARÍA SEGUNDA LLERENA ORGAZ
REDONDO- PONTECESURES


Aproveitamos esta introdución sobre a bandeira do Carmelo para dalas gracias polo recibiento realizado o pasado sábado, 24 de marzo, no Centro Social para tratar de identificar algunhas das fotografías que xa temos no arquivo.

Tamén anunciamos unha nova subida nas Galerías de:

A Diáspora
(3)

A Retratarse (5)

Na escola
(2)

Os Amigos (2)

Vida Social (1)

Agora só tedes que disfrutar tranquilamente e xa nos volveremos a ver moi pronto.
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 26-03-2012 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
XA VAI A SELA HORA


Lembrade que hoxe, sábado, 24 de marzo, as seis e media da tarde vémonos no Centro Social de Pontecesures. É importante que veñades todos e todas, sería bo que non quedase ningunha foto por identificar... ou o que se poida, xa que son moitas e non creo que de tepo para ver todas.

Tamén levaremos o noso escaner por si alguén quere donar mais fotos, xa as levaría de volta para a súa casa.

Estamos moi contentos pola vosa forma de apoiar o noso proxecto, os pobos os fan a xente cos seus comportamentos, e Pontecesures merece moitisimo mais do que ten porque a sua xente merece a pena, de verdade.

Hasta pola tardiña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
DE HOXE NUNHA SEMANA... VÉMONOS


Penúltimo sábado do mes de marzo. O seguinte, día 24, verémonos no Centro Social para poder disfrutar identificando fotografías.

Pero mentras tanto vamos a facer unha nova subida.

Estas van a estar colocadas nas seguintes Galerías:

As familias (6)

Así éramos
(3)

As festas (1)

Outras formas, outras vidas (1)

Recursos e traballos
(1)

Agora DISFRUTADE e contamos con vos para o sábado.
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 17-03-2012 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
PRONTO NOS VEREMOS
O sábado, día 24 de marzo, o Faiado volve ao Centro Social de Pontecesures a intentar recoñecer as fotos que temos sin identificar.

Temos, entre todos, que intentalo, as nosas familias, as nosas xentes, tiveron unha vida, enseñáronnos o camiño, por iso non podemos nin debemos esquencelos.

Tódalas súas imaxes teñen nome, e imos ser capaces de colocarllo.

A subida de hoxe está colocada nas seguintes Galerías:

Asi éramos (2)

Parroquias (1)

A Diáspora (2)

Na Escola (2)

Non esquencer, vémonos dentro de dúas semanas, e si queredes levar fotos, estupendo, xa que levaremos un escaner para poder copialas alí e que as levedes de volta no momento.

Disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 12-03-2012 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
FALTAN DEZAOITO DÍAS


Son dezaoito días para que os do Faiado cheguemos de novo a Pontecesures e que nos axudedes, nos botedes unha man, para identificar caras, lugares e hasta cheiros. Será o día 24, supostamente, no Centro Social.

Hoxe fixemos unha pequena subida de seis fotografías:

Asi éramos
(1)

Outras Formas, Outras Vidas (1)

As Festas (1)

Os Amigos (2)

Recursos e Traballos (1)

Disfrutade e contarllo os vosos amigos, é unha forma de ser máis.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 06-03-2012 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal