Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

BÚSCASE FAMILIA EN PONTECESURES, VALGA, A ESTRADA

Estimados amigos e amigas, desde fai un tempo daríavos conta de que este blog non se actualiza tal como se facía. Razóns que non veñen a conto, fíxonos ter que abandonar este proxecto que estaba a comenzar a voar.

Pero hete aquí que te chega unha noticia e a tes que por para que a xente se poida atopar, unha das características que queríamos darlle ao blog: un lugar de encontro e de memoria.

Chéganos pois esta carta desde Arxentina, cunha fotografía, e non podemos deixar de publicala e darlle unha nova vida ao blog, polo menos por esta causa.

O correo é o seguinte:

Es con mi mayor felicidad que envio este mensaje deseando encontrar en Pontecesures no solo mis raíces familiares como así también establecer mi futuro hogar. Soy Maria Alejandra Castro nieta de Manuel Castro Cajaraville nacido el 24 de Enero de 1900, hijo de Manuel Castro Abalo natural de San Julian de Requeijo, Valga calle La Toja y de Manuela Cajaraville Barreiro natural de San Miguel de Barcala, La Estrada.

Tatarabuelos por parte de Manuel Castro Abalo: Manuel Castro y Maria Abalo esta natural de Santa Cristina de Campana, Valga.

Tatarabuelos por parte de Manuela Cajaraville Barreiro: Ramon Cajaraville y Maria Barreiro natural de San Miguel de Barcala.


Así que xa o sabedes, amigos e amigas. Si sabedes dalgunha información que poidades dar non vos privedes de deixala aquí mesmo, en forma de comentario, ou ben un correo electrónico a memoriapontecesures@gmail.com.

Gracias por colaborar, disfrutar e compartir.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2014 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal