| Lugar para o encontro e a lembranza. |
|
Coa colaboración do Concello de Pontecesures, o Faiado da Memoria abre un novo espazo adicado a percura do material gráfico desta vila.
A forma de participación é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.
Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.
Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí se vai subindo.
|
|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Aos poucos |
|
 Pouco a pouco imos facendo blog, notamos que nos falla información, a verdade é que o traballo no nos deixa un pouco de respiro para visitaros. A finais de Marzo prepararemos un encontro para entre todos poñerlle nomes as fotografías. Non falledes xa avisaremos o día.
Polo de momento vamos a subir unhas fotos as seguintes Galerías:
As Familias (1)
As Festas (2)
Na Escola (2)
Parroquia (2)
Recursos e Traballos (2)
Que disfrutedes e teñades unha boa semana.
|
|
|
|
|
| Subida semanal |
|

Unha nova subida as Galerías do blog. Neste caso son nove fotografías repartidas en:
vida social (4)
os amigos (2)
a retratarse (3)
Tamén comentaros que o vindeiro 24 de Marzo, sábado, faremos un novo pase no centro social que servirá, a diferencia do pasado xaneiro, para identificar boa parte das fotografías que temos no arquivo. Pero xa vos iremos avisando.
Agora deixámosvos para que disfrutedes con esta nova subida.
|
|
|
|
|
| A NOSA XENTE |
|

Un novo fin de semana, unha novasubida ao blog.
Nestes días estamos un tanto liados intentando unir os cabos do documental que estamos a realizar que, ainda que non trata de Pontecesures, o toca tanxencialmente xa que unha das partes ten que ver coas madereiras cesureñas. Por iso non podemos subir nin escanear coa velocidade que desearíamos. Pero non o deixamos a nosa laboura e aquí están unhas novas fotos nestas Galerías:
Así éramos (1)
Deportes (1)
Recursos e traballos (2)
Vida social (1) |
|
|
|
|
| Tempos Pasados |
|

Un novo fin de semana, unha nova subida.
Este blog de Memoria está crecendo. Pouco a pouco, gota a gota, vamos enchendo este espazo para lembrar.
As fotos que nos van chegando, ben a través do que vades deixando no Concello ou de internet, vanse subindo as súas distintas Galerías.
Nesta semana seleccionamos dez fotografías que se subiron as Galerías de:
As Familias (1)
As Festas (1)
Outras formas outras vidas (1)
Recursos e traballos (1)
Vida social (5)
Agora disfutar dos recordos e deixar os vosos sentimentos en forma de comentarios.
|
|
|
|
|
|
|