Coa colaboración do Concello de Pontecesures, o Faiado da Memoria abre un novo espazo adicado a percura do material gráfico desta vila.
A forma de participación é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.
Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.
Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí se vai subindo.
Estimados amigos e amigas, con esta postal animada que nos realizou o amigo Rafa Molina queremos desexarvos un próspero aninovo. Que nos traia moita memoria. Entre elo a estrea do documental que levamos preparando, desde dentro do corazón, e que o poidades disfrutar.
Que non vos deshaucien a moral con palabras como crisis ou recortes. Ser fortes.
Seguimos aquí con, por e para vós.
E o día 9 de xaneiro, xa o sabedes, presentamos o proxecto de O Faiado da Memoria-Pontecesures. Será no Centro Social as 18:00 horas (seis da tarde). Esperámosvos.
A petición de algúns amigos cos que contamos en Pontecesures, iniciamos o Faiado na vila de Maside, na do periodista Magariños, do doutor Otero Acevedo… e de tanta xente ilustre.
Pero os pobos non serían capaces de sobrevivir soios sin a xente normal, sin os traballadores que son ao fin e ó cabo os que levantan os pobos, os que lle dan lustre, os que lle dan os pulos para seguir vivindo.
En Xaneiro faremos a presentación, de forma oficial, ao Faiado da Memoria en Pontecesures.
Toda a xente do pobo esta convidada.
Esta é a nosa felicitación e o desexo dun ano próspero, pero próspero de verdade.