Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

TEMOS VARIOS PROBLEMAS

O primeiro e que temos que ir a Pontecesures, urxente recollida de material, xa non quedan fotos, preparadevos que chegamos xa. Logo xa nos cambiamos de casa, e na nova deronos unha solucion momentanea para internet, mentras sea momentanea e un suplicio non ten forza. O de subir fotos e unha quimera, polo tanto non vos extrañe que subamos casi nada.

A subida de hoxe e:

DEPORTES 2

ASÍ ÉRAMOS 3

Por ultimo decir que calquera dos montaxes que fixemos do pobo e no pobo, esta a venta por cinco euros. Pensamos que e un bo regalo agora que chega o Nadal, ou calquer festa de cumpleanos a un precio anti-crisis. Tamen facemos montaxes con musica personalizados cas vosas propias fotos (nunca cas dos demais)esto xa e a dez euros polo traballo montaxe etc etc.Pero é algo, un recordo familiar para toda a vida.

Bueno a ver si van millorando as cousas. Saude
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 23-11-2012 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
As fotos foron recuperadas

Estaban condenadas a desfacerse, a humedade as comia, hasta que persoal do concello e do Ulla as atoparon. Bueno a ver quen bota unha man e os identificamos.

Hoxe a subida e de nove fotografias, todas elas en Deportes.

Pasadeo ben feliz seman.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 10-11-2012 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un sábado tempraneiro

Estamos en Novembro, tempo aburrido qu tingue de cores ocres e grises a nosa paisaxe habitual. Tempo de castañas e de estar ao calor do fogar. Así e como pasa o tempo por riba de nós.

Madrugamos pois e pómonos a facer unha subida e esta vai colocándose nas seguinte Galerías:

A RETRATARSE 2

AS FESTAS 1

ASÍ ÉRAMOS 1

OS AMIGOS 1

RECURSOS E TRABALLOS 1

VIDA SOCIAL 4

Boa semana amigos
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 03-11-2012 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal