Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

FEIRA AUTOMOBIL DE OCASIÓN DO ANO 1954

Fragmento do NO-DO (aquel, para que non o sepa, NOticiario DOcumental que víamos nos cines antes do pase da película e que nos "informaba oficialmente" de como ía o mundo) do ano 1954 e que nos mostra a feira do automobil de ocasión, a cuarta que se montaba na vila no século XX.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2011 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal