Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

Hoxe....futbol


Hoxe facemos público parte do material donado por José Jamardo en relación co equipo de futbol "Ulla".

Son 11 fotografías que as podedes ver na Galería de Deportes e que formaron parte do audiovisual proxectado a principios de mes no Centro Social.

Disfrutade e Comentar.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-01-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
SUBINDO MEMORIA


Que non se diga que nos esquencemos... non, a verdade e que temos moito lío de traballo, estamos a facer un documental sobre os veciños de Vilagarcia, da traballiño, pero vai quedar ben (ou iso esperamos), non vos preocupedes... tamén o proxectaremos en Pontecesures.

Bueno, hoxe subimos nove fotos a Galería de Os amigos.

Que o pasedes ben e que o disfrutedes.
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 22-01-2012 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Aproveitamos para dar as gracias

O día nove fixemos a presentación do Faiado da Memoria de Pontecesures no centro social, as seis da tarde.

Bueno somos conscentes de que corren malos tempos, para a cultura, peor, pero alí estábades vos para arroparnos. O fixéchedes moi ben, nos gustáchedes moito, e queremos decir GRACIAS, a TODOS e TODAS.

Vamos agora a facer unha pequena subida, adiantando a subida que se vai a facer nestes próximos días.

As dez novas fotografías que se subiron están nas Galerías de:

Así éramos (4)

As familias (6)

Disfrutade tanto como nos fixéchedes disfrutar a nós coa vosa presenza.
Comentarios (2) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 12-01-2012 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO PRESENTACIÓN DO FAIADO
Colocamos hoxe o vídeo que utilizamos para a presentación o día 9 de xaneiro no Centro Social de Pontecesures.

O vídeo está dividido en dúas partes por causas técnicas derivadas de youtube onde están almacenados.

A presentación foi todo un éxito. Agora queda que a resposta de donación fotográfica e logo de donación de historia vivida (gravacións de testemuñas orais contando as súas experiencias, traballos e vida)sexa tamén un éxito. Todo depende de vos. Así este arquivo poderá ir crecendo día a día.

Disfrutade.



Primeira parte




Segunda parte
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2012 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal