Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

BÓ ANO E PRESENTACIÓN





Estimados amigos e amigas, con esta postal animada que nos realizou o amigo Rafa Molina queremos desexarvos un próspero aninovo. Que nos traia moita memoria. Entre elo a estrea do documental que levamos preparando, desde dentro do corazón, e que o poidades disfrutar.

Que non vos deshaucien a moral con palabras como crisis ou recortes. Ser fortes.

Seguimos aquí con, por e para vós.

E o día 9 de xaneiro, xa o sabedes, presentamos o proxecto de O Faiado da Memoria-Pontecesures. Será no Centro Social as 18:00 horas (seis da tarde). Esperámosvos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2011 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEÑAMOS UN BÓ ANO



A petición de algúns amigos cos que contamos en Pontecesures, iniciamos o Faiado na vila de Maside, na do periodista Magariños, do doutor Otero Acevedo… e de tanta xente ilustre.

Pero os pobos non serían capaces de sobrevivir soios sin a xente normal, sin os traballadores que son ao fin e ó cabo os que levantan os pobos, os que lle dan lustre, os que lle dan os pulos para seguir vivindo.

En Xaneiro faremos a presentación, de forma oficial, ao Faiado da Memoria en Pontecesures.

Toda a xente do pobo esta convidada.

Esta é a nosa felicitación e o desexo dun ano próspero, pero próspero de verdade.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
REANUDAMOS AS SUBIDAS



Levamos unha chea de tempo sin actualizar o blog do Faiado en Pontecesures, problemas de saude e o estar inmersos na gravación dun documental no lo impediron. Hoxe retomamos o tema cunha pequena subida nas seguintes Galerías

As Familias
(10)

Outras formas, outras vidas (2)

A Retratarse
(4)

Esperamos que as disfrutedes.
Comentarios (2) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 23-11-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
FEIRA AUTOMOBIL DE OCASIÓN DO ANO 1954

Fragmento do NO-DO (aquel, para que non o sepa, NOticiario DOcumental que víamos nos cines antes do pase da película e que nos "informaba oficialmente" de como ía o mundo) do ano 1954 e que nos mostra a feira do automobil de ocasión, a cuarta que se montaba na vila no século XX.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2011 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Subida a subida

Comentarios (4) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 25-09-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
SACÁNDONOS FOTOS


Na subida desta semana vamos a destacar un dos obxetivos deste espacio de arquivo memorístico: o de sacarse fotos.

Por iso dasdoce fotografías subidas, sete, perteñecen a Galería A retratarse.

As outras cinco están na Galería Deportes.

Disfrutade.
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 18-09-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
10 NOVAS


Colocamos esta semana dez novas fotografías que, ao contrario da semana pasada, están distribuidas en distintas Galerías:

Familias
(2)

Asi éramos (4)

Outras formas, outras vidas
(2)

A retratarse (1)

E agora a disfrutar.
Comentarios (2) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 09-09-2011 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
SUBINDO MEMORIA


Unhas soa Galería pero interesante.

É a de Así éramos con dez fotografías.

Disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 28-08-2011 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
ÚLTIMOS COMENTARIOS REALIZADOS
Para acercar o funcionamento do blog a xente que non se manexa dunha forma áxil en internet, abrimos este espazo que permite, cun simple clik no título da fotografía, que nos leve directamente a donde están os comentarios.

Este traballo está realizado de forma manual polos membros de O Faiado polo que a súa actualización, ao mellor, quizás non sexa o mais rápida que se desexaría. Pero intentarase de que funcione o mellor posible.

ÚLTIMOS COMENTARIOS

actualizado a 14 de agosto de 2011

Xuventude

Xa tiñan bici

Lembranzas

Sempre voltamos

Traballaba no concello

José e un amigo

Finais dos sesenta

A pasear polo pobo

Guapas mociñas

Íase cambeando

Un cociñeiro de aupa

Estudiar as mulleres... un luxazo!

Nos castillos

Era o Chanteclair da época

Polo campo da festa

A cultura do automobil

Aproveitando o tempo

As máquinas de coser

Os dous Josés

O pai de Ana Eitor

ía a Picusa

coas primas
Comentarios (0) - Categoría: ÚLTIMOS COMENTARIOS - Publicado o 14-08-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
ASÍ, AOS POUCOS, E XA PASAMOS DAS CEN

Si, pouco a pouco, como formiguiñas, instalando neste blog as fotografías que nos vades deixando, xa chegamos a superar o número de cen. E seguimos para bingo...

Xa chegan a nós fotografías pola vía do correo electrónico. Gracias. Algunhas delas subímolas hoxe para que todos e todas poidades contemplalas.

E hoxe engadimos unha Galería nova, a diáspora, para colocar aquelas fotografiás que revelan aos cesureños nos seus traballos ou vídas fora da súa pequena patria.

Vamos pois a informar cantas fotografías e en que Galerías están:

así éramos (11)

a diaspora
(5)

a retratarse (2)

as familias (4)

os amigos (5)

outras formas, outras vidas
(4)

parroquia (4)

recursos e traballos (3)

Agora só queda disfrutar co material subido.

Lembrar que sempre podedes realizar comentarios sobre as fotografías e que, ademais, agradécense de que se fagan. Sen medo.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 13-08-2011 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal