Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

PRONTO NOS VEREMOS
O sábado, día 24 de marzo, o Faiado volve ao Centro Social de Pontecesures a intentar recoñecer as fotos que temos sin identificar.

Temos, entre todos, que intentalo, as nosas familias, as nosas xentes, tiveron unha vida, enseñáronnos o camiño, por iso non podemos nin debemos esquencelos.

Tódalas súas imaxes teñen nome, e imos ser capaces de colocarllo.

A subida de hoxe está colocada nas seguintes Galerías:

Asi éramos (2)

Parroquias (1)

A Diáspora (2)

Na Escola (2)

Non esquencer, vémonos dentro de dúas semanas, e si queredes levar fotos, estupendo, xa que levaremos un escaner para poder copialas alí e que as levedes de volta no momento.

Disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 12-03-2012 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
FALTAN DEZAOITO DÍAS


Son dezaoito días para que os do Faiado cheguemos de novo a Pontecesures e que nos axudedes, nos botedes unha man, para identificar caras, lugares e hasta cheiros. Será o día 24, supostamente, no Centro Social.

Hoxe fixemos unha pequena subida de seis fotografías:

Asi éramos
(1)

Outras Formas, Outras Vidas (1)

As Festas (1)

Os Amigos (2)

Recursos e Traballos (1)

Disfrutade e contarllo os vosos amigos, é unha forma de ser máis.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 06-03-2012 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Aos poucos

Pouco a pouco imos facendo blog, notamos que nos falla información, a verdade é que o traballo no nos deixa un pouco de respiro para visitaros. A finais de Marzo prepararemos un encontro para entre todos poñerlle nomes as fotografías. Non falledes xa avisaremos o día.

Polo de momento vamos a subir unhas fotos as seguintes Galerías:

As Familias
(1)

As Festas (2)

Na Escola (2)

Parroquia (2)

Recursos e Traballos (2)

Que disfrutedes e teñades unha boa semana.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 27-02-2012 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Subida semanal


Unha nova subida as Galerías do blog. Neste caso son nove fotografías repartidas en:

vida social (4)

os amigos (2)

a retratarse (3)

Tamén comentaros que o vindeiro 24 de Marzo, sábado, faremos un novo pase no centro social que servirá, a diferencia do pasado xaneiro, para identificar boa parte das fotografías que temos no arquivo. Pero xa vos iremos avisando.

Agora deixámosvos para que disfrutedes con esta nova subida.

Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 21-02-2012 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA XENTE


Un novo fin de semana, unha novasubida ao blog.

Nestes días estamos un tanto liados intentando unir os cabos do documental que estamos a realizar que, ainda que non trata de Pontecesures, o toca tanxencialmente xa que unha das partes ten que ver coas madereiras cesureñas. Por iso non podemos subir nin escanear coa velocidade que desearíamos. Pero non o deixamos a nosa laboura e aquí están unhas novas fotos nestas Galerías:

Así éramos (1)

Deportes (1)

Recursos e traballos (2)

Vida social (1)
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 12-02-2012 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Tempos Pasados


Un novo fin de semana, unha nova subida.

Este blog de Memoria está crecendo. Pouco a pouco, gota a gota, vamos enchendo este espazo para lembrar.

As fotos que nos van chegando, ben a través do que vades deixando no Concello ou de internet, vanse subindo as súas distintas Galerías.

Nesta semana seleccionamos dez fotografías que se subiron as Galerías de:

As Familias
(1)

As Festas (1)

Outras formas outras vidas (1)

Recursos e traballos (1)

Vida social (5)

Agora disfutar dos recordos e deixar os vosos sentimentos en forma de comentarios.

Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 04-02-2012 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe....futbol


Hoxe facemos público parte do material donado por José Jamardo en relación co equipo de futbol "Ulla".

Son 11 fotografías que as podedes ver na Galería de Deportes e que formaron parte do audiovisual proxectado a principios de mes no Centro Social.

Disfrutade e Comentar.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-01-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
SUBINDO MEMORIA


Que non se diga que nos esquencemos... non, a verdade e que temos moito lío de traballo, estamos a facer un documental sobre os veciños de Vilagarcia, da traballiño, pero vai quedar ben (ou iso esperamos), non vos preocupedes... tamén o proxectaremos en Pontecesures.

Bueno, hoxe subimos nove fotos a Galería de Os amigos.

Que o pasedes ben e que o disfrutedes.
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 22-01-2012 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Aproveitamos para dar as gracias

O día nove fixemos a presentación do Faiado da Memoria de Pontecesures no centro social, as seis da tarde.

Bueno somos conscentes de que corren malos tempos, para a cultura, peor, pero alí estábades vos para arroparnos. O fixéchedes moi ben, nos gustáchedes moito, e queremos decir GRACIAS, a TODOS e TODAS.

Vamos agora a facer unha pequena subida, adiantando a subida que se vai a facer nestes próximos días.

As dez novas fotografías que se subiron están nas Galerías de:

Así éramos (4)

As familias (6)

Disfrutade tanto como nos fixéchedes disfrutar a nós coa vosa presenza.
Comentarios (2) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 12-01-2012 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO PRESENTACIÓN DO FAIADO
Colocamos hoxe o vídeo que utilizamos para a presentación o día 9 de xaneiro no Centro Social de Pontecesures.

O vídeo está dividido en dúas partes por causas técnicas derivadas de youtube onde están almacenados.

A presentación foi todo un éxito. Agora queda que a resposta de donación fotográfica e logo de donación de historia vivida (gravacións de testemuñas orais contando as súas experiencias, traballos e vida)sexa tamén un éxito. Todo depende de vos. Así este arquivo poderá ir crecendo día a día.

Disfrutade.



Primeira parte




Segunda parte
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2012 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal