Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

MONTAXE AUDIOVISUAL DA PRAZUELA

Aquí está a montaxe audiovisual que proxectamos na Prazuela da vila co motivo das festas do Carme.

Trinta e cinco minutos de memoria gráfica de Pontecesures que naquel día, baixo a lúa, encheu de emocións a xente que estivo alí presente.

Agora é parte de todos e todas vos.

Disfrutade.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS 404 FOTOGRAFIAS


Declarámonos culpables de non adicarlle moito tempo a recollida de imáxenes nos últimos tres meses, non temos demasiado tempo, estamos rematando o documental de Vilagarcía, e somos moi pouquiños para tanta chea.

Pero xa hai 404 fotografías instaladas neste blog nas distintas Galerías. Loxicamente, hai moitas mais no arquivo e, pouco a pouco, van subindo a este espazo de Memoria colectiva.

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

Así Éramos (1)

Os Amigos (3)

Recursos e Traballos (2)

Familia (2)

Outras Formas, Outras Vidas
(1)

Cando teñamos un ratiño subiremos o blog a montaxe fotográfica adicado a vosa memoria que onte, sábado 30 de xuño, proxectamos na prazuela.

Gracias por vir, graciñas polos piropos, polas cousas bonitas que nos decides. Estamos satisfeitos pola forma en que vos sentides e nos sentimos parte importante dun proxecto común.

Esperamos que a xente que non donou o faga. Na parte esquerda do blog está o noso correo donde podedes contactar con nos.

GRACIÑAS

Agora disfrutade (de todo)
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 01-07-2012 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEL DE AVISO


O sábado, día 30 de xuño, proxectaremos outra montaxe audiovisual sobre Pontecesures e a súa xente. Coincide coas festas do Carme e será na Plazuela a partir das dez e media da noite, nese momento en que o sol vaise a durmir e que esperamos que non chova nin faga vento. Se fose así buscaríamos alternativas. Tamen esperamos que vaiades todos os do pobo, sin faltar os nosos colaboradores e donantes.

Outra cousa, pensamos levar, para vender, algúns dos nosos documentais, creados por Antonio Caeiro, entre eles Aillados, A Memoria Nos Tempos do Wolfram, Arde Madrid e Esta Noite, Velada. Levámolos para aqueles que sempre nos preguntades polos traballos feitos e rematados. Tamén os levamos porque a cultura sin duda e a mais castigada pola crisis, e nos estamos ahí e precisamos de vivir e coa venda dos traballos vamos sacando algo.

NON FALTEDES


Hoxe a subida está nas seguintes Galerías:

AS FAMILIAS
(2)

AS FESTAS (3)

OS AMIGOS
(3)

VIDA SOCIAL (2)

GRACIÑAS POR ESTAR AHI

Disfrutade e compartir.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 25-06-2012 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
O dia 30 de Xuño...vemonos

Pois na Praza da igrexa de Pontecesures (si chove buscaremos outro sitio)proxectaremos un traballo do Faiado da Memoria sobor Pontecesures e a sua Xente. Contaremos ca colaboura do concello, a hora sera cando se poña o sol, arredor das dez e media da noite, pero iremos concretando a medida que pasen os dias. Non deberiades perdelo, pero eso tendes que decidilo vos, as veces as emocions fortes hai que saber encauzalas.

A subida de hoxe:

A RETRATARSE 2

ASI ERAMOS 1

NA ESCOLA 1

OS AMIGOS 1

VIDA SOCIAL 2

Xa nos vemos
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 17-06-2012 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Cando veña o bo tempo

No verán noite clara, cálida, nunha vila chea de xente, voltaremos a facer unha nova homenaxe fotográfica, esta vez ao aire libre. Homenaxe de memoria ao noso pobo. Xa contaremos, pero si quedan fotos nos caixóns... non o dubidedes e nos dades unha chamadiña (ou mesmo as levades ao concello onde se escanearan e vos serán prontamente devoltas).

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

A RETRATARSE
(1)

AS FAMILIAS (3)

AS FESTAS (1)

ASÍ ÉRAMOS (1)

NA ESCOLA (1)

OS AMIGOS (1)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS
(1)

RECURSOS E TRABALLOS (1)

VIDA SOCIAL (1)

E agora a disfrutar, xa que o tempo acompaña, destas novas fotografías. Fotografías que piden que se lles faga algún comentario. Pobres. Non queren ficar soas, sen que ninguén fale delas.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 10-06-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Unha chea

Bueno, deberíades estar orgullosos da vosa xente, supoñemos que xa o estades, pero os do Faiado temos que decir que Pontecesures é un pobo de memoria, de moita memoria. Hai cabezas como arquivos rodantes e, ademais, participativos e colaboradores. Estamos encantados de atoparos.

A subida de hoxe está colocada nas seguintes Galerías:

As Familias (1)

A Retratarse (1)

As Festas (2)

Así Éramos (1)

Vida Social (1)

A disfrutar e hasta a semán que ven.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 02-06-2012 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe....churros e patacas

Porque Pontecesures ganou a pulso unha fama neste mundo dos churros que son tan ricos a calquer hora do dia, a min con chocolate, me transforman o caracter. Bueno hoxe en RECURSOS E TRABALLOS tendes dez fotos novas para ver e comentar.


Gracias por estar ahi e botar unha man cando facedes falla
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-05-2012 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
Lembramos a Lola e Ana M

Porque non son timidas, porque abren o camiño das intervencions, porque coñecen a todos, non se lle escapa nadie, porque colaboran con nos que tamen e colaborar con Pontecesures. Non queremos desmerecer a o resto da xente, nos gustan porque lles gustamos, hoxe pasamos unha tarde de risas. GRACIAS de novo
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA TARDE AGRADABLE

Hoxe en Pontecesures tivemos unha sesion de esas que facemos de vez en cando, para recoñecer fotografias que estan sin identificar...¡Mi madriña¡ Para eso non fai falla asi como moita xente...un de nos proxecta a foto e o outro escribe as identificacions. Pero os nosos blogueiros gustalles o tema...saimos da casa as cinco e chegamos as dez e cuarto...¡buf¡ Todos queren botar unha man, emocionanse, aturrullanse...E precioso escoitalos, precioso miralos...GRACIAS. E un pracer traballar con todos e todas


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2012 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE O FAIADO ESTARA EN PONTECESURES

Hoxe domingo, día 20 de maio, as seis da tarde, coma sempre no Club Social, teremos un encontro cos nosos donantes e blogueiros do pobo. Non faltedes porque vai ser bonito.

A subida de hoxe é pouca cousa, por diferentes razóns, son cinco as fotografías e están colocadas nas seguintes Galerías:

RECURSOS E TRABALLOS
(2)

VIDA SOCIAL
(1)

AS FAMILIAS (2)

Hasta a tarde e a disfrutar neste sitio virtual e no outro, mais real).
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 20-05-2012 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal