Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

UN DOMINGO DE OUTONO

Para estar na casiña vendo o Faiado. Hai que descansar de tantos días raros de pontes e mais saraos. Pasemos, pois, a disfrutar dun domingo de relax contemplando a subida que fixemos as Galerías de:

ASÍ ÉRAMOS
(4)

NON ESQUENCEMOS
(1)

OS AMIGOS (1)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (3)

VIDA SOCIAL
(1)

Disfrutade da VIDA e dos SOÑOS e contemplade como as follas van caindo parsimoniosamente.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 14-10-2012 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTAMOS NO ANTEPENÚLTIMO

Referímonos ao mes. Ao mes de Outubro. Pasa o tempo a unha velocidade infinita.

Estes días tendes activados polo pobo dous traballos do Faiado, queremos agradecerlle aos comercios da vila a boa acollida. Outra vez serán outros a quen lle toque. A nos gustaríanos facer unha boa exposición que quedase para sempre, con unhos bos paneles, pero disque a crisis... en Vilagarcía levamos tres anos facendo esto, con éxito, moito éxito.

Bueno, hoxe a subida está nas seguintes Galerías:

DEPORTES (3)

RECURSOS E TRABALLOS (2)

ASÍ ÉRAMOS (2)

AS FAMILIA (3)

Debemos seguir coa etapa de recoller mais fotografías, o arquivo, ainda que é grande, debe selo moito mais.

Disfrutade que o outano está algo frío.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 06-10-2012 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA SEMAN MAIS

Na Vida Social 2

Deportes 1

Outras Formas Outras Vidas 1


A Retratarse 2

Cortiña subida a de esta seman, pero andamos con moitas cousas e o tempo non chega.

Ser Felices
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-09-2012 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Benvida ao Outono

Coas súas follas douradas, caidas, coas súas chuvias mansas, despedimos as tolerias do verán, o andar pola rúa, os calores... Xa tíñamos ganas do orden na vida, é todo un valor.

Bueno hoxe a subida no blog consiste nestas fotos que están colocadas nas seguintes Galerías:

A RETRATARSE (3)

AS FESTAS (1)

ASÍ ÉRAMOS (3)

RECURSOS E TRABALLOS (1)


Agora, deixámosvos que disfrutedes coa subida nesta tarde gris, chuviosa e venteira. É o mellor que se pode facer.

Feliz semana.

Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 22-09-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS GANAS DE IR A PONTECESURES

En calquer momento nos vemos.

A subida de hoxe vai nas seguintes Galerias:

A RETRATARSE 2

FAMILIAS 1

AS FESTAS 2

OS AMIGOS 3

PARROQUIA 1

Non nos esquenzades, ata a seman que ben
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 15-09-2012 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
BOAS TARDES

Anunciamos nova subida para levar a seman o millor posible, son oito fotos nos seguintes arquivos.

ASI ERAMOS 1

OS AMIGOS 3

A RETRATARSE 1

NA ESCOLA 1

OUTRAS FORMAS OUTRAS VIDAS 1

PARROQUIA 1

Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 09-09-2012 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGAMOS

Estamos en setembro e sigue a facer calor, sigue o verán.

O Faiado da Memoria tiña que ir a Pontecesures, si, pero entre outros inconvintes, non temos coche. Un botarate chocou contra el (aparcado na portiña da casa) e deuse a fuga. deixáronnos inmovilizados.

Pero xa rematamos agosto e volvemos cunha recua de fotografías.

Poucas, vamos a empezar despacio, non sexa que con estes calores nos de unha fatiga.

As novas están nas seguintes Galerías:

A RETRATARSE (1)

AS FAMILIAS (2)

AS FESTAS
(1)

ASÍ ÉRAMOS (1)

OS AMIGOS (1)

RECURSOS E TRABALLOS (1)

VIDA SOCIAL (1)

Agora só queda disfrutar, tranquilamente, cunha bebida fría perto para ir refrescándose e, isto é un segredo, dentro de pouco teremos novedades pola rúa. Pero, schisssss!, non digades nada que despois todo se sabe.

Un saudo e cuidadiño co síndrome posvacacional.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 02-09-2012 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
IMONOS DE VACACIONS



Bueno en realidade non nos imos mover da casa, pero temos moito encima, documental, libro, exposicion, e para non quedarnos atras un cambio de casa. Cando estemos instalados invitaremos a unhos pinchiños para que sepades donde estamos e que a nosa casa tamen e a vosa.

A subida de hoxe e:

A RETRATARSE 3

AS FESTAS 1

OS AMIGOS 1

OUTRAS FORMAS OUTRAS VIDAS 3

PARROQUIA 1

RECURSOS E TRABALLOS 1

VIDA SOCIAL 2

Feliz verano non vos esquenzades do Faiado, temos que ir a escanear a Pontecesures, necesitamos mais imaxenes, moitas moitisimas. Necesitamos pasar un bo veran, non pensar no Pais que temos, no paro...etc

A disfrutar hasta dentro de un mes, sede felices

Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-07-2012 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xa sabedes que toca relax

Aquí estamos de novo. Damos gracias ao ventilador Taurus Llevant 12" por manternos con vida baixo esta calor que nos oprime.

Pese a todo logramos sacar adiante unha pequena subida que permite manter actualizado este noso-voso blog.

Son doce novas fotografías que están espalladas polas seguintes Galerías:

ASÍ ÉRAMOS (4)

DEPORTES (2)

NON ESQUENCEMOS (2)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (2)

RECURSOS E TRABALLOS (1)

VIDA SOCIAL (1)

Xa está, curto pero intenso. Voulle dar un pouco mais de potencia ao ventilador... FRASSSSSH!!... Mecachislá, a potencia levoume as follas do procesador de texto polo aire. E igual. disfrutade do blog e do verán mentras recollo este estropicio.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 21-07-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA SUBIDA


Os do Faiado somos humanos (polo menos as veces), temos moito traballo (sempre decimos o mesmo) e só somos dous. Con esto queremos decir que no verán en cuestións de subidas ao blog (nos dous pobos dos nosos amores, Pontecesures e Vilagarcía) ímolo a tomar con tranquilidade, non extrañe a nadie que unha semana non haia subida.

Xa chegará o inverno para o orden e a rutina (se estes facedores de crisis nos permiten estar vivos para aquela).

Hoxe temos unhas cantas fotografías nas seguintes Galerías:

AS FAMILIAS (2)

NA ESCOLA (1)

OS AMIGOS (4)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (1)


Disfrutalas coa tranquilidade e o amor necesario.
Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 16-07-2012 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal