Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

Nos castillos
Nos castillos





donado por mercedes

Anterior Volver á galeríaSeguinte

9 Comentario(s)
1 Josefa Codesido (quizais mais coñecida por Fina Ferreira) de blanco, terceira pola esquerda, arriba, nos castillos do Porto, da empresa CRUFA.
Con ela podemos tamén identificar a María Cordo, Isaura, Manuela Blanco, Juan, Dolores borrazas, Maruja, Josefa Mosquera, Concepción,... esperemos que outras personas vaian engadindo nomes das personas que aparecen nesta foto.
Elas levaban as madeiras desde a estación de tren hasta este espazo. Cada quince días viñan uns buques canarios a recollelas madeiras a Vilagarcía e antes tiñan que baixalos en outros desde Pontecesures hasta alí. Josefa debería ter 18 anos nesta época. Despois iría a traballar a Nestle.
Ela pertenecía ao grupo das REMUDA, xente que traballaba pero que non estaba contratada. Levaban un tablón, se era verde, e dous, se estaban mais secas. Sempre na cabeza. Os tablóns eran duns 2 metros e medio por 30 mm de ancho.
Comentario por O Faiado (07-08-2011 11:15)
2 tan pronto vin a foto xa supen quen era a miña avoa, sempre me conta o traballo que había na madeira no peirao do río, esto e tremendo, poder ollar as fotos que donan os veciños, grazas!
Comentario por Galego (20-10-2011 22:12)
3 Agradeceria si pueden decirme de concreto quien es Josefa Mosquera(Pepita).
Gracias.
e.ferreiro
Comentario por eugenio (20-01-2012 22:48)
4 Eugenio (3), procuraremos contestar pronto a este pedimento. Gracias polo aporte realizado en forma de fotografía que vai a estar subido nesta semana ao blog.
Un saudo.
Comentario por O Faiado (22-01-2012 11:04)
5 Eugenio sentimos decirche que Mercedes non e capaz de recoñecer a Pepita. Non e capaz porque dada a sua edade a vista non responde. A ver si calquer dia hai sorte e entran outras personas que identifican a Pepita
Comentario por Faiado (29-01-2012 21:25)
6 En esta época, todavía yo no había nacido, me ha emocionado ver a mi madre. Esta fotografía podría ser un homanaje a la mujer gallega de la época, de carácter fuerte y duro, que ayudaron con su esfuerzo a potenciar la Galicia de hoy
Comentario por María José Lorenzo (04-02-2012 15:04)
7 Hola sabeis alguna información que me conduzca a saber y averijuar quienes eran los jefes y en que empezo a funcionar esa fabrica tan grande de la Crufa.
Comentario por mariajo (28-02-2012 01:44)
8 ¡Preciosa fotografia¡.Nela podemos apreciar a "forza" da mesma.Por unha banda o que tiñan que traballar pra sobrevivir,e pola outra a camaraderia, o compañerismo,e a ledicia que rezuma da mesma.¡A pesares que eran tempos moi difíciles¡¡Todo elo a simple vista ¡¡.¿E que me dicides do cativo con boina?.Seguro que era o que lles levaba o porrón co a auga fresca.Forte abrazo e ..Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (14-03-2012 01:12)
9 Alguien me puede decir el apellido de la mujer que se llama Maruja, también me vale el mote. Gracias
Comentario por Maria José Lorenzo (21-10-2012 16:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal