Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

VODAS DE OURO

Avos de Dolores Rodriguez, nosa colaboradora, lembra que seus abos celebraron dito evento en Septembro do 1970.Eles eran Elvira Casal e Gerardo Fernandez, que ese dia foron especialmente felices rodeados da familia que eles habian creado. Un momento especialmente emotivo foi cando en plena festa escoitaron unha grabacion dos seus irmans na Arxentina. A festa foi no restaurante O Pedreiro, Elvira tiña 72 anos e Gerardo 74, moi coñecidos no pobo por rexentar a panaderia Gerardo.
Este traballo de o Faiado é para non esquencer a xente que fixo medrar o pobo, os que viviron nel

donada por dolores rodríguez fernández
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2013 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal