Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

XA ESTAMOS NO ANTEPENÚLTIMO

Referímonos ao mes. Ao mes de Outubro. Pasa o tempo a unha velocidade infinita.

Estes días tendes activados polo pobo dous traballos do Faiado, queremos agradecerlle aos comercios da vila a boa acollida. Outra vez serán outros a quen lle toque. A nos gustaríanos facer unha boa exposición que quedase para sempre, con unhos bos paneles, pero disque a crisis... en Vilagarcía levamos tres anos facendo esto, con éxito, moito éxito.

Bueno, hoxe a subida está nas seguintes Galerías:

DEPORTES (3)

RECURSOS E TRABALLOS (2)

ASÍ ÉRAMOS (2)

AS FAMILIA (3)

Debemos seguir coa etapa de recoller mais fotografías, o arquivo, ainda que é grande, debe selo moito mais.

Disfrutade que o outano está algo frío.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 06-10-2012 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal