Lugar para o encontro e a lembranza. |
|
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.
Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.
Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XA CHEGAMOS |
|
 Estamos en setembro e sigue a facer calor, sigue o verán.
O Faiado da Memoria tiña que ir a Pontecesures, si, pero entre outros inconvintes, non temos coche. Un botarate chocou contra el (aparcado na portiña da casa) e deuse a fuga. deixáronnos inmovilizados.
Pero xa rematamos agosto e volvemos cunha recua de fotografías.
Poucas, vamos a empezar despacio, non sexa que con estes calores nos de unha fatiga.
As novas están nas seguintes Galerías:
A RETRATARSE (1)
AS FAMILIAS (2)
AS FESTAS (1)
ASÍ ÉRAMOS (1)
OS AMIGOS (1)
RECURSOS E TRABALLOS (1)
VIDA SOCIAL (1)
Agora só queda disfrutar, tranquilamente, cunha bebida fría perto para ir refrescándose e, isto é un segredo, dentro de pouco teremos novedades pola rúa. Pero, schisssss!, non digades nada que despois todo se sabe.
Un saudo e cuidadiño co síndrome posvacacional. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|