Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

IMONOS DE VACACIONS



Bueno en realidade non nos imos mover da casa, pero temos moito encima, documental, libro, exposicion, e para non quedarnos atras un cambio de casa. Cando estemos instalados invitaremos a unhos pinchiños para que sepades donde estamos e que a nosa casa tamen e a vosa.

A subida de hoxe e:

A RETRATARSE 3

AS FESTAS 1

OS AMIGOS 1

OUTRAS FORMAS OUTRAS VIDAS 3

PARROQUIA 1

RECURSOS E TRABALLOS 1

VIDA SOCIAL 2

Feliz verano non vos esquenzades do Faiado, temos que ir a escanear a Pontecesures, necesitamos mais imaxenes, moitas moitisimas. Necesitamos pasar un bo veran, non pensar no Pais que temos, no paro...etc

A disfrutar hasta dentro de un mes, sede felices

Comentarios (1) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-07-2012 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Sempre me gustaron moito os povos pequeniños como Pontecesures. Me agrada moito pasear polas escasas rúas que tén un povo como éste. Os seus bares son moi acollidos polos que buscamos a compañía de alguén que tiña que estar alí...

Pero un bó día, o susto, foi de película, porque me meteron nun Bar desos que están á carón da via do tren e aquélo, non se debía de facer, porque me dou a impresión que o tren se nos viña enriba de todos cantos estábamos vendo un partido de fútbol e de repente.... ¡aquélo foi moito! E como na miña aldea me decían que o que ten cú, ten medo... Seguro que eu debo ter máis de un cú, porque o medo que paséi, notóuse moito, vendo ó nativo que todo éso pasóulle desapercibido. A costumbre, amigos...

Tamén eu creo recordar que nesta vila que ten río bastante longo, pero con airiños do mare... Que chegan os peixes que sempre viviron no mar, e no río. O noso río da nosa Rosalía de Castro. ¡Cántas cantarelas fixo para os ríos Sar e Sarela! Tamén creo que antiguamente, o tren cargaba auga na Estación de Ferrocarril cando iba camiño a Compostela... ¡Todo quedóu para o recordo! Agora, xa o tren non necesita auga, nin necesita estacións deste tipo, dónde nadie sube, nin baixa. Agora todo é problema de tempo, porque a xente non necesita ver nada. Algúns queren mellor viaxar de noite... Non ven paisaxes, nin túneles, ou ríos, gando a pacer... ¡Vida! Nunha palabra. ¿E para éso, montamos no tren? ¿Para non ver nada?

Eu creo que estamos collendo un rumbo moi equivocado. Éso non é viaxar nin farrapos de gaitas... Viaxar para poder contalo de novo ou vello. Pero contar de que tal ano fiseche o viaxe a tal sitio... No ano 1966, fi#blgtk08#xen un viaxe ó extranxeiro de fóra e de regreso tocóume vir cun home moi culto. Moito viaxe (terra, mar e aire). Contóume moitas cousas das que toméi boa nota. Todo acabóu chegando a León, porque aquél home vistéuse de Jesuíta para abrazar ós seus familiares. Pero nosoutros habíamos falado de todo antes que eu supera dos seus hábitos relixiosos. Nin supen cómo se chamaba, nin se ofrecéu para nada. Viaxe nocturno moi ben aproveitado pola miña parte. Era moi culto e en nada se parecía a ésos homes que nos rodean a nós. Pero, creo que era tan pecador coma o seu compañeiro de viaxe.
O viaxe o fixemos xuntos de Holanda. Un gran home este que viaxóu conmigo naquél tempo. O tema das mulleres, era un tema que tiña moi ben preparado. (De matrícula). Para que despóis digan que si os curas... ¡Coma todos! E si eres máis fino, mellor. En ése viaxe ninguén durméu unha hora.
¡Moito saben os curas! Para que despóis digan que son santos, porque se visten daquéla maneira. ¡Ignorantes!...
Pero si son Jesuítas, o asunto é moi superior. Porque non é o mismo un cura que un Jesuíta. Sabémolo todos ¿Verdade?
Queda dito e que Dios faga sempre o seu traballo...
ºººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº
CANTARES GALEGOS
"Vidal morréu i o tempo foi pasando,
braso que os duros mármores arrasa,
antre xelados escombros enterrando
do bon de Vidal a solitaria casa;
máis sempre esta historiña foi quedando;
inda hoxe mesmop por proverbio pasa,
é cando o nome de Vidal se invoca,
muda sole quedar máis dunha boca"...
.......................
"Cantares Galegos"
de Rosalía de Castro
Comentario por E. García - Santiago (20-04-2014 18:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal