Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

Xa sabedes que toca relax

Aquí estamos de novo. Damos gracias ao ventilador Taurus Llevant 12" por manternos con vida baixo esta calor que nos oprime.

Pese a todo logramos sacar adiante unha pequena subida que permite manter actualizado este noso-voso blog.

Son doce novas fotografías que están espalladas polas seguintes Galerías:

ASÍ ÉRAMOS (4)

DEPORTES (2)

NON ESQUENCEMOS (2)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (2)

RECURSOS E TRABALLOS (1)

VIDA SOCIAL (1)

Xa está, curto pero intenso. Voulle dar un pouco mais de potencia ao ventilador... FRASSSSSH!!... Mecachislá, a potencia levoume as follas do procesador de texto polo aire. E igual. disfrutade do blog e do verán mentras recollo este estropicio.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 21-07-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal