Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

ÍMONOS VER

O venres, dezaoito, as 20:00 horas, no Centro Social, proxectaremos o documental de Antonio Caeiro, de Antonio o do Faiado, "ESTA NOITE VELADA". Quedades todos e todas invitados.

O dia vinte, domingo, voltaremos o mesmo lugar, pero esta vez as 18:00 horas, para unha nova sesión de memoria fotográfica... proxectar fotos e que nos axudades a identificalas... ¡Non faltedes!

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

A Diáspora (2)

Así Éramos
(2)

Na Escola (1)

Os Amigos
(3)

Outras Formas, Outras Vidas (1)

Parroquia
(2)

Agora, despois de informarte das próximas actividades, a disfrutar con esta subida.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 12-05-2012 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal