Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

XA VAI A SELA HORA


Lembrade que hoxe, sábado, 24 de marzo, as seis e media da tarde vémonos no Centro Social de Pontecesures. É importante que veñades todos e todas, sería bo que non quedase ningunha foto por identificar... ou o que se poida, xa que son moitas e non creo que de tepo para ver todas.

Tamén levaremos o noso escaner por si alguén quere donar mais fotos, xa as levaría de volta para a súa casa.

Estamos moi contentos pola vosa forma de apoiar o noso proxecto, os pobos os fan a xente cos seus comportamentos, e Pontecesures merece moitisimo mais do que ten porque a sua xente merece a pena, de verdade.

Hasta pola tardiña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal